O conflicto entre o transporte masivo de persoas e mercadorías que caracteriza á sociedade contemporánea e o medio ambiente está acadando uns niveis imposíbeis de soportar. Os enormes custos ambientais, sociais e económicos (cambio climático, contaminación, impacto paixasístico, segregación espacial, esgotamento de recursos, perda de biodiversidade, alta accidentalidade, elevados investimentos en construcción e mantemento de infraestructuras,... ) que este modelo conleva obrigan a unha reconversión ecolóxica do transporte.
As políticas de transportes en Galiza e no resto do Estado baséanse na priorización do automóbil, do AVE (entendendo como tal a alta velocidade estricta, superior a 250 Km/h) e do avión, os tres medios de transporte ambientalmente máis impactantes. O automóbil é o medio de transporte menos eficiente, necesitando por termo medio 6 litros de combustible para transportar unha persoa 100 quilómetros, seguido polo avión (algo menos de seis litros) e o AVE (cinco litros). Estes medios realizan o 75% do transporte de viaxeiros consumindo máis do 92% da enerxía. Son responsables de máis do 50% das emisións de axentes contaminantes. En Europa, a metade das viaxes motorizadas implican desprazamentos inferiores a 3 km. Nestas condicións, o consumo de enerxía e as emisións de CO2 increméntanse nun 60%
As solucións pasan entre outras pola diminución das necesidades de transporte e polo emprego dos modos de transporte menos contaminantes, priorizando xerarquicamente camiñar, bicicleta e transporte público colectivo.
|
|
Cómpre un cambio radical tanto da filosofía social como da aplicación práctica da mobilidade, tanto no súa utilización como nos medios empregados para levala a cabo. A creación de proximidade, evitando na medida do posíbel a necesidade de desprazamento debe conformar a base da planificación dunha Mobilidade sustentábel.
|
Ler máis...
|
|
O actual sistema de transporte comporta unhas consecuencias de extraordinaria importancia tanto a nivel ambiental como social. As emisións dos combustíbeis fósiles son o principal causante do quecemento global e provocan importantes danos á saúde polo seu alto grao de concentración.
|
Ler máis...
|
Nos últimos 20 anos estamos a asistir a unha explosión da demanda de transporte desmesurada que esta a convertelo nunha da principais causas da crise ecolóxica global actual e nun dos problemas fundamentais da nosa sociedade. As consecuencias están á vista: efecto invernadoiro, contaminación acústica, atmosférica e do chan, depauperización da calidade de vida nas cidades, incremento da accidentalidade.... Cómpre dar un xiro radical na forma de entender o transporte, aplicando criterios ecolóxicos e de sustentabilidade na súa xestión. Neste campo, a bicicleta ten demostrado a súa utilidade polo que é preciso recuperar o seu papel central na mobilidade das persoas.
|
Ler máis...
|
O tráfego urbano é a principal causa de deterioración da calidade de vida nas nosas vilas e cidades. A contaminación atmosférica e acústica do tráfego degrada o ambiente con consecuencias negativas para a nosa saúde (doenzas respiratorias, estrés, perda de audición,...). O coche ocupa a maior parte do espazo público, convertendo as rúas e prazas en lugares principalmente de paso, perigosos pola presenza ameazadora do automóbil e sen condicións adecuadas para cumprir as súas funcións de encontro e de xogo, funcións ás que non debemos renunciar.
|
Ler máis...
|
Ninguén dubida da asociazón entre desenvolvemento económico e infra-estrutura, nin de que o exame da distribución territorial do investimento nas mesmas pode ser un bo indicador do grao de discriminación positiva ou negativa dun territorio, aínda que non o único nin moito menos. Cómpre discutir que tipo de infra-estruturas son as máis acaídas en cada momento.
Sobre todo, debemos ter en conta que importancia relativa debe outorgárselle a elas dentro dunha estratexia de desenvolvemento económico, fronte a outros usos posíbeis dos recursos: impulso a actividades produtivas e de servizos que aproveiten máis intensivamente as infra-estruturas existentes; investimento en investigación, innovación e educación; investimento en actividades de previsión, asistencia e benestar social; impulso á creación cultural, etc. É dicir, cómpre cuestionarse: ¿en que medida ou proporción debemos concentrar os nosos esforzos en construír infra-estruturas?, ¿en que tipo delas facelo? e mesmo ¿como financialas e xestionalas?.
*Catedrático de Economía Aplicada da USC
Podes descargar o artigo completo en infraestruturas-XVence.pdf (53.12 KB) |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 3 |