27 de agosto de 2012. Os perdigóns provintes dun campo de tiro en Herbón caen por milleiros ao río Ulla, contaminando con metais pesados este espazo da Rede Natura do que se abastece a cidadanía da contorna de Padrón e do Barbanza. Dase a circunstancia de que os proxectís impactan tamén nunha zona recreativa do río usada por bañistas e practicantes de deportes acuáticos que corren o risco de ser alcanzados polos perdigóns. Sorprendentemente, o uso de munición con chumbo nos humidais e espazos protexidos galegos non é ilegal: Unicamente os perdigóns de chumbo (non as postas nen as balas) están prohibidos, só en determinados espazos e para o exercicio da caza (non se di nada do tiro). Con estes buracos na lexislación, toneladas de chumbo son vertidas cada ano nos nosos espazos protexidos. Só para o xabarín, a tempada pasada realizáronse 14.720 batidas...
|
Ler máis...
|
|
Padrón, 10 febreiro 2012. Este día apresentouse en Padrón a Plataforma pola Recuperación do Sar, unha asociación sen ánimo de lucro que ten como fin acadar para o Sar, así como para as súas ribeiras, unhas condicións ambientais óptimas. Trátase de manter e conservar unha biodiversidade faunística e florística tan ampla como sexa posíbel, tanto en variedade de especies como na densidade das súas poboacións, así como a consecución duns parámetros fisicoquímicos que permitan a existencia e a pervivencia dun axeitado equilibrio ecolóxico. Non esquecemos a preservación do patrimonio cultural e etnográfico de forma que xunto co patrimonio natural, sexan fonte de riqueza para toda a bisbarra por onde discorre o río. Á presentación no Auditorio de Padrón acudiron case un cento de persoas e interviñeron os representantes dos colectivos promotores da Plataforma: Xosé Manuel Penas Patiño (Biólogo), Virginia Rodríguez (Presidenta de ADEGA), Luis Tapia (Biólogo) e Luis Piñeiro (Pescador).
|
Ler máis...
|
2 de xullo de 2010. A construción do AVE precisa inxentes cantidades de formigón. Supostamente as empresas locais non poden respostar á demanda e recórrese a construir novas fatorías. Para o treito Dodro-Padrón proponse a construción dunha fábrica de formigón no polígono de Pazos, a 150 m do Sar (LIC Ulla-Deza) e a menos de 200 m do núcleo de Pazos. Malia a ser unha actividade potencialmente contaminante polo alto nível de ruido, a emisión de pó e as verteduras, e a situarse a carón das casas e da Rede Natura, a fatoría non vai precisar de avaliación ambiental. A súa actividade pretende ser "temporal", exactamente 23 meses. Deste xeito elúdese a obrigatoriedade da avaliación que fixa o Decreto 133/2008 (que substituiu ao RAMINP), necesaria se a fatoría vai ter unha actividade superior aos dous anos (24 meses).
|
Ler máis...
|
Compostela, 17 de outubro de 2012. Na súa resposta a unha pregunta escrita do BNG, o concello de Compostela informou que aos veciños e veciñas que teñen un composteiro no seu fogar, e portanto reciclan eles mesmos máis do 50% dos residuos que producen, non se lles está aplicando a redución do 50% no seu recibo do lixo... por falla de persoal! Dende ADEGA queremos expresar a nosa solidariedade coa veciñanza de Compostela comprometida coa reciclaxe e o coidado do ambiente, que por riba de contribuir co seu esforzo á reducir a indecente factura que Compostela paga a SOGAMA por queimar e soterrar residuos reciclábeis, está a ser vítima dun verdadeiro atraco pola incompetencia e o desleixo dos responsábeis municipais. Resposta Concello COMPOSTEIROS
|
Ler máis...
|
Como alternativa popular ás festas tradicionais, diversos colectivos organizan as Festas Populares de Compostela 2010. Haberá roteiros, teatro, concertos, proxeccións... e por suposto, música e xantares! Dende ADEGA organizamos un roteiro por Compostela o día 11 de maio ás 18:30h "Coñece a cidade ao natural: percurso pola xeoloxía e bioloxía de Compostela".
Baixa a programación das Festas Populares 2010 (63 Kb)
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 2 |