13 de maio. ANDAINA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO. Dende a Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro, da que fai parte ADEGA, convidámosvos á III Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro. Nesta ocasión o percorrido denominámolo "Ruta da Auga" polo Galiñeiro húmido. "Os contos e lendas do Galiñeiro non teñen prezo. A gandería ecolóxica, os cabalos do monte e os curros de Vincios e de Morgadáns non teñen prezo. O lecer, os camiños, os subeiros, as pedras, as sombras, as augas, os estudos feitos e os que aínda se han facer, as illas ó lonxe, os poemas e os libros, o que perdemos e atopamos no Galiñeiro, nada de todo iso ten un valor calculable porque ese é un patrimonio común e natural que non se pode comprar nin vender, un patrimonio destas bisbarras, da Terra de Turonio, pero tamén de Galicia e mais da Humanidade." Extracto do Manifesto que lerá Manuel Rivas ao remate do roteiro. Baixa o tríptico (2Mb) cos planos e detalles do roteiro.
|
Ler máis...
|
|
Vigo, 5 de xullo de 2011. A Xunta vai construir unha nova depuradora en Ons nun treito de costa virxe. Mais en Ons xa existe unha depuradora que, por falla de mantemento e limpeza por parte da concesionaria (a miúdo son os propios vixiantes do parque os que efectúan estes traballos), é orixe de verteduras e cheiros. Para evitar molestias aos turistas a administración vai investir 227.000€ en construir unha nova na punta Figueira Brava, unha zona de alto valor paisaxístico. Os representantes ecoloxistas no Padroado esiximos á administración que dé exemplo de austeridade e eficiencia millorando o mantemento da actual instalación denantes de gastar cartos nunha nova, que vai funcionar medio ano, só para alonxala dos narices dos turistas. No Parque Nacional das Illas Atlánticas, a figura de máxima potección ambiental galega, lévanse investidos máis cartos en infraestruturas e obras que en conservación e educación ambiental.
|
Ler máis...
|
2 de xullo de 2010. De novo este 2010, a iniciativa estatal "Montañas en Rede" para reclamar a protección das montañas, acadou coma sempre, unha ampla participación galega (32 ascensións). Como novidade, este ano convocouse un concurso fotográfico entre os/as participantes. Tratábase de premiar ás fotos que reflectiran o espírito da campaña, que desta volta tiña por lema "AS MONTAÑAS SI IMPORTAN". A fotografía gañadora "tres xeracións e un desexo común" corresponde ao noso compañeiro Xan Vilaboa, de ADEGA-Vigo. Os compañeiros/as de ADEGA-Coruña (contra a desfeita ambiental da ampliación de Alvedro); de ADEGA-Compostela e do Barbanza foron tamén premiados/as. Noraboa a todos e todas!
|
Ler máis...
|
Vigo, novembro de 2009. A finais do pasado mes de xuño, un grupo de veciños de Candeán e ADEGA, denunciabamos ante o SEPRONA un imenso verquido no lugar do Costal, preto do parque forestal do Vixiador, feito de cascallos procedentes supostamente das obras de "humanización" que se están a executar en Vigo. O incríbel é que agora volve repetirse o mesmo. O pasado martes 17 de novembro a última hora da tarde foi detectado un camión do Concello de Vigo e un tráiler que transportaba unha pá escavadora que deixaban o lugar do Costal –o lugar dos verquidos de xuño- para voltar á súa base en Vigo. O día seguinte a parte máis baixa da pista do Costal presentaba un aspecto semellante ao que tiña logo dos verquidos do verán: enormes moreas de terra extraída do monte e un soterramento de máis de 500 m3 de entullo composto principalmente por bloques de asfalto e formigón.
|
Ler máis...
|
Vigo, 30 de setembro de 2009. ADEGA vén de solicitar á Dirección do Parque Nacional das Illas Atlánticas, á D. X. de Conservación da Natureza (Xunta) e á D. X. de Costas (Ministerio de M. A.) a paralización urxente das obras dunha pasarela en Cíes. A obra, promovida pola Dirección Xeral de Costas, está pensada para “millorar a accesibilidade” do parque en substitución do muro de cemento na fronte dunar que partía do peirao de Rodas. A obra da nova pasarela suscitou dende un principio importantes discrepancias entre os expertos debido aos posíbeis impactos sobre os hábitats e as especies protexidas. No entanto, e desouvindo o Principio de Precaución, cuxa aplicación debería ser preceitiva tratándose dun espazo coa máxima categoría de protección, a maquinaria pesada está xa na praia “tallando” a nova pista sobra as dunas fósiles de Muxieiro: un auténtico atentado ecolóxico.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 2 |