Adega
INICIO Ecoloxía no cotián
Ecoloxía no cotián
banercotian.gifLevar á práctica un estilo de vida ecolóxico pasa necesariamente pola toma de conciencia dos impactos que as nosas actividades diarias teñen sobre o medio e a asunción dunha responsabilidade persoal e activa sobre as consecuencias do que facemos.

A sociedade consumista onde nos vemos obrigados a vivir (que non a asumir), é un inimigo difícil, máis non invencíbel. A aplicación diaria dun estilo de vida sustentábel é o punto de partida para determos a espiral depredadora e destrutiva do noso entorno.

Sabemos da dificultade das accións persoais fronte a un sistema que vai na dirección contraria, máis tamén sabemos que a suma de moitas accións individuais nunha mesma dirección poden cambiar o rumbo, convertendo en posíbel algo que semellaba irrealizábel.

Por iso, queremos te ofrecer nesta sección unha serie de pautas ecoloxistas para a túa vida cotián coas que evitar comportamentos lesivos e así sumar o teu compromiso ao de todos e todas aqueles que loitamos por crearmos un mundo mellor, onde o coidado do ambiente e das persoas sexa a guía dos nosos actos.

Selecciona o menú da dereita para acceder aos consellos.

  • Auga   ( 1 Artigo )

    billa.jpgA auga é un ben cada vez máis escaso, gracias a acción dilapidadora do ser humano. A súa carestía en moitos lugares obriga a realización de cortes periódicos de subministro. Así mesmo, os procesos de potabilización e depuración son enórmemente custosos e de gran consumo enerxético. O problema irá a máis a non ser que asumamos. Por exemplo, é totalmente irracional empregar auga potábel para a cisterna do wc. Hai casas que teñen circuitos de reciclaxe de auga, no que a auga da ducha e do lavabo almacénase nin depósito do que cargan as cisternas. Tamén existen circuitos de aspiración pneumática que gastan só un litro por descarga.

    quepodes.gif

    icon_biggrin.gif Revisa as billas da túa casa. Comproba que non teñen perdas.

    icon_biggrin.gifInstala economizadores de auga (atomizadores, perlatores): mesturan auga e aire, aumentando a presión pero diminuido o consumo (pode chegar ao 30%). Non notarás a diferencia.

    icon_biggrin.gifReduce a descarga de auga do teu WC: coloca un ladrillo ou unha botella de auga chea dentro da cisterna procurando que non interfira co mecanismo. Tamén hai cisternas de dobre pulsador economizadoras de auga.

    icon_biggrin.gifEmprega a lavadora coa carga completa e programas de lavado curtos. Podes chegar a aforrar o 5% do teu consumo de auga. Se vas a mercar unha nova, ten en conta o seu consumo de auga (tamén o enerxético)

    icon_biggrin.gifDúchate no canto de bañarte (aforras arredor de 100 litros). Diminúe o tempo da ducha (entre 10 e 20 litros por minuto)

    icon_biggrin.gifA auga de lavar as verduras podes utilizala para regar as prantas

     

    ¿Tes un xardín?

    icon_biggrin.gifColoca un bidón para recoller auga de chuvia para regar

    icon_biggrin.gifRega de noite para evitar a evaporación. Emprega unha mangueira ou o rego por goteo. Os aspersores teñen máis evaporización.

    icon_biggrin.gifSe empregas especies autóctonas ou ben adaptadas ao clima precisaras regalas menos.

    icon_biggrin.gifProcura ter o chan ben estructurado facilitando a retención de humidade.

    icon_biggrin.gifO céspede é un gran consumidor de auga. Busca especies autóctonas.

    algunsdatos.gif

    icon_sad.gifUnha billa goteando estraga un litro de auga por hora, o que supón 720 litros ao mes.

    icon_sad.gifO consumo de auga doméstico está na orde de 250 litros de auga persoa/día, se engadimos o consumo industrial chegamos aos 490 litros persoa/día.

    icon_sad.gifPérdese arredor de 1/3 do total da auga antes de chegaren á billa, por mor do mal estado das conduccións

    icon_sad.gifO teu wc verte 10 litros cada vez que tiras da cadea.




ADEGA