Xornada: A compostaxe a pequena escala. Presentación da Rede Galega de Compostaxe |
22 de maio de 2010. Centro Social Caixanova. Praza de Cervantes, Compostela. Esta xornada pretende ser un espazo onde concellos, empresas, explotacións agrogandeiras, grupos de investigación e outras entidades e particulares presenten diferentes experiencias de compostaxe na pequena escala. Organizaranse en tres mesas: Compostaxe caseira, compostaxe comunitaria/pequenas plantas e compostaxe nas explotacións agrogandeiras.
Na sesión da tarde presentarase a Rede Galega de Compostaxe, iniciativa que xurde cos obxectivos de impulsar, fomentar e promocionar aquelas políticas públicas galegas para a compostaxe por contribuiren á redución dos residuos orgánicos, e potenciar a acción conxunta dos integrantes e o intercambio de experiencias entre os distintos proxectos e investigacións. PROGRAMA. Sábado 22 de maio de 2010 09:30 h. Recepción e entrega de material. 10:00 h. Sesión inaugural: Elvira Cienfuegos, concelleira de medio ambiente e desenvolvemento sostible de Santiago de Compostela. Virxinia Rodríguez, presidenta de ADEGA. 10:15 h. Relatorio marco: "O papel da compostaxe nas estratexias da xestión de residuos e protección do entorno". Ramón Plana, consultor en tratamentos biolóxicos de residuos orgánicos. 11:00 h. Mesa 1: COMPOSTAXE DOMÉSTICA. Modera: Desirée Glez. Cardoso. - Experiencia coa rede estatal de compostaxe doméstico. Beatriz Martín Castro, oficina técnica de "Composta en Red". - Unha década co programa de compostaxe caseira en Galiza. Desirée Glez Cardoso. educadora ambiental de ADEGA e responsábel de programas de compostaxe caseira. - Compostaxe caseira no Concello de Piñor. Francisco José Fraga Civeira, alcalde de Piñor e vicepresidente da FEGAMP. - Os pioneiros: experiencia da Illa de Arousa. Mª Dolores Folgar Vilas, concelleira de medio ambiente e servizos sociais da Illa de Arousa. 12:30 h. Pausa café. 13:00 h. Mesa 2: COMPOSTAXE COMUNITARIA E PEQUENAS PLANTAS. Modera: María Rodríguez Lafuente. - Compostaxe e vermicompostaxe: experiencia empresarial. Julio Eiroa Mera. biólogo e responsábel do departamento de I+D+I e educación ambiental de Ecocelta Galicia SLNE. - A eficiencia e a calidade de compost na compostaxe doméstica. Manuel Soto, Universidade da Coruña. - Presentación da experiencia de compostaxe comunitario en Pamplona. Beatriz Yaben Oyarzun, técnica de medio ambiente e I+D en 'Servicios de la comarca de Pamplona S.A.. 14:00 h. Xantar. 16:00 h. PRESENTACIÓN DA REDE GALEDA DE COMPOSTAXE. 17:30 h. Mesa 3: COMPOSTAXE NAS EXPLOTACIÓNS AGROGANDEIRAS. Modera: Manuel Soto - O papel do compost e a compostaxe na explotación ecolóxica. Xan Pouliquen, Xestion Agrogandeira e Natureza S.L. - A fertilización na agroecoloxía. Xose Manuel Casais González, Cooperativa Raiña Lupa (Quilmas). - Compostaxe de residuos agroforestais. Xan Neira, profesor de la Escuela Politécnica Superior da USC (Lugo). - Compostaxe de xurros de granxa. Ramón Plana, consultor en tratamentos biolóxicos de residuos orgánicos. 18:45 h. Peche.
ORGANIZA: ADEGA e UDC (Grupo Enxenería Química Ambiental) COLABORAN: Concellaría de Medio Ambiente de Compostela, FEGAMP Prezos: 20€ ; Estudantes e parados/as: 10€ ; Socios/as de ADEGA: de balde. Información e inscricións: 981570099; Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo |