![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Novos ADEGA-cadernos nº 20 e 21: análise dos biocombustíbeis e da biomasa forestal en Galiza |
![]() |
![]() |
![]() |
Neste contexto global, Galiza está a ser escenario de investigacións básicas e aplicadas no desenvolvemento de agrocombustíbeis, para alén de presentar unha elevada produtividade agroforestal e contar xa con plantas de transformación de biomasa procedente de terceiros países. De aí o interese de ADEGA en tratar esta temática de clara actualidade e importantes consecuencias para o noso futuro e o de toda a humanidade, a través da súa publicación científico-técnica. Os números 20 e 21 dos ADEGA-Cadernos reúnen unha manchea de artigos e colaboracións sobre a biomasa procedentes do eido da ciencia e a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico, a conservación dos ecosistemas ou as comunidades rurais e agrícolas, baixo o título “Biocombustíbeis e biomasa forestal”, volumes I e II. Máis de 20 autores participaron na elaboración destas publicacións que, ademais, contaron coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña e co apoio da Área de Vicepresidencia da Deputación de Lugo. |