Adega
INICIO

Radio CERNA

radiocerna

Revista CERNA

Boton Cerna69

Outras publicacións

bannercadernos

Acceso restrinxido



Día Mundial do Medio Ambiente 2010: O NOSO TERRITORIO, A NOSA IDENTIDADE PDF Imprimir Correo-e
Envia Día Mundial do Medio Ambiente 2010: O NOSO TERRITORIO, A NOSA IDENTIDADE a FaceBookEnvia Día Mundial do Medio Ambiente 2010: O NOSO TERRITORIO, A NOSA IDENTIDADE a Twitter
promocionestnQueres que este sexa o futuro do noso territorio? Este domingo 6, ás 12h na Praza do Obradoiro de Compostela, ADEGA e outras organizacións ecoloxistas e sociais galegas convocámosvos a unha concentración con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente 2010. Baixo o lema "O NOSO TERRITORIO, A NOSA IDENTIDADE" denunciaremos as consecuencias do urbanismo depredador e das políticas insustentábeis de ordeamento territorial que vimos padecendo, escenificando a venda dunhas promocións urbanísticas en lugares emblemáticos do país. No Obradoiro edificaremos uns chalés adosados e un cámping. Baixa o Manifesto_DMMA_2010 (1.77 Mb) . Mira os cromos do acto!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Bandeiras azuis: un lavado de cara para concellos con mala conciencia ecolóxica PDF Imprimir Correo-e
Envia Bandeiras azuis: un lavado de cara para concellos con mala conciencia ecolóxica a FaceBookEnvia Bandeiras azuis: un lavado de cara para concellos con mala conciencia ecolóxica a Twitter
3 de xuño de 2010. A Bandeira Azul tense convertido en sinónimo de praias en bo estado, mais non significa que o litoral estea ben conservado. Os criterios polos que a FEE-ADEAC (unha fundación internacional privada) concede a Bandeira Azul, atenden principalmente á calidade da auga e aos servizos da praia durante a tempada de baño, e non á conservación dos ecosistemas litorais. Segundo a propia FEE "Identificar y/o premiar aquellas playas más verdes y mejor conservadas ecologicamente, no es función de la Bandera Azul" (Baixa os CRITERIOS da súa web). Así, concellos cuxas vilas e cidades carecen de depuración (A Coruña, Vigo, moitos das rías de Pontevedra e Arousa...), que ademáis practican un urbanismo depredador (Barreiros, Sanxenxo...), ven "premiada" a súa mala xestión coa Bandeira Azul.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
III xeira do voluntariado ambiental do Proxecto Corna: preservando a nosa biodiversidade PDF Imprimir Correo-e
Envia III xeira do voluntariado ambiental do Proxecto Corna: preservando a nosa biodiversidade a FaceBookEnvia III xeira do voluntariado ambiental do Proxecto Corna: preservando a nosa biodiversidade a Twitter
pcorna10Dentro dos actos do Día Mundial do Medio Ambiente 2010, este mércores 2 de xuño ADEGA levará a cabo novas actividades de voluntariado ambiental dentro do PROXECTO CORNA. Avaliaremos o estado  de conservación desta área dunar e continuaremos coas medidas de protección da píllara papuda (Charadrius alexandrinus). Grazas a elas, dende aniñaron cando menos 5 parellas nesta praia, 3 con pitos. Traballaremos tamén no control das especies exóticas invasoras que ameazan a biodiversidade deste contorno, en especial a Coniza e a Arctotheca, logo de que o Carpobrotus ficara xa erradicado.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
SOGAMA, entre as principais industrias contaminantes de Galiza PDF Imprimir Correo-e
Envia SOGAMA, entre as principais industrias contaminantes de Galiza a FaceBookEnvia SOGAMA, entre as principais industrias contaminantes de Galiza a Twitter
sogama27 de maio de 2010. Sorprende que SOGAMA, unha industria creada para evitar a contaminación dos residuos urbanos, sexa unha das máis poluintes de Galiza: Cada ano emite á atmosfera 327.000 Tm de CO2 (equivalente as emisións de 136.000 vehículos); 154 Tm de NOx; 309 Tm de partículas e 14,6 kg de mercurio. Destacan tamén as verteduras de auga industrial, 548.318 m3, equivalente ao consumo dunha poboación de 10.000 habitantes, e de metais pesados, en especial arsénico (13,7 kg), cadmio (5,48 kg) e mercurio (3 kg), aparte dos fenois (27,3 kg) de efectos canceríxenos e teratóxenos. Alén de "tratar" residuos urbanos, SOGAMA tamén produce residuos perigosos, 31.500 Tm en 2008, fundamentalmente cinzas. Estes datos están tirados do Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (PRTR). Con semellante curriculum, como pretende a Xunta seguir apostando polo modelo SOGAMA no seu PXRSUG 2010-2020, e moito menos amplialo, para "tratar" a maioría dos residuos urbanos?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta, "enganchada" á incineración, vai reproducir o fracaso de SOGAMA no sur PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta, "enganchada" á incineración, vai reproducir o fracaso de SOGAMA no sur a FaceBookEnvia A Xunta, "enganchada" á incineración, vai reproducir o fracaso de SOGAMA no sur a Twitter
A Xunta vén de apresentar máis datos sobre o Plano de Residuos Urbanos de Galiza 2010-2020 (2.34 Mb) confirmando a forte aposta do goberno Feijóo pola incineración. Fronte á realidade das cifras que amosan o rotundo fracaso de SOGAMA, o novo PXRSUG aposta novamente pola incineración (que chucha o 60% do investimento en infraestruturas e o 48% do orzamento total) cunha nova planta incineradora no Sur sine loci, e a ampliación da de Cerceda. 
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Festival musical "Tod@s paramos o Galicia Spirit" en solidariedade cos mariscadores procesados PDF Imprimir Correo-e
Envia Festival musical "Tod@s paramos o Galicia Spirit" en solidariedade cos mariscadores procesados a FaceBookEnvia Festival musical "Tod@s paramos o Galicia Spirit" en solidariedade cos mariscadores procesados a Twitter

Festival_Contra_Pranta_de_gas.xuo.2010Ferrol, 4 de xuño de 2010. Festival musical: “TOD@S PARAMOS O GALICIA SPIRIT Ás 18 h na Praza Vella de Ferrol, organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (CCE) e os colectivos que o apoiamos e integramos (entre eles ADEGA). Trátase de celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente e amosar a nosa solidariedade cos 60 mariscadores procesados por deter no 2007, en defensa das nosas vidas e da nosa Ría, o gaseiro “Galicia Spirit” destinado a REGANOSA. Previamente, este pasado día 1, membros de ADEGA e do CCE autoinculpámonos diante da Fiscalía polos delictos polos que foron proccesados os 60 mariscadores da confraría de Ferrol.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Montañas en Rede 2010: AS MONTAÑAS, SI IMPORTAN ! PDF Imprimir Correo-e
Envia Montañas en Rede 2010: AS MONTAÑAS, SI IMPORTAN ! a FaceBookEnvia Montañas en Rede 2010: AS MONTAÑAS, SI IMPORTAN ! a Twitter
Faixa-MONTANHAS-10Os días 29 e 30 de maio ADEGA e RedMontañas convocan a 5ª edición de “MONTAÑAS EN REDE”, unha iniciativa reivindicativa dirixida a todas as persoas preocupadas polo futuro das montañas. O 2009 houbo 179 ascensións en toda a península, 20 delas na Galiza para reivindicar a protección das montañas. O lema deste ano é AS MONTAÑAS SI IMPORTAN !! Participar é moi doado: 1. Descarrega a túa FAIXA MONTAÑAS 2010 (1 Mb) ; 2. Sobe á montaña/cumio/outeiro que prefiras e con quen prefiras (tamén podes ir ti só/a, pero ten moito coidado!!); 3. Facede unha foto no curuto coa vosa faixa; 4. Cando volvas a casa, sobe a túa foto á Galería Montañas en Rede 2010.  Este ano hai tamén un CONCURSO FOTOGRÁFICO. Baixa as BASES (61 Kb) e participa!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Parlamento de Galiza rexeita a construción do encoro no río Navia PDF Imprimir Correo-e
Envia O Parlamento de Galiza rexeita a construción do encoro no río Navia a FaceBookEnvia O Parlamento de Galiza rexeita a construción do encoro no río Navia a Twitter
agresionsrios26 de maio de 2010. O Parlamento de Galiza vén de aprobar por unanimidade unha moción do BNG pola que ínstase a Xunta a informar negativamente sobre a concesión "Salto do Suarna", no río Navia, e pide ao estado que decrete a caducidade da concesión, que data de 1963. Na sesión plenaria que tomou este acordo estiveron presentes en nome de ADEGA o seu secretario xeral Froilán Pallín xunto cunha representación dos veciños e colectivos locais afectados por esta infraestrutura. ADEGA agarda que o MMARM atenda o acordo unánime do Parlamento de Galiza, que a maiores demanda a declaración do Navia como río libre de aproveitamentos hidroeléctricos. ADEGA demanda tamén da Xunta que, en coerencia, decrete o "punto final" dos aproveitamentos hidroeléctricos nos ríos galegos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
22 de maio, Día da Biodiversidade: Galiza, á cola na xestión de hábitats e especies protexidas PDF Imprimir Correo-e
Envia 22 de maio, Día da Biodiversidade: Galiza, á cola na xestión de hábitats e especies protexidas a FaceBookEnvia 22 de maio, Día da Biodiversidade: Galiza, á cola na xestión de hábitats e especies protexidas a Twitter
logoBIO-2010En decembro de 2000 a Asemblea Xeral da ONU designou o 22 de maio como Día Mundial da Biodiversidade, para comemorar a sinatura en 1992 da Convención Internacional para a Diversidade Biolóxica en Nairobi (Kenia). Este ano, o lema é "Biodiversidade, desenvolvemento e alivio da pobreza", para subliñar o papel da conservación e boa xestión da biodiversidade no benestar humano. Fronte ao discurso interesado de que o progreso (sobre todo o de algúns) está enfrontado á protección ambiental, a conservación da biodiversidade pode e debe ser motor do desenvolvemento sustentábel, comezando polos propios habitantes dos lugares protexidos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 Seguinte > Final >>

Páxina 56 de 64

nonanosacosta

STOP glifosato nas estradas

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

Enquisas

A modificación da lei de Costas vai...
 

Coa axuda de:

Deputación da Coruña
Deputación de Lugo


ADEGA