Adega
INICIO

Radio CERNA

radiocerna

Revista CERNA

Boton Cerna69

Outras publicacións

bannercadernos

Acceso restrinxido



XI Xornadas de Formación de coordenadores/as de proxecto Ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia XI Xornadas de Formación de coordenadores/as de proxecto Ríos a FaceBookEnvia XI Xornadas de Formación de coordenadores/as de proxecto Ríos a Twitter
curso.jpgO próximo sábado día 17 de abril terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa). as XI Xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos. Logo de cumprir 5 anos de andaina, dende o Proxecto Ríos deseñouse un plano estratéxico para enfocar o traballo dos vindeiros anos. Un dos obxectivos que nos marcamos dende a coordinación do proxecto é a renovación dos materiais de inspección, fundamentalmente do Manual de Inspección. Modificamos algúns aspectos da metodoloxía para adaptar os resultados ás necesidades da Directiva Marco da Auga. Queremos aproveitar as xornadas para presentavos estes cambios.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA impugnará o convenio de Barreiros e denunciará a retirada dos contenciosos pola Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA impugnará o convenio de Barreiros e denunciará a retirada dos contenciosos pola Xunta a FaceBookEnvia ADEGA impugnará o convenio de Barreiros e denunciará a retirada dos contenciosos pola Xunta a Twitter

Barrairos14 de abril de 2010. Diante da sinatura do convenio urbanístico de Barreiros e a anunciada retirada dos contenciosos-administrativos por parte da Xunta, ADEGA advirte ás administracións que a violación da legalidade que suporían estas actuacións, non pode quedar impune. Se a retirada dos recursos  da Xunta para a reposición da legalidade urbanística constitúe, por elemental sentido da xustiza social, unha inaceptábel e aberrante práctica administrativa dun goberno que está obrigado a tratar a todos os cidadáns por igual, resulta aínda máis indignante e escandaloso que se pretenda reparar tal ilegalidade a conta dos cartos públicos. En ADEGA temos moi claro que se todas as falcatruadas urbanísticas do Concello de Barreiros poden ser legalizadas impunemente, pouco van valer en adiante as disposicións de protección do solo recollidas na lexislación urbanística e en calquera outra lexislación. En consecuencia, ADEGA non escatimará esforzos para tentar restaurar a legalidade fronte á deixación de funcións e a escandalosa connivencia da Xunta cos infractores.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA ao conselleiro de Medio Ambiente: hai liñas vermellas que non poden ser cruzadas PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA ao conselleiro de Medio Ambiente: hai liñas vermellas que non poden ser cruzadas a FaceBookEnvia ADEGA ao conselleiro de Medio Ambiente: hai liñas vermellas que non poden ser cruzadas a Twitter

Compostela, 10 de abril de 2010. Este xoves 8, membros da Directiva de ADEGA mantivemos unha entrevista co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para trasladarlle a postura da asociación sobre os asuntos de actualidade relacionados coas súas competencias. A Lei do Solo e a súa modificación foi o motivo principal dunha xuntanza (solicitada antes da aprobación parlamentaria) na que ADEGA manifestoulle o seu total desacordo cos contidos e tramitación da norma e por non ter completado a previa aprobación das DOT (Directrices de Ordenamento do Territorio), iniciada na lexislatura anterior. Falamos tamén do caso Barreiros, e deixámoslle moi claro que para ADEGA, xudicializar a protección do ambiente e do territotio é un erro, mais hai liñas vermellas que non poden ser cruzadas. Se as administracións insisten en burlar a lexislación ambiental e urbanística, terán que render contas perante e xustiza.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Denunciado por prevaricación o alto cargo da Xunta que aprobou a DIA da piscifatoría de Rinlo PDF Imprimir Correo-e
Envia Denunciado por prevaricación o alto cargo da Xunta que aprobou a DIA da piscifatoría de Rinlo a FaceBookEnvia Denunciado por prevaricación o alto cargo da Xunta que aprobou a DIA da piscifatoría de Rinlo a Twitter
Esquema das afeccións. Amplía!7 de abril de 2010. O fiscal de medio ambiente do TSXG ven de apresentar denuncia penal contra José Manuel Álvarez-Campana Gallo, actual presidente de Portos de Galiza, que en 2005 como D. X. de Calidade e Avaliación Ambiental asinou a DIA (Declaración de Impacto Ambiental) da piscifatoría de Acuinor, en Rinlo (Ribadeo). Na súa denuncia, a fiscalía impútalle senllos delictos de prevaricación ambiental e urbanística, por autorizar a instalación na Rede Natura atendendo a "intereses económicos alleos". Trátase da primeira intervención xudicial pola vía penal para depurar responsabilidades dos altos cargos do último goberno Fraga, logo de que o TSXG a denuncia de ADEGA, anulara a autorización e a DIA desta piscifatoría nas Catedrais. Aviso a navegantes: asinar declaracións de impacto fraudulentas non vai saír de balde!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Participa con ADEGA e o Proxecto Ríos no calendario fenolóxico 2010 PDF Imprimir Correo-e
Envia Participa con ADEGA e o Proxecto Ríos no calendario fenolóxico 2010 a FaceBookEnvia Participa con ADEGA e o Proxecto Ríos no calendario fenolóxico 2010 a Twitter
fenoloxia10.jpgPrimavera de 2010. Ao igual que en 2008 e 2009, ADEGA e o Proxecto Ríos convídanvos a participar no informe sobre a fenoloxía aplicada aos cursos fluviais. Parte do principio de que os ciclos dos seres vivos son valiosos indicadores do clima, servindo para valorar a repercusión que a mudanza climática está a ter sobre as especies. Mediante saídas á natureza e cubrindo unha sinxela ficha pretendemos elaborar un mapa sobre a situación anual das árbores de ribeira. Esta actividade, concentrada no periodo do 5 ao 11 de abril, mostraranos unha “instantánea” da situación das especies seleccionadas ao longo do país, analisando o estado de floración no se atopan diferentes árbores e plantas. Baixa a Ficha fenoloxica 09.pdf Ficha Fenolóxica 2010 (248 KB)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA e a USC organizan as xornadas "Medio ambiente e sociedade na Galiza" para o Día da Terra PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e a USC organizan as xornadas "Medio ambiente e sociedade na Galiza" para o Día da Terra a FaceBookEnvia ADEGA e a USC organizan as xornadas "Medio ambiente e sociedade na Galiza" para o Día da Terra a Twitter

naiterraLugo, 13 de abril de 2010. O 22 de abril celébrase mundialmente o Día da Terra, no que se lembra a responsabilidade social e de cada un de nós no coidado e protección do planeta. Por este motivo, ADEGA e a Escola Politécnica Superior de Lugo (EPS) celebramos unha semana de concienciación ecolóxica a favor da Terra Nai, a coas Xornadas “AMBIENTE E SOCIEDADE NA GALIZA", que tratarán de achegar á cidadanía á problemática ambiental galega e global e, nomeadamente, algúns dos instrumentos ou accións para afrontala. Faremos un chamado especial á solidariedade coa Terra e unímonos á campaña da “Minka pola Nai Terra” lanzado polo presidente de Bolivia, Evo Morales, para convocar á cidadanía ao Día da Terra, como acto de rexeitamento aos danos que está a sufrir o Planeta, pola falta de vontade internacional tras o fracaso do Cumio de Copenhague contra o cambio climático. Baixa o Programa_Día_da_Terra_2010

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Proxecto Ríos leva as súas experiencias de custodia fluvial a Catalunya PDF Imprimir Correo-e
Envia Proxecto Ríos leva as súas experiencias de custodia fluvial a Catalunya a FaceBookEnvia Proxecto Ríos leva as súas experiencias de custodia fluvial a Catalunya a Twitter

jornades_b.gifO Proxecto Ríos participará esta semana na I Xornada de Custodia Fluvial e Participación Cidadá da Associació Hàbitats de Catalunya. O encontro que se celebrará os días 9 e 10 de abril en Manlleu, pretende ser un espazo de intercambio de experiencias e reflexións sobre as estratexias de conservación e mellora dos espazos fluviais, desde a óptica da participación cidadá.

Descarrega o cartaz JORNADES.pdf JORNADES (284 KB)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A voltas co encoro do Navia: outro "pesado lastre do franquismo" PDF Imprimir Correo-e
Envia A voltas co encoro do Navia: outro "pesado lastre do franquismo" a FaceBookEnvia A voltas co encoro do Navia: outro "pesado lastre do franquismo" a Twitter
encnavia.gif5 de abril de 2010. Hai dous anos, Touriño comprometeuse a informar desfavorábelmente o encoro do Navia cualificándoo de "pesado lastre do franquismo". Agora, o departamento de Espinosa tramita o estudo de impacto (BOP Lugo, 30 de marzo, páx. 213) nun novo intento de "Hidroeléctrica del Navia" (propiedade de Hidrocantábrico e Endesa) por executar un encoro con concesión dende xuño de 1963. Dende entón, a veciñanza do val do Navia conqueríu parar o proxecto (anos 1967, 74-75, 85 e 93) nos sucesivos intentos por desenvolvelo. Saltos del Navia volve agora á carga aproveitando "ventos administrativos favorábeis" na Xunta e no estado. Non é o único caso: moitos encoros galegos teñen autorizacións franquistas case a perpetuidade e incumpren a Directiva Marco da Auga en canto a caudais ecolóxicos e medidas correctoras. As administracións amósanse escandalosamente cómplices cos privilexios das Fenosas, Iberdrolas e Endesas: aos ríos galegos, aínda non chegou a "transición".
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Carballiño PDF Imprimir Correo-e
Envia A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Carballiño a FaceBookEnvia A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Carballiño a Twitter
expolobolugo.jpgDo 5 ao 19 de abril no Auditorio Municipal d'O Carballiño. Logo do seu paso por numerosas vilas e cidades galegas, este 5 de abril chega ao Carballiño a exposición que ADEGA, ERVA e a AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa) adican ao lobo. Pretende ser un alegato a prol da conservación do lobo e os seus hábitats e reúne a obra pictórica, literaria e audiovisual de máis de 60 artistas da plástica, a escrita e fotografía de Galiza e Portugal, solidarios/as coa defensa do lobo e o seu hábitat. Expo LOBO CARB.pdf Ficha técnica EXPOLOBO CARBALLIÑO (12 KB)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 Seguinte > Final >>

Páxina 59 de 64

nonanosacosta

STOP glifosato nas estradas

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

Enquisas

A modificación da lei de Costas vai...
 

Coa axuda de:

Deputación da Coruña
Deputación de Lugo


ADEGA