Adega
INICIO Novas de EA Próximo inicio do programa de compostaxe caseira e comunitaria no Morrazo
Próximo inicio do programa de compostaxe caseira e comunitaria no Morrazo PDF Imprimir Correo-e
Envia Próximo inicio do programa de compostaxe caseira e comunitaria no Morrazo a FaceBookEnvia Próximo inicio do programa de compostaxe caseira e comunitaria no Morrazo a Twitter

Este 12 de maio ás 13:00h na casa do concello de Bueu presentarase o programa de compostaxe comunitaria e doméstica de ADEGA na Mancomunidade do Morrazo. Este proxecto piloto centrarase en tres zonas por concello, en Bueu, Cangas e Moaña. O programa de compostaxe caseira consiste no reparto de 20 composteiros, un por vivenda en cada zona;  dunha guía de compostaxe e no asesoramento continuado por parte de educadores/as ambientais de ADEGA. A segunda actuación será implantar a compostaxe comunitaria tamén en tres zonas da mancomunidade. En cada unha, instalarase un composteiro de 1000L nunha área común da urbanización ou barrio para que a veciñanza deposite nel os residuos orgánicos do fogar. Un operario do concello encargarase de misturar estes residuos con restos de podas trituradas para conseguir un compost de calidade que será repartido entre os veciños/as participantes.

As zonas escollidas para levar adiante o programa de compostaxe caseira son:

- En Cangas a zona interior de Nerga.

- En Bueu a zona da igrexa de Beluso.

- En Moaña a zona do Caeiro.

As zonas elixidas para implantar a compostaxe comunitaria son:

- As Lagoas en Bueu.

- A Choupada en Cangas.

- A urbanización detrás do concello en Moaña.

ADEGA encargarase do labor de asesoramento á Mancomunidade, concellos e veciñanza, ademais de impartir cursos de educación ambiental para comprender mellor a problemática dos residuos, por que é necesario facer unha boa separación en orixe dos residuos e as vantaxes ambientais, sociais e económicas da reciclaxe e a compostaxe. Trátase ademáis de recuperar unha práctica tradicional de recuperación dos residuos orgánicos máis ecolñóxica e sustentábel, en lugar que estes materiais acaben nun vertedoiro ou incinerados.

Contacto: María Rodríguez Lafuente, vogal de residuos de ADEGA. 645902473 / 628378804

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA