Festival musical "Tod@s paramos o Galicia Spirit" en solidariedade cos mariscadores procesados |
Ferrol, 4 de xuño de 2010. Festival musical: “TOD@S PARAMOS O GALICIA SPIRIT” Ás 18 h na Praza Vella de Ferrol, organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (CCE) e os colectivos que o apoiamos e integramos (entre eles ADEGA). Trátase de celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente e amosar a nosa solidariedade cos 60 mariscadores procesados por deter no 2007, en defensa das nosas vidas e da nosa Ría, o gaseiro “Galicia Spirit” destinado a REGANOSA. Previamente, este pasado día 1, membros de ADEGA e do CCE autoinculpámonos diante da Fiscalía polos delictos polos que foron proccesados os 60 mariscadores da confraría de Ferrol. Actuarán: ZËNZAR (Rock Cerceda), A CUADRILHA DO CAMPO DE CHAO (Folc Ferrol), CANTAREIRAS DE TRASANCOS (Folc Ferrol), PULPIÑO VIASCÓN + TURU (Fusión), OS TRES TREBÓNS (Fusión Coruña), O SONORO MAXÍN (Fusión Ourense), LA SENTINA (Rock Ferrol), KASTOMÄ (Rock Ordes). Haberá bebidas e viandas. Colaboran dun xeito especial: “QUANT”, “A REVOLTA DE TRASANCOS” e o Mesón “O Cabazo”. Máis información: http://todosparamosogaliciaspirit.blogspot.com/ |