29 de xuño de 2009. NORFOR, a filial forestal de ENCE, está a aplicar
cantiades masivas de herbicidas nas súas plantacións de eucalipto para eliminar o mato. A comunidade de montes de Rebordechán (Crecente, Pontevedra) vén de denunciar o uso de herbicidas nun monte de 25 Ha. Como consecuencia, o mato fica seco
aumentando o risco de lumes. A isto hai que engadir o perigo de
erosión (desníveis duns 600 m) e a
contaminación dos acuíferos e mananciais. Precisamente a principios deste ano, NORFOR
perdía o selo FSC (certificación forestal sustentábel) polas malas prácticas forestais, quer a aplicación de glifosato en parcelas certificadas. ADEGA pide ás comunidades de montes que
denuncien os seus acordos oa papeleira se persisten no uso de herbicidas.