Adega
INICIO

Radio CERNA

radiocerna

Revista CERNA

Boton Cerna69

Outras publicacións

bannercadernos

Acceso restrinxido



Lagoa da Frouxeira: dende carreiras de quads a rozas de hábitats prioritarios PDF Imprimir Correo-e
Envia Lagoa da Frouxeira: dende carreiras de quads a rozas de hábitats prioritarios a FaceBookEnvia Lagoa da Frouxeira: dende carreiras de quads a rozas de hábitats prioritarios a Twitter

desbrocefroux28 de abril de 2010. Dende que ADEGA denunciara as actuacións de sangrado e baleirado da lagoa da Frouxeira, o estado de conservación deste humidal protexido foi de mal en peor. A maior parte do espazo atópase nun estado ecolóxico lamentábel tras case 5 meses sen auga e sen que a D. X. de Conservación da Natureza, malia  a recoñecer as afeccións, tomara ningunha medida de recuperación. A lagoa fica convertida nun ermo polo que pululan sen control cans, cabalos e quads e, por se fora pouco, a administración vén de perpetrar unha roza de hábitats proiritarios e especies protexidas, cuxa conservación debería garantir. Se os espazos protexidos están así, calquera POL será papel mollado!

Consulta o Informe_XUNTA-FROUXEIRA (446 Kb) e o Informe_ADEGA-FROUXEIRA (260 Kb)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Novo curso de formación ambiental: sistemas de depuración natural PDF Imprimir Correo-e
Envia Novo curso de formación ambiental: sistemas de depuración natural a FaceBookEnvia Novo curso de formación ambiental: sistemas de depuración natural a Twitter

O curso de formacio?n deste martes 27 de abril estara? adicado a? visita de dous humidais construidos como sistemas de depuracio?n extensivos, naturais e de baixo custo, cun forte cara?cter de sustentabilidade. Visitaremos a planta piloto na EDAR de A Silvouta (Compostela), unha instalacio?n experimental construi?da por ADEGA e a Universidade da Corun?a (UDC) coa colaboracio?n de Aquagest e o Concello de Santiago. O seu obxectivo e? demonstrar a viabilidade deste tipo de tecnoloxi?as para o tratamento de augas urbanas e servir como plataforma de investigacio?n para a UDC. A depuradora do Pazo de Sen?ora?ns, nas adegas "Pazo de Sen?ora?ns" (Meis), trata os efluentes do proceso de elaboracio?n de vin?o e da instalación hostaleira. Constitu?e a maior depuradora deste tipo existente hoxe en Galiza, e foi resultado dun proxecto de investigacio?n aplicada da UDC e a empresa Biogea.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O CLIMA NON ESTÁ Á VENDA: andaina polo clima de Meirama a Sogama PDF Imprimir Correo-e
Envia O CLIMA NON ESTÁ Á VENDA: andaina polo clima de Meirama a Sogama a FaceBookEnvia O CLIMA NON ESTÁ Á VENDA: andaina polo clima de Meirama a Sogama a Twitter

Para comemorar o Día da Terra (22 de abril), este vindeiro sábado 24 de abril, a partires das 17h, diversas organizacións ecoloxistas galegas convocamos unha ANDAINA POLO CLIMA baixo o lema "O CLIMA NON ESTÁ Á VENDA". Será en Cerceda, e o percorrido irá dende a central térmica de Meirama (Gas Natural-Unión Fenosa) até as portas da incineradora de SOGAMA (Xunta de Galiza-G.N.-U. Fenosa). Comemora o Día da Terra participando nesta andaina en defensa do noso ambiente! Vídeo do acto (grazas Bocixa)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Segunda quenda do Campamento de Voluntariado Ambiental do río Tea PDF Imprimir Correo-e
Envia Segunda quenda do Campamento de Voluntariado Ambiental do río Tea a FaceBookEnvia Segunda quenda do Campamento de Voluntariado Ambiental do río Tea a Twitter
gardarrios_xan.jpg23, 24 e 25 de abril. Neste ano 2010, en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e dentro do programa de Voluntariado en Ríos, continuaremos celebrando durante catro fins de semana de 2010 un campamento de voluntariado no río Tea. Nel realizaranse accións encamiñada a eliminar flora exótica e invasora. Para a realización das actividades o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, material de inspección, guías de campo, etc) así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivo. Durante os catro turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no albergue Alentea, en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea). Para os desprazamentos empregarase un autobús, posto pola coordenación do proxecto.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Campionato de enduro no LIC do Candán: gas a fondo, pero nada de megafonía PDF Imprimir Correo-e
Envia Campionato de enduro no LIC do Candán: gas a fondo, pero nada de megafonía a FaceBookEnvia Campionato de enduro no LIC do Candán: gas a fondo, pero nada de megafonía a Twitter
16 de abril de 2010. ADEGA acaba de coñecer que a D. X. de Conservación da Natureza autorizou a celebración dunha proba do Campionato de España de Enduro en pleno LIC Serra do Candán, espazo protexido da nosa Rede Natura 2000. O "evento" terá lugar este 25 de abril no corazón do espazo protexido, hábitat dunha das 10 parellas reprodutoras do bufo real (Bubo bubo) existentes en Galiza, nestes intres está en plena época de cría. Curiosamente, na autorización da Xunta inclúense algunhas sorprendentes medidas como que "non se poderán usar altofalantes dentro do espazo natural protexido". Tendo en conta que a proba transcorre íntegramente dentro do LIC, non deixa de ser absurdo que á administración lle preocupe máis o impacto da megafonía sobre as especies protexidas que o estrondo e as desfeitas de ducias de motos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Admitida a trámite a denuncia da Fiscalía contra Álvarez-Campana por prevaricación no caso Rinlo PDF Imprimir Correo-e
Envia Admitida a trámite a denuncia da Fiscalía contra Álvarez-Campana por prevaricación no caso Rinlo a FaceBookEnvia Admitida a trámite a denuncia da Fiscalía contra Álvarez-Campana por prevaricación no caso Rinlo a Twitter
23 de abril de 2010. O Fiscal de Medio Ambiente vén de confirmar a ADEGA a admisión a trámite no xulgado de Primeira Instancia nº 2 de Compostela da súa denuncia contra José Manuel Alvarez-Campana Gallo, actual presidente de Portos de Galiza, por un posíbel delicto de prevaricación medioambiental e outro de prevaricación urbanística no caso da piscifatoría de Rinlo (Ribadeo) cando era Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Ditar resolucións presuntamente inxustas saltándose a lexislación ambiental e urbanística non pode sair de balde. ADEGA pide aos Sres. Feijóo e Hernández que cesen fulminantemente ao imputado.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA solicita coñecer a natureza dos químicos empregados para fumigar a praga do carballo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA solicita coñecer a natureza dos químicos empregados para fumigar a praga do carballo a FaceBookEnvia ADEGA solicita coñecer a natureza dos químicos empregados para fumigar a praga do carballo a Twitter

22 de abril de 2010. ADEGA vén de solicitar información sobre os productos químicos (pesticidas) que a Consellería do Medio Rural vai empregar para fumigar 5.000 hectáreas de carballos afectados pola "pulguiña dos carballos" (Altica quercetorum). Fronte ás declaracións dos responsábeis da Consellería do Medio Rural asegurando a "total inocuidade" destes pesticidas para as persoas e o ambiente, ADEGA lembra que un biocida nunca é inocuo e podería supoñer un risco para outras poboacións de insectos beneficiosos, como as abellas. A inicial negativa de Medio Rural a informar sobre a substancia usada para esta fumigación masiva e os seus posíbeis impactos levanta a sospeita sobre a toxicidade do composto utilizado, particularmente sobre a maltreita poboación de abellas en recesión nos últimos anos e moi sensíbel a químicos sistémicos como o fipronil e o imidacloprid e outros agrotóxicos. Solicitude ALTICA QUERCETORUM (117 Kb)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA e outras 13 entidades levan á Fiscalía as irregularidades na tramitación da mina de andalucita PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e outras 13 entidades levan á Fiscalía as irregularidades na tramitación da mina de andalucita a FaceBookEnvia ADEGA e outras 13 entidades levan á Fiscalía as irregularidades na tramitación da mina de andalucita a Twitter

19 de abril de 2010. As entidades ADEGA A.M.A.L. (Agrupaçon de Montanha Augas Limpas), Club Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra XXI, DROSERA, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G.N.Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia presentan unha denuncia diante da Fiscalía de Medio Ambiente por atopar irregularidades no proceso de tramitación da solicitude de concesións mineiras na mina de andalucita no concello d'As Pontes, ás portas das Fragas do Eume.

Baixa o escrito da Denuncia_MINA_de ANDALUCITA 160KB

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Álvaro García Ortiz, fiscal de medio ambiente: "A forza da Fiscalía está na sociedade" PDF Imprimir Correo-e
Envia Álvaro García Ortiz, fiscal de medio ambiente: "A forza da Fiscalía está na sociedade" a FaceBookEnvia Álvaro García Ortiz, fiscal de medio ambiente: "A forza da Fiscalía está na sociedade" a Twitter

Preme para ampliarLugo, 15 de abril de 2010. Este día 14 de abril celebrouse na Escola Politécnica de Lugo a primeira sesión das xornadas sobe “Sociedade e Ambiente na Galiza” que organizan ADEGA e USC en comemoración ao Día da Terra, cunha mesa redonda adicada ao dereito ambiental como ferramenta na defensa da natureza. A esta mesa asistiu como ponente o Fiscal Xeral de Medio Ambiente de Galiza, Álvaro García Ortiz, a profesora de dereito ambiental, Alba Nogueira López, e o avogado de ADEGA, Apolinar Gómez Roca. Todos eles coincidiron en que "a administración non está exercendo axeitadamente a súa función como gardiana do dereito ambiental".

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 Seguinte > Final >>

Páxina 58 de 64

nonanosacosta

STOP glifosato nas estradas

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

Enquisas

A modificación da lei de Costas vai...
 

Coa axuda de:

Deputación da Coruña
Deputación de Lugo


ADEGA