11 de maio de 2010. O uso masivo de herbicidas para "limpar" as beiras das estradas increméntase coa crise. Desta volta, na N-550 entre Compostela e A Coruña vertéronse toneladas de herbicidas. A vexetación aparece sospeitosamente seca á beira da estrada e mesmo nos viais de servizo a carón de casas e leiras. Estas práticas, anque legais, comportan serios riscos para a saúde dos ecosistemas e non eliminan o risco de lumes: increméntano pola cantidade de mato seco que fica nas cunetas. Ademais, a chuvia arrastra os químicos que contaminan a terra e os acuíferos penetrando nas cadeas tróficas. Curiosamente, matas da herba da Pampa (Cortaderia selloana) e outras invasoras moi dificiles de erradicar, sobreviven ao fumigado. No ano da biodiversidade, ADEGA recomenda substituir o uso de biocidas para o control da vexetación por rozas mecánicas selectivas, que ademais respecten as frondosas autóctonas, verdadeiros cortalumes naturais.
|
Ler máis...
|
|
19 de xullo de 2009. Por se non abondara co Sil, chega outra desfeita nun río da Rede Natura. Desta volta é o río Mercurín ao seu paso por Ordes, incluído no LIC Río Tambre, no que se está levando a cabo a construcción dun “paseo fluvial” que inclúe o “acondicionamentro” das marxes con accesos, escolleiras, pontes e mesmo o desvío do caudal. Materiais de recheo e sedimentos remexidos con maquinaria pesada invaden a canle e tapan as brañas, deteriorando a calidade das augas e o contorno fluvial. Ao tempo estase "desbrozando" o bosque de ribeira e talando numerosos ameneiros para permitir o paso das máquinas. Que teima teñen algúns por urbanizar a natureza!
|
Ler máis...
|
Ordes, 13 de novembro de 2008. ADEGA ven de celebrar onte unha asemblea dos socios/as da Delegación de Ordes-Cerceda na que se escolleu unha nova Xunta Directiva. A delegación de ADEGA na comarca de Ordes-Cerceda constiuiuse hai xa 8 anos e agora vese reforzada coa incorporación de novos as socios/as, nomeadamente de Ordes. Os concellos que formarán parte da nova delegación ampliada son: Carral, Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Trazo, e Tordoia. Dende ADEGA-nacional animamos a toda a veciñanza da comarca a participar nas actividades da delegación e tentar solucionar os seus graves problemas ambientais.
|
Ler máis...
|
23 de abril de 2008. ADEGA esixe da Xunta unha intervención urxente para obrigar a LIMEISA-FENOSA a cumprir cos seus deberes ambientais. Non se pode tolerar que ante as múltiples evidencias de que LIMEISA está a poñer en risco a saúde humana e ambiental (ver o Informe CARBON LIMEISA (1.23 MB), a Xunta de Galiza siga sendo condescendiente coa actitude prepotente e insolidaria da empresa. A administración non pode ter unha postura intermedia entre a cidadanía e a empresa: quen contamina, quen incumpre a lei, é a LIMEISA, e portanto é a que debe tomar as medidas precisas para evitar que os veciños respiren carbón e folerpas ácidas noite e día, así como compensar axeitadamente a quenes teñen que aturalo.
|
Ler máis...
|
|
|
|
|