1 de xullo de 2013. Os compañeiros/as da Asociación Monte Pindo Parque Natural (MPPN) veñen de facer outro importante achádego que alonga aínda máis a singularidade ecolóxica deste espazo: Atoparon exemplares do lirio de monte ou lirio do Xurés (Iris boissieri), unha planta en perigo de extinción e incluida no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. O Iris boissieri é unha planta endémica de Galiza e o NW de Portugal cunha dustribución xeográfica limitada a moi poucos enclaves (Xurés, Courel e Careón) esta última poboación de recente descubrimento. Atópase en regresión, particularmente aquelas poboacións situadas en zonas de baixa altitude, onde se extinguíu case por completo, agás no Pindo. Eis outra razón máis para protexer o seu hábitat. A que agardan Hernández e Borregón para declarar o Monte Pindo Parque Natural?
|
Ler máis...
|
|
14 de abril de 2012. Este pasado 14 de abril, cabodano da República, centos de persoas desafiando unha choiva por veces torrencial, marchamos para pedir a declaración do Parque Natural do Monte Pindo. No medio dun ambiente festivo e fraterno, e acompañados polas gaitas, fixémoslle saber á Xunta con berros de " Monte Pindo, Parque Natural", " Queremos salvar o noso Pedreghal", " A xente di que si, a Xunta di que non", ou " Máis inversións, e menos intencións" ou "Que a Xunta protexa o Olimpo Celta", que non imos renunciar á xusta reivindicación de que o Monte Pindo sexa o sétimo parque natural de Galiza. A manifestación convocada pola Asociación Monte Pindo Parque Natural percorreu os 3 quilómetros que separan o Ézaro do Pindo, nunha demostración do masivo respaldo que a proposta de dotar ao Olimpo Celta desa figura de protección e desenvolvemento sustentábel, suscita na comarca e en todo o País.
|
Ler máis...
|
Este 13 de agosto, lúa chea. A Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa propón realizar 7 mercados ecolóxicos todos os anos. A referenza do 7 é pola importancia que tiveron sempre as estrelas coma indicadoras do paso do tempo e as estacións. Antigamente mirábase para o ceo e determinábanse as épocas de traballo no campo polas constelacións que aparecían no firmamento. Hai dúas que fixan o comezo da primavera e con isto, das segas, das colleitas, e das navegacións polo mar. Orión e Tauro coas Pléiades na punta (grupo de 7 estrelas, as 7 cabuxiñas) visibles dende abril a outubro, durante 7 meses. Escolleron pois este periodo de fertilidade e de viaxe para realizaren tamén os mercados en Quilmas. Así que as datas do mercados non teñen perda, basta con ollar o ceo e seguir o ritmo das estrelas e da lúa chea... A vindeira, este 13 de agosto.
|
Ler máis...
|
7 de abril de 2011. A deconstrución do noso patrimonio natural reactívase cos primeiros proxectos derivados do concurso eólico do PP. Nas últimas semanas, unha enxurrada de parques eólicos están a "coller sitio" sobre espazos de alto valor natural, antes de que Europa obrigue á Xunta a ampliar con urxencia a cativa Rede Natura galega. Tal é o caso dos tres proxectos na área d'O Pindo, e do recente parque eólico do Alto da Croa, en Vimianzo e Dumbría. Estas instalacións afectan a humidais inventariados, especies e hábitats prioritarios, para os que a UE obriga a establecer medidas de epecial conservación. Se a Xunta persiste en entregar o noso patrimonio natural máis valioso aos seus amigos en troques de protexelo, Europa podería retirar subvencións ou mesmo impoñer fortes multas, que pagariamos todos/as. Vaites coa boa xestión e a austeridade!
|
Ler máis...
|
O pasado 25 de outubro de creouse no Pindo a Asociación Monte Pindo Parque Natural para promover a consecución desta figura de protección para este sobranceiro espazo natural. A AMPPN foi fundada por persoas que representan ás parroquias veciñas do Monte Pindo, ademais de colectivos ecoloxistas como ADEGA, promotora da idea. É portanto unha asociación composta maioritariamente por veciños e veciñas orgullos@s do seu patrimonio natural e cultural, que pretenden poñelo en valor para compatibilizar o aproveitamento económico sustentábel coa protección ambiental dos seus grandes valores biolóxicos, xeolóxicos e patrimoniais. Con estes obxectivos convocámosvos ao acto de apresentación que terá lugar este sábado 13 de novembro no Salón de Actos do Concello de Carnota.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 3 |