22 de maio de 2010. Centro Social Caixanova. Praza de Cervantes, Compostela. Esta xornada pretende ser un espazo onde concellos, empresas, explotacións agrogandeiras, grupos de investigación e outras entidades e particulares presenten diferentes experiencias de compostaxe na pequena escala. Organizaranse en tres mesas: Compostaxe caseira, compostaxe comunitaria/pequenas plantas e compostaxe nas explotacións agrogandeiras.
|
Ler máis...
|
Este 12 de maio ás 13:00h na casa do concello de Bueu presentarase o programa de compostaxe comunitaria e doméstica de ADEGA na Mancomunidade do Morrazo. Este proxecto piloto centrarase en tres zonas por concello, en Bueu, Cangas e Moaña. O programa de compostaxe caseira consiste no reparto de 20 composteiros, un por vivenda en cada zona; dunha guía de compostaxe e no asesoramento continuado por parte de educadores/as ambientais de ADEGA. A segunda actuación será implantar a compostaxe comunitaria tamén en tres zonas da mancomunidade. En cada unha, instalarase un composteiro de 1000L nunha área común da urbanización ou barrio para que a veciñanza deposite nel os residuos orgánicos do fogar. Un operario do concello encargarase de misturar estes residuos con restos de podas trituradas para conseguir un compost de calidade que será repartido entre os veciños/as participantes.
|
Ler máis...
|
A Coruña, 9 de maio de 2010. ADEGA vén de apresentar este pasado sábado a nova equipa directiva da delegación da Coruña, cidade na que precisamente naceu a organización hai 34 anos e que acolle á meirande parte dos seus socios e socias. No acto do Centro Cultural Alexandre Bóveda estiveron presentes a Presidenta de ADEGA, Virxinia Rodríguez, o Secretario Xeral, Froilán Pallín e todos os membros da recentemente constituída Directiva local, presidida por Amancio Sotillo. A delegación coruñesa márcase como obxectivos inmediatos reactivar a defensa ecolóxica da comarca, facer visíbeis as problemáticas ambientais neste eido de actuación e achegar a perspectiva e as propostas ecoloxistas aos asuntosde interese para a cidadanía.
|
Ler máis...
|
4 de maio de 2010. O xuíz de primeira instancia do xulgado nº 2 de Compostela vén de esixir a ADEGA o depósito dunha fianza de 10.000€ para persoarse como acusación no proceso por prevaricación contra José Manuel Álvarez-Campana Gallo, aberto a instancias da Fiscalía Medioambiental. ADEGA entende innecesaria e excesiva esta fianza, máxime cando a acusación parteu da Fiscalía e baséase en dúas sentenzas firmes do TSXG contra a aprobación da DIA e o proxecto da piscifatoría de Rinlo (Ribadeo). Noutros casos penais abertos contra o criterio a Fiscalía e sen sentenzas firmes detrás, impuxéronse ás acusacións populares fianzas máis baixas: na denuncia contra Garzón polas foxas do franquismo, "Manos Limpias" única acusación no proceso, tivo que facer fronte a unha fianza de 6.000€.
|
Ler máis...
|
|
Lugo, 14 de maio de 2010. ADEGA vai apresentar alegacións ao proxecto e Estudo de Impacto Ambiental da solicitude de rehabilitación do dereito de concesión, autorización e declaración de utilidade pública dun aproveitamento hidroeléctrico no río Eo, cuxa concesión data do ano 1922!. A antigüidade da concesión, a falta de xustificación na actualidade, a protección ambiental da zona (Reserva da Biosfera e LIC) e as consecuencias sociais da minicentral, son motivos máis que suficientes para que a declaración de impacto ambiental sexa resolta negativa e, ao tempo, dispóñase a caducidade definitiva da concesión. ADEGA convoca unha charla informativa sobre os potenciais impactos da minicentral e as medidas a tomar este sábado 15 de maio, ás 5 da tarde na escola vella do Chao do Pousadoiro (Ribeira de Piquín). Cartaz do ACTO INFORMATIVO (121 Kb)
|
Ler máis...
|
11 de maio de 2010. O uso masivo de herbicidas para "limpar" as beiras das estradas increméntase coa crise. Desta volta, na N-550 entre Compostela e A Coruña vertéronse toneladas de herbicidas. A vexetación aparece sospeitosamente seca á beira da estrada e mesmo nos viais de servizo a carón de casas e leiras. Estas práticas, anque legais, comportan serios riscos para a saúde dos ecosistemas e non eliminan o risco de lumes: increméntano pola cantidade de mato seco que fica nas cunetas. Ademais, a chuvia arrastra os químicos que contaminan a terra e os acuíferos penetrando nas cadeas tróficas. Curiosamente, matas da herba da Pampa (Cortaderia selloana) e outras invasoras moi dificiles de erradicar, sobreviven ao fumigado. No ano da biodiversidade, ADEGA recomenda substituir o uso de biocidas para o control da vexetación por rozas mecánicas selectivas, que ademais respecten as frondosas autóctonas, verdadeiros cortalumes naturais.
|
Ler máis...
|
Este xoves, membros de ADEGA, A. M. Augas Limpas, SGHN e Verdegaia, en representación dos 16 colectivos contrarios á instalación dunha mina a ceo aberto nas Fragas do Eume, trasladámoslle á Fiscalía as irregularidades observadas na tramitación deste proxecto. O Fiscal, Álvaro García Ortiz, acordou abrir dilixencias preprocesais para investigar as actuacións da administración neste caso e pedirlle máis información. A tramitación da mina de andalucita é outro exemplo do proceder chafalleiro e do desleixo da admnistración pola conservación do noso patrimonio natural: non se respectaron os prazos establecidos pola lexislación e o EIA presentaba escandalosas omisións, como non detallar os impactos da mina sobre o Parque Natural das Fragas do Eume, entre outras.
|
Ler máis...
|
3 de maio de 2010. Varias queixas recibidas en ADEGA de usuarios/as e camiñantes alertan do preocupante estado do cabo Fisterra, chanzo final do Camiño. Roupa e plásticos abandonados, fogueiras ardendo e rochas renegridas, son o "tradicional" espectáculo que nos recibe ao chegar ao cabo do mundo. ADEGA chama a atención sobre os danos que estas práticas están a causar na paisaxe e no ambiente, alén do risco de incendio que supoñen as improvisadas cacharelas. Os distintos costumes para celebrar o remate do camiño non deberían degradar a contorna e supoñer un risco para o ambiente. Dende ADEGA propomos varias alternativas e pedimos maior implicación aos visitantes e administracións. Algunhas ideas para ambientalizar o teu camiño: Guía de BOAS PRACTICAS 1.80 Mb
|
Ler máis...
|
|