7 de novembro de 2010. Ante o conflito que na Comarca do Carballiño está a xerar a actividade de Compost Galicia, ADEGA quere facer pública a súa opinión co obxectivo de contribuir a unha solución dialogada. En primeiro lugar, queremos expresar unha vez máis o noso apoio á compostaxe como alternativa ecolóxica e sustentábel para a xestión de residuos orgánicos. A compostaxe é un proceso natural e ecolóxico que permite o aproveitamento dos residuos orgánicos como fertilizante seguro, de calidade e hixiénico para as terras produtivas, evitando a contaminación doutras formas de tratar o lixo como o vertido ou a incineración. Os solos de cultivo en xeral, e especialmente os viñedos, teñen na actualidade un grande déficit de materia orgánica, problema ao que esta planta de compostaxe pioneira en Galiza pode axudar a resolver.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
20 de marzo de 2009. As denuncias feitas por ADEGA, Amigos da Terra e Matar por matar, NON! polo estado da canceira do Carballiño, veñen de ser verificadas agora polo SEPRONA que interpuxo catro denuncias perante Consellería de Medio Ambiente. O pasado 3 de marzo, membros dos tres grupos ecoloxistas personámonos no cuartel do Carballiño para denunciar as graves irregularidades e outras circunstancias alarmantes como o drástico descenso de cans e a presenza dunha foxa cun gran número de cadáveres provintes da propia canceira (70 segundo os informes do SERPONA).
Carballiño 4 de Marzo de 2009. Membros de Amigos da Terra, ADEGA e Matar por Matar Non atoparon no día de hoxe unha fosa común con numerosos cans sacrificados. O vídeo gravado pola asociación ecoloxista Amigos da Terra deixa ben as claras a magnitude do asasinato dos animais. Temos que salientar que os feitos foron denunciados ante a autoridade competente. Sacrificar cans sen estar debidamente autorizado e ademais facelo en condicións non axeitadas é un delito de carácter penal. Agardamos que os responsables desta masacre sexan conscientes da extrema gravidade dos feitos e que teñan por seguro que esixiremos que a lei caia con toda contundencia contra eles.
Aviso o vídeo dos feitos pode ferir a sensibilidade.
19 de Febreiro de 2009. Ante a querella recibida ADEGA e máis Matar por Matar Non por emitir críticas lexítimas sobre o lamentable estado da canceira do Carballiño, ADEGA quere manifestar que reitera as denuncias efectuadas con anterioridade que reflicten con claridade que existiu unha xestión nefasta e carente de toda planificación. As denuncias sobre o pésimo estado da canceira tamén foron efectuadas por outros grupos ecoloxistas como Amigos da Terra e máis asociacións pola defensa dos dereitos dos animais.