Encoros e minicentrais
Nos últimos anos, e ao abeiro da normativa eléctrica e co beneplácito da anterior Xunta, proliferaron en Galiza as intencións de poñer ós nosos ríos ó serviz da producción de electricidade. A enxurrada de encoros que trouxo consigo esta política constituíu o maoir atentado para os ecosistemas fluviais e representou a definitiva sentencia, letal para a vida dos nosos ríos, despois de terlles estragado a parte baixa cos grandes encoros que tanto dano produciron aquí para levar enerxía cara fóra. A oposición de ADEGA ás minicentrais, fundaméntouse, entre outras, nas seguintes razóns:
- A falla de seriedade e rigor nas avaliacións dos impactos e o nulo seguimento dos efectos sobre oscursos fluviais das novas construccións.
- As previsións de autorizar un número desorbitado de novas minicentrais, que afectarían á práctica totalidade dos nosos ríos e nas zonas de maior importancia -as partes altas- para a súa conservación.
- A situación enerxética actual de Galiza, excedentaria de enerxía eléctrica,ea evidencia de xa ter pagado, cos grandes encorose coas minicentrais existentes,un altoprezo ambiental .
- A lexislación, até o de agora totalmente permisiva que facilitou a instalación de minicentrais en todo o territorio sen limitacións de ningunha caste.
- A xordeira crónica dos organismos competentes (Augas de Galiza, Consellería de Política Territorial,...) que non escoitaron a oposición de centos (milleiros en algúns casos) de cidadáns que pretenden preservar os ríos dos muros de formigón e conservalos para esta e as futuras xeracións.
- A implícita privatización dun ben público, o río, para beneficio exclusivo das empresas productoras de electricidade.
- A política enerxética da anterior Xunta, que tivo único obxectivo aumentar a producción e non entrar a considerar o aforro enerxético,que facilmente acadaría a cantidade de enerxía que se pretende producir coas novas instalacións.
ADEGA fixo un importante esforzo para dar coñecer á poboación en xeral este atentado contra o noso medio natural. Non queremos ser cómplices das agresións contra todo o noso sistema fluvial, nin queremos que a poboación, pola falla de información, quede exenta da responsabilidade que como cidadáns e cidadás temos no uso e trato do común patrimonio natural. O labor de ADEGA consiste en:
- Apoio á organización e/ ou promoción de colectivos directamente afectados. Apoio decidido, con medios materiais e humanos, a COGADER (Coordenadora Galega para a Defensa dos Rios).
- Alegacións a múltiples proxectos (que son rexeitadas sistematicamente pola Administración).
- Divulgando a importancia dos ecosistemas fluvias e creando unha rede cidadá activa no seguimento e vixianza do seu estado a través do Proxecto Ríos
- Denuncia perante a Comisión Europea da planificación hidroeléctrica.
- Charlas e conferencias sobre os efectos ambientais das minicentrais.
Participación, a través das canles abertas pola Administración, formulando propostas e alternativas (aínda que a práctica ten demostrado que as comisións constituídas son un mero formalismo: a composición delas garante de entrada a prevalenza das posturas previas da Administración , que en ningún momento busca o consenso)
|
|
A urbanización descontrolada nas ribeiras supón un impacto destrutivo para os ecosistemas fluviais. |
|
A ILP supuxo a recollida de 40.000 sinaturas validadas diante do Parlamento conquerindo a aprobación dunha lei de protección fluvial
|
|
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos promovida por ADEGA.. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade |
|
|
ADEGA presenta esta breve recopilación dos distintos vertidos rexistrados na nosa costa e nos nosos ríos, dende o 15 de xullo de 2006 até a actualidade (20 de setembro). Esta listaxe non é exhaustiva, simplemente se trata dalgúns dos moitos que se produciron e dos que ADEGA tivo coñecemento.
|
Ler máis...
|
|
Estudio dalgunhas das especies da flora e dos hábitats naturais vulnerables ou en perigo, posiblemente afectados polas 129 minicentrais que foron construídas ou solicitadas nos últimos anos na rede hidrográfica galega. As relacións código-especie atópanse na páxina 10 . Os códigos están entre corchetes se a especie é moi probable pero non está confirmada. Sinálanse co símbolo # as especies da lista II da Directiva 92/43/CEE.
|
Ler máis...
|
Este escrito constitúe unha exposición de alegacións á proliferación desmedida de proxectos de explotación dos cursos de augas continentais de Galicia, polos efectos irreversibles que están tendo sobre representantes singulares da nosa fauna, flora e ecosistemas naturais; a súa conservación é unha obriga para a nosa Administración de acordo coa vontade expresada nas nosas leis e na lexislación comunitaria. Á marxe dos argumentos técnicos que a continuación se van expoñer, consideramos que tratar de construír 300 minicentrais na rede fluvial galega constitúe o maior disparate imaxinable desde o punto de vista da conservación da nosa paisaxe e patrimonio natural, tendo en conta que estes proxectos se emprazan precisamente nas áreas residuais que permitiron conserva-los nosos hábitats máis valiosos logo das alteracións xeralizadas sufridas noutras áreas: encoros, canalizacións, incendios, repoboacións, etc.
|
Ler máis...
|
Fai-se unha análise crítica da planificación hidrolóxica nas bacias dos rios Miño, Sil, Límia e Cabe incluidos no ámbito do Plan Hidrolóxico Norte I, recorrendo ao contido deste plano e doutros documentos posteriores, tais como o Plano de Ordenamento (piscícola) dos Rios e o Segundo Plano de Saneamento, ambos da Xunta de Galicia. Conclue-se que a situación actual está lonxe de resolver os problemas ambientais que se manifestan nunha área de elevada densidade de aproveitamentos hidroeléctricos construídos ou en proxecto e graves problemas de contaminación.
|
As características naturais das águas superficiais varian dunha zona a outra e tamén de estación en estación, e en función das condicións climatolóxicas. Estas característicias naturais e o seu rexime de variación é un dos factores que determina o tipo de vida, a sua intensidade e diversidade nun determinado sistema fluvial. Da cabeceira á desenvocadura poden-se diferenciar diversas zonas segundo as características das águas: desde frias, oxixenadas e livres de matéria orgánica, e de elevada velocidade na cabeceira ( crenon) até águas ricas en matéria orgánica e con menor contido en oxíxeno (> 4 mg/l) nas zonas mansas onde predomina a sedimentación ( potamon), pasando polas zonas intermedias (> 6 mg/l de oxíxeno disolto, rhitron). As espécies que viven en cada tipo de água son mui diferentes.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 2 |