Adega
INICIO Delegacións Ferrolterra

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Trasancos
Actividades e reivindicacións a prol do saneamento integral da ria de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Envia Actividades e reivindicacións a prol do saneamento integral da ria de Ferrol a FaceBookEnvia Actividades e reivindicacións a prol do saneamento integral da ria de Ferrol a Twitter

 Saneamiento ria Ferrol. Xuntanza 2013. ADEGA .SGHN.VerdegaiaFerrol 5.9.2013. Actividades  e reivindicacións a prol do saneamento integral dá ría de Ferrol. Verdegaia ,ADEGA, Sociedade Galega de Historia Natural xunto AVV El Pilar, A VV de Recimil e outros colectivos sociais, políticos,etc, estamos promovendo unha serie de reunións, actividades, asembleas ,etc dado que o programa de saneamento da ría de Ferrol non contempla a separación de augas residuais e pluviáis, có que iso representa,  ademáis os tanques de tormentas (destinados a cando chove moito, botar auga cara á ría) teñen unha capacidade limitada e están calculados para bombear en situacións de choiva normais, pero neste caso xa admítese que haberá case unha trintena de desbordamentos ao ano, co que ás augas pluviais e ás fecais irán parar ao mar. Nas xuntanzas e asembleas realizadas a representación de ADEGA está levada po-lo presidente e o secretario comarcal, Nés Lópes e Xandro García.

Foto: Xuntanza na sé da SGHN. D. Alexandre (Diario  Ferrol)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
A ría de Ferrol, espazo-lixo para Rajoy e Feijóo: Recheos, verteduras, dragados e agora "bunkering" PDF Imprimir Correo-e
Envia A ría de Ferrol, espazo-lixo para Rajoy e Feijóo: Recheos, verteduras, dragados e agora "bunkering" a FaceBookEnvia A ría de Ferrol, espazo-lixo para Rajoy e Feijóo: Recheos, verteduras, dragados e agora "bunkering" a Twitter

StopBunkering26 de agosto de 2013. Por se non foran poucas as agresións que ten sufrido a ría de Ferrol (voaduras, contaminación, recheos...) agora Portos do Estado (Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao) pretende converter a ría nun centro de abastecemento e trafego de hidrocarburos entre barcos, operación coñecida como "bunkering". Dase o paradoxo de que mentres o governo de Rajoy rexeita estas prácticas por parte de Xibraltar e endurece os controis na baía de Alxeciras, na Galiza, na ría de Ferrol pretende autorizalas ás caladas co silenzo cómplice da Xunta. Está visto que hai colonias e colonias... Comunicado conxunto de ADEGA, Verdegaia e a SGHN.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A lagoa de Valdoviño de novo cuasi-desecada tra-las actuacións de drenado da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia A lagoa de Valdoviño de novo cuasi-desecada tra-las actuacións de drenado da Xunta a FaceBookEnvia A lagoa de Valdoviño de novo cuasi-desecada tra-las actuacións de drenado da Xunta a Twitter

afrouxeiravaldovinhoValdoviño (Ferrolterra). 15.8.2013. De novo a lagoa de Valdoviño, baixo mínimos tras as actuacións da Xunta de Galicia. Tras multitude de denuncias de Adega e outros colectivos, e pese ao acordou do Parlamento Galego, a Xunta de Galicia, a propia Xunta realizou unha nova "apertura" dá lagoa de Valdoviño co fin de"regulación do nível de inundación" ocasionando un novo, un cuasi-desecamento da propia lagoa.

Non 2009, ou Parlamento Galego adoptou un acordo, por unanimidade de todos os grupos políticos, que instaba á Xunta a buscar unha xestión racional e coherente cos obxectivos de conservación do humidal, e non autorizar, con carácter preventivo, novas aperturas dá lagoa. Ata agora, estes acordos son papel mollado.
Información adicional: http://adega.gal/info/090121joomla/ultimas-novas/886-a-xunta-convirte-a-lagoa-da-frouxeira

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Denunciados pola Fiscalía dous altos cargos de Medio Ambiente por prevaricación, falsidade documental e delicto ambiental PDF Imprimir Correo-e
Envia Denunciados pola Fiscalía dous altos cargos de Medio Ambiente por prevaricación, falsidade documental e delicto ambiental a FaceBookEnvia Denunciados pola Fiscalía dous altos cargos de Medio Ambiente por prevaricación, falsidade documental e delicto ambiental a Twitter
dragadoferrol24 de xullo de 2013. Logo de termos denunciado as irregularidades da Xunta e Ministerio no dragado da ría de Ferrol, a Fiscalía Ambiental do TSXG acusa a dous altos funcionarios de Conservación da Natureza de prevaricación, falsidade documental e delicto ambiental. Informacións chave aportadas por ADEGA ao fiscal demonstraron até onde chegaron as chafalladas administrativas neste caso. O Valedor destapou, tras pedirlle amparo ADEGA, un pdfINFORME TÉCNICO (2,87 MB) reiteradamente ocultado pola Xunta, que consideraba o dragado "ambientalmente incompatible coa conservación dos hábitats e especies presentes", nunha área (LIC Costa Ártabra) parte da Rede Natura 2000. Xunta e Portos aprobaron un proxecto sen os informes preceitivos. Coas obras comezadas a Xunta "cociñou" unha autorización ambiental para "salvar a cara" baseada nun suposto informe técnico que non figuraba no expediente. E coas obras xa rematadas apareceu este informe que, curiosamente, recomendaba a non execución do proxecto polos seus impactos ambientais... Toda unha tramitación administrativa "marca España".
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Alerta ambiental: Residuos industriais contaminan con metais pesados e hidrocarburos montes, prados e ríos en Ferrolterra PDF Imprimir Correo-e
Envia Alerta ambiental: Residuos industriais contaminan con metais pesados e hidrocarburos montes, prados e ríos en Ferrolterra a FaceBookEnvia Alerta ambiental: Residuos industriais contaminan con metais pesados e hidrocarburos montes, prados e ríos en Ferrolterra a Twitter
Tecnosolos-Mostra3PANXuño de 2013. ADEGA vén de coñecer os resultados das análises das verteduras de refugallos industriais nos montes de Ferrolterra, dende Narón ás Somozas. Son milleiros de toneladas de "tecnosolos" vertidos sobre prados, mananciais e mesmo a carón de ríos, que amosan altas cantidades de hidrocarburos e metais pesados, superando os máximos legais para a protección da saúde humana. Estes refugallos semellan provir de subprodutos industriais e lamas de depuradora e non se están a aplicar sobre chans degradados, senón sobre prados e montes con actividade agrícola e gandeira. Perante o grave risco que para a saúde ambiental e cidadá que poden supoñer estas prácticas, ADEGA trasladará os feitos á Fiscalía do TSXG para que investigue o que podería ser un grave delicto ambiental. Álbum de PICASA. pdfAnalises metais pesados e hidrocarburos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 35

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA