Pontevedra, 6 de setembro de 2011. A veciñanza de San Martiño de Pazos (Silleda) e ADEGA piden a paralización da actividade e retirada do vertedoiro de residuos instalado na antiga canteira de Campomarzo S.A. por incumprir a lexislación de residuos e por non aterse á tramitación ambiental obrigada. O vertedoiro sufriu o pasado 31 de agosto un incendio que puxo de novo en alerta a veciños e ecoloxistas, non só pola ilegalidade do depósito, senón polas súas consecuencias ambientais e de risco para a seguridade e a saúde pública, agravadas polo incendio. Piden responsabilidades á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación ambiental por outrogar o ano pasado a Autorización Ambiental Integrada á empresa sen cumprir os requirimentos legais, facendo pasar o vertedoiro por un depósito de inertes.
|
Ler máis...
|
|
Redondela, 8 de novembro de 2010. ADEGA participou nas XI Xornadas Estatais en Defensa do Ferrocarril Público e Social, celebradas esta edición na vila de Redondela entre o 5 e 7 de novembro, xunto con outros colectivos integrados na Plataforma Salva O Tren e a Plataforma Estatal pola Defensa do Ferrocarril. No decurso destas xornadas ficou patente a preocupación existente en todo o estado polo desmantelamento sistemático das liñas de ferrocarril tradicionais en beneficio do AVE. Trátase dun medio de transporte que, se ben emite menos gases de efecto invernadoiro, resulta un medio caro e esixe infraestruturas de grande impacto ambiental, polo que o aforro en polución non é tan claro. O AVE non debe ser incompatíbel co tren clásico, o cal presta servizo a inúmeros núcleos de poboación de Galiza. Podes baixar o relatorio de ADEGA nestas xornadas premendo nesta Ligazón.
|
Ler máis...
|
1 de xullo de 2010. Dende ADEGA vimos de denunciar que a Xunta de Galiza iniciou as obras de "millora e acondicionamento" do acceso ao cárcere da Lama, logo dun chafalleiro e irregular procedemento administrativo, sen información pública e carente do obrigatorio estudo de impacto ambiental. As máquinas da empresa Copasa iniciaron as obras de "acondicionamento" da estrada PO-255 arrasando ao seu paso árbores, nin máis nin menos que 25.000, moitas delas centenarias e formando parte de antigas carballeiras. Nestas carballeiras, coma a de Caritel, medra ademais unha rara especie de fento, o Dryopteris guanchica, catalogado como vulnerábel. Pois nada, agora todos ao cárcere!
|
Ler máis...
|
25 de febreiro de 2010. Nas últimas semanas estamos asistindo a unha auténtica enxurrada de peticións para autorizar canteiras e explotacións mineiras en espazos de interese natural que, malia a estar fóra das zonas protexidas, afectan ás áreas de ampliación da Rede Natura 2000 propostas pola Xunta en 2008. A anterior administración, recollendo as demandas do ecoloxismo galego, presentou unha proposta que anque eivada, pretendía situar a Galiza (18%) máis perto da media do estado en superficie protexida (22%), abandonando o "furgón de cola" dos territorios con menos Rede Natura (actualmente o 12%). No Ano Internacional da Biodiversidade, as posibilidades de acadar unha Rede Natura digna para Galiza, que esté á altura da nosa riqueza natural, esváense poco a pouco con estes proxectos. O último, a canteira "Cloe" no Alto Tea, ao SW da Serra do Suido.
|
Ler máis...
|
A Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes "Verbo Xido" e ADEGA reclaman ao Concello de Cerdedo que para vindeiras actuacións de limpeza, non se volvan a utilizar os tratamentos químicos para limpar as beiras dos camiños e, tal e como se fixo hai uns días, sexan substituidos por rozados mecánicos selectivos, que ademáis de ser inocuos, crean máis postos de traballo.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 2 |