![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
III xeira do voluntariado ambiental do Proxecto Corna: preservando a nosa biodiversidade |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() 14:30 - Chegada. Xantar de confraternidade na praia.
16:00 - Presentación do Proxecto Corna: Fins Eirexas (xeólogo-ADEGA); Miguel Conde (biólogo). Colocación de sinalización informativa, seguemento dos exemplares aniñantes e medidas para protección da píllara papuda (Charadrius alexandrinus).
17:00 - Eliminación de especies vexetais alóctonas e invasoras.
18:30 - Actividades complementares e tempo de lecer.
19:30 - Desprazamento a Coroso e sinalización da praia.
20:00 - Remate da actividade.
A loita contra as especies alóctonas e invasoras ten grande importancia para preservar os nosos hábitats naturais, particularmente os máis fráxiles como son as dunas.
![]() ![]() Como novidade, este ano desprazarémonos tamén á praia de Coroso, en Riveira, na que localizamos varias parellas de píllara tentando criar, para sinalizar con cartaces as áreas de aniñamento e reclamar dos usuarios/as e do concello a colaboración para preservar esta especie ameazada. É especialmente importante evitar a limpeza mecánica destas áreas, xa que ademáis de eliminar unha importante fonte de nutrintes (os restos orgánicos que deitan as mareas), pódense derramar as postas, xa que esta especie aniña enriba mesmo da area. Dos usuarios/as pedimos que paseen pola parte máis cercana ao mar e que eviten deixar soltos aos seus cans mentres estén na praia. Nos cartaces que colocaremos hai unha serie de recomendacións e consellos para colaborar a preservar esta especie.
As actuacións da Corna contan co apoio da D. X. de Costas do Estado e co financiamento da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galiza.
|