En ADEGA consideramos a Educación Ambiental como a ferramenta básica da que dispoñen as sociedades para avanzar na superación dos graves problemas ambientais que hoxe existen. Unha ferrramenta construída dende unha información rigorosa e sempre enfocada á reflexión sobre a causa dos problemas e as súas solucións, tanto globais como persoais. En ADEGA entendemos a Educación Ambiental como un elemento necesario dun proxecto global de participación social, que leve a unha relación máis equitativa e ecolóxica entre o ámbito económico e o natural, garante dun desenvolvemento verdadeiramente sustentábel. En ADEGA pretendemos contribuír a acadar o cambio necesario nos valores da sociedade galega, tanto das persoas adultas como das máis novas, que conduza a unha nova forma (equitativa, xusta, ecolóxica, pacífica e sustentábel) de empregar os recursos naturais e de relacionármonos entre todos os seres vivos. Para acceder aos contidos e proxectos de EA de ADEGA, emprega o menú da dereita. Podes acceder tamén á web de EA e consultar todos os proxectos e programas: |
|