Ferrol, 1 de xuño 2010. Membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, da Asemblea Cidadá e dos colectivos que o compoñen, entre outros ADEGA, acudimos aos xulgados de Ferrol para presentar un escrito de autoinculpación dirixido á Fiscalia, diante do proceso aberto contra 60 mariscadores da Confraria de Ferrol polo feitos acaecidos en maio de 2007, cando foi impedida a entrada na nosa Ría do buque gaseiro "Galicia Spirit" cargado con GNL para subministro da planta de REGANOSA. Unha acción decidida polo CCE e na que participaron representantes dos diferentes colectivos que forman parte do CCE e da Asemblea Cidadá. Os asinantes do documento estivemos acompañados por unha representación dos mariscadores da Confraría de Ferrol imputados polos feitos. Lembrouse que a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría, a pesares das sentenzas de ilegalidade dictaminadas polo TSXG, constitúe a raíz do problema.
|