Adega
INICIO Últimas novas O Parlamento de Galiza rexeita a construción do encoro no río Navia
O Parlamento de Galiza rexeita a construción do encoro no río Navia PDF Imprimir Correo-e
Envia O Parlamento de Galiza rexeita a construción do encoro no río Navia a FaceBookEnvia O Parlamento de Galiza rexeita a construción do encoro no río Navia a Twitter
agresionsrios26 de maio de 2010. O Parlamento de Galiza vén de aprobar por unanimidade unha moción do BNG pola que ínstase a Xunta a informar negativamente sobre a concesión "Salto do Suarna", no río Navia, e pide ao estado que decrete a caducidade da concesión, que data de 1963. Na sesión plenaria que tomou este acordo estiveron presentes en nome de ADEGA o seu secretario xeral Froilán Pallín xunto cunha representación dos veciños e colectivos locais afectados por esta infraestrutura. ADEGA agarda que o MMARM atenda o acordo unánime do Parlamento de Galiza, que a maiores demanda a declaración do Navia como río libre de aproveitamentos hidroeléctricos. ADEGA demanda tamén da Xunta que, en coerencia, decrete o "punto final" dos aproveitamentos hidroeléctricos nos ríos galegos.
Esta concesión hidroeléctrica e as súas sucesivas metástases teñen feito que a comarca dos Ancares e do Alto Navia teñan pagado xa moi graves impactos en forma de abandono, carencia de futuro e despoboamento. É tempo xa de practicar unha política hidráulica con outras prioridades, en concordancia cos principios da Directiva Marco da Auga, recuperando e preservando os ecosistemas fluviais e a calidade da auga para beneficio e desfrute da veciñanza e as xeracións futuras.
Asemade, ADEGA agarda que a Xunta actúe en consecuencia e decrete o "punto final" para as concesións hidroeléctricas nos nosos ríos no Plano Sectorial Hidroeléctrico actualmente en revisión, en consonancia co aprobado na Lei de Defensa dos Ríos Galegos. Os ríos galegos están xa sobreexplotados, e vai sendo hora de que recuperen a súa función como axentes xeradores de vida e deixen de servir en exclusiva aos intereses das eléctricas.

Texto da iniciativa aprobada

1-O Parlamento de Galiza acorda manifestarse en contra da construción do encoro denominado “Salto de Suarna” na conca alta do río Navia, en territorio dos concellos da Fonsagrada, Navia de Suarna (en  Lugo) e Ibias (Asturias), promovido pola empresa “Saltos del Navia”.

2- O Parlamento de Galiza insta á Xunta de Galiza a:

-Que no uso das súas competencias exclusivas en materia de medio ambiente para o territorio galego, presente alegacións contrarias ao Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto de Aproveitamento Hidroeléctrico do Salto de Suarna e adopte as medidas precisas para preservar os recursos naturais do río Navia e da súa conca.

-Reclamar ao Goberno Central a anulación definitiva da concesión do aproveitamento hidroeléctrico do río Navia á empresa concesionaria, que data de 1963, atendendo deste xeito á histórica demanda social e institucional dos concellos da Fonsagrada e Navia de Suarna.

-Que se solicite do Goberno de España a incorporación da declaración do río Navia libre de novos aproveitamentos hidroeléctricos no Pan Hidrolóxico Nacional que se está a realizar neste intre.

-Poñer en marcha os Plans de Ordenación e de Xestión dos recursos naturais das distintas figuras de protección ambiental declaradas neste territorio como son o LIC, a reserva da biosfera e a Rede Natura 2000.

-Que favoreza o mellor aproveitamento dos recursos naturais da comarca do Alto Navia (agropecuarios, forestais, cinexéticos, piscícolas, recreativos...) dentro do plan Impulsa Lugo para compensar, na medida do posíbel, o atraso económico producido pola permanente ameaza dos encoros nos últimos 70 anos”.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA