Adega
INICIO Novas de EA Día Mundial do Medio Ambiente 2010: O NOSO TERRITORIO, A NOSA IDENTIDADE
Día Mundial do Medio Ambiente 2010: O NOSO TERRITORIO, A NOSA IDENTIDADE PDF Imprimir Correo-e
Envia Día Mundial do Medio Ambiente 2010: O NOSO TERRITORIO, A NOSA IDENTIDADE a FaceBookEnvia Día Mundial do Medio Ambiente 2010: O NOSO TERRITORIO, A NOSA IDENTIDADE a Twitter
promocionestnQueres que este sexa o futuro do noso territorio? Este domingo 6, ás 12h na Praza do Obradoiro de Compostela, ADEGA e outras organizacións ecoloxistas e sociais galegas convocámosvos a unha concentración con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente 2010. Baixo o lema "O NOSO TERRITORIO, A NOSA IDENTIDADE" denunciaremos as consecuencias do urbanismo depredador e das políticas insustentábeis de ordeamento territorial que vimos padecendo, escenificando a venda dunhas promocións urbanísticas en lugares emblemáticos do país. No Obradoiro edificaremos uns chalés adosados e un cámping. Baixa o Manifesto_DMMA_2010 (1.77 Mb) . Mira os cromos do acto!

Para colaborar na "performance" recomendámosche que acodas con chaleque refectante (os de emerxencia para veículos), ou funda de obra e/ou casco, así como outros adubíos de construción. Se ademais tes tenda de campaña, anímate a montala como cámping improvisado. Hai sitio dabondo!


Cromos do acto (Ramsés Pérez, Curra Figueroa e Belén Rodríguez). Preme para ampliar

DMMA10aDMMA10bDMMA10cDMMA10e

DMMA10f

DMMA10h

DMMA10g

DMMA10i

DMMA10l

 

 

 

 

Manifesto

O NOSO TERRITORIO, A NOSA IDENTIDADE

Día Mundial do Medio Ambiente 2010

Ano Internacional da Biodiversidade

O territorio marítimo e terrestre de Galiza supón un valor e un recurso natural cada vez ma?is escaso, imprescindi?bel para o mantemento da diversidade da vida e fundamental para asegurar a continuidade da nosa sociedade. Todo o patrimonio natural, paisaxi?stico e cultural que contén constitúe tame?n un valioso recurso econo?mico para os seus habitantes, presentes e futuros, de aí a urxente necesidade de conservalo. Calquera actuación sobre o territorio debe realizarse dende os principios da sustentabilidade e do interese xeral, tendo en conta que o seu deterioro é case sempre irreversíbel e, portanto, resulta prioritario conservar os seus valores e recursos para as xeracións futuras.

Perda e fragmentación de hábitats naturais, diminución da biodiversidade e da produtividade biolóxica, impacto paisaxístico, caos urbanístico, contaminación e afeccións á saúde, desequilibrios territoriais, despoboamento... Todos estes impactos son nalgunha medida consecuencia dun ordeamento territorial insustentábel ou da ausencia absoluta deste, causado pola cobiza do capitalismo depredador.

O “boom” urbanístico e a especulación inmobiliaria dos últimos anos provocaron paradoxalmente máis dificultades para acceder a unha vivenda digna, apesar das miles que fican baleiras. Ducias de urbanizacións nas periferias urbanas e no medio rural estenderon o modelo de cidade difusa, agravando o caos circulatorio, a contaminación, o desbaldimento enerxético, a fragmentación e a perda de identidade do territorio e a deterioración ambiental.

Estas políticas irracionais están tamén detrás da actual crise, do endebedamento das familias e da perda de recursos de moitos concellos que apostaron pola construción indiscriminada e especulativa como principal fonte de ingresos.

Na Galiza, aínda estamos a tempo de frear esta desfeita. Precisamos dunhas novas regras de xogo para xestionar o territorio centradas na conservación e uso sustentábel dos seus valores fronte á depredación, a mercantilización ambiental e o lucro desmedido.

Por iso, neste Día Mundial do Medio Ambiente, as organizacións asinantes reclamamos:

-A posta en marcha dun proceso participativo que implique a toda a cidadanía na elaboración dun novo pacto social polo territorio construído dende o consenso, a solidariedade e a sustentabilidade ambiental, lonxe do produtivismo, a economía especulativa, a insolidariedade e a depredación ambiental, características das políticas de “terra queimada” desenvolvidas até agora.

-A aprobación dunhas Directrices de Ordeamento do Territorio (DOT) que fronte a? presio?n dos especuladores visen o artellamento equilibrado e sustenta?bel do territorio e aseguren a cohesio?n e a xustiza social. O obxectivo é conservar e poñer en valor o noso patrimonio natural, paisaxi?stico e cultural en i?ntima compatibilidade cunha maior calidade de vida e benestar da cidadani?a. Estas DOT, para seren críbeis, deben ser previas ao desenvolvemento das distintas planificacións sectoriais (litoral, infraestruturas de transporte, enerxéticas, industriais, acuícolas, etc.).

-Modificar a Lei de Ordenación do Territorio e a Lei de Ordenación Urbanística de Galiza, para entre outras medidas, consolidar a protección da paisaxe e do litoral, delimitar e planificar os usos en función do tipo de solo, limitar os aproveitamentos en chans de especial protección e restrinxir a figura do “axente urbanizador”.

-Desenvolver programas e proxectos de Educación e Participación Ambiental que capaciten á cidadanía para ser parte activa na protección e correcta xestión do noso territorio.

-Ampliar os espazos protexidos, nomeadamente a Rede Natura 2000, desenvolvendo os preceitivos instrumentos de xestión para garantir a conservación dos valores naturais e eliminando os usos que sexan incompatíbeis con eses valores.

Só deste xeito conseguiremos manter a integridade dun territorio construida ao longo dos séculos polos nosos devanceiros, un dos principais sinais de indentidade de Galiza e chave para o futuro sustentábel do país.

Asinan: ADEGA, ANABAM, CEMMA, FEG (integrada por ADEGA, ADENCO, APDR, Asemblea do Suído, CES, Coto do Frade, Guerilleiros das Fragas, Hábitat, Luita Verde, MEL, Naturviva, Néboa, Niño do Azor, Oureol, Vaipolorío, Verbo Xido, Verdegaia, Xevale), SGEA.

Apoian: BNG, CAF, CC.OO, EU-IU, Galiza Nova

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA