Compostela, 15 novembro de 2012. Esta fin de semana, días 17 e 18 de novembro, ADEGA participará na feira ecolóxica máis importante do país, Terractiva, coa mostra de humor gráfico “Rir, por non chorar” que se enmarca dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio” e unha charla sobre a evolución do proxecto "Eira da Xoana" que tras varios anos de traballo xa se está a consolidar como un dos centros de divulgación ambiental e de recuperación cultural de referencia de Galiza.
ADEGA tamén levará o seu habitual posto de información e divulgación de actividades, no que recollerá sinaturas para a ILP contra a incineración.
|
Ler máis...
|
|
Este domingo 28 de outubro, ADEGA organiza a II FEIRA DE PRODUTOS NATURAIS E ARTESÁNS na Eira da Xoana (Ramil, Agolada). Poderemos pasar unha agradable xornada mercando, desfrutando da contorna e mesmo quedar a xantar, xa que ADEGA porá callos, polbo, viño, auga e café a prezos populares. Tamén disporemos de empanadas, queixos, doces e moitos mais produtos a escoller entre a ampla oferta de apicultor@s, gandeir@s, labreg@s e artesáns que acoderán á feira. Durante todo o día haberá obradoiros e demostracións de cestería e olería. Para os mais cativos disporemos dunha zona especial, na que descubrirán diferentes xogos do mundo ademais dos xogos tradicionais. Tamén poderán aprender a elaborar candeas cun dos produtos das abellas, a cera. As actividades darán comezo ás 11.00 horas e rematarán as 18:00 e desta volta, semella que a climatoloxía será favorábel e desfrutaremos dunha xornada soleada e agradábel. Onde está a Eira da Xoana e como chegar? Clica nesta ligazón de Google Maps
|
Ler máis...
|
21 de xuño de 2012. O noso patrimonio natural máis valioso esmorece pola inoperancia e o desleixo da Xunta. A penúltima aldraxe, no concello de Palas de Rei, acumula ademais varias ilegalidades: unha plantación de eucaliptos sobre chan agrario queimado hai menos de 2 meses (incumprindo a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios) e nunha área na que están presentes endemismos botánicos como a Armeria merinoi, a Santolina melidensis ou o Iris boissieri, os tres catalogados como "en perigo de extinción" (incumprimento da Lei 9/2001 de conservación da natureza). Por riba, a zona figura na proposta da Xunta para ser incluida na Rede Natura 2000, ampliando o LIC do Careón. Cando esta ampliación chegue, os eucaliptos terán derramado os valores naturais desta área e a Xunta, unha vez máis, será cómplice da política de feitos consumados e terra queimada.
|
Ler máis...
|
Arzúa, a 15 de decembro de 2011.- ADEGA participará esta fin de semana na Feira Ecolóxica de Arzúa, Terractiva, coa exposición do seu stand na sección de postos de asociacións e na coordinación de varias das mesas redondas da sección “Altofalante”, na que se lle dá voz a aqueles colectivos ou movementos que se están a mobilizar por unha causa ambiental ou socialmente xusta. Así mesmo, organiza o habitual roteiro pola bacía alta do río Ulla que trasladará aos visitantes aos valores naturais e patrimoniais máis destacados da comarca. Ademais, coincidindo con Terractiva, ADEGA celebrará en Arzúa a súa XXXVI Asemblea Xeral e entregará os premios osíxeno e dioxina na xornada do sábado.
|
Ler máis...
|
3 setembro de 2011. Como todos os primeiros sábados de mes, este sábado tivemos unha actividade na Eira da Xoana, pero nesta ocasión, trasladamonos á aldea próxima de Santiago de Albá, no Concello de Palas de Rei, para compartir unha actividade dinamizadora da cultura rural, e que se concreta no proxecto Son d`Aldea. Nesta exitosa experiencia participaron máis de 600 persoas. Son d’Aldea é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa da cidadanía. Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 4 |