4 de abril de 2010. A explotación, promovida por Picobello Andalucita S.L., de capital británico e surafricano, xa fora rexeitada pola anterior Xunta polos impactos no Parque Natural das Fragas do Eume. Agora, logo de modificacións "cosméticas", a administración aprobou a DIA da mina a ceo aberto que degradará aínda máis as maltreitas Fragas do Eume. A contorna -o monte Fontardión, no alto Belelle- é unha zona ben conservada hábitat de especies protexidas como a tartaraña cincenta ou o bufo real (só 10 parellas en Galiza) e que debería funcionar como corredor ecolóxico entre o LIC Xubia-Castro e o Parque Natural do Eume. A explotación fica uns metros fóra destes espazos mais os impactos (arrastres, perda e degradación dos hábitats, desfeita paisaxística) non entenden de fronteiras administrativas. E todo para que o a andalucita, mineral utilizado na fabricación de tixolos, vaia fóra do país, ao estilo dun neocolonialismo "anglo-boer".
|
Ler máis...
|
|
Lugo, 26 de marzo de 2010. A conivencia da Xunta co afán especulador do Concello de Barreiros para agasallar con 14 millóns de € aos proxectos ilegais, através dun convenio coa Deputación de Lugo, supón unha falla de respecto pola lei e un escandaloso atentado contra a xustiza social. Con que dereito vai a Xunta a esixir o cumprimento da lexislación urbanística se logo recompensa aos infractores? ADEGA apoia as xestións da Fiscalía a insta tamén a Anti-Corrupción a investigar a concesión de licenzas e o proceder da alcaldía neste caso. Animamos á cidadanía a demandar dos poderes públicos e axentes sociais un Pacto Social polo Territorio para acadar un desenvolvemento territorial coherente, sustentábel e cohesionador.
|
Ler máis...
|
As xornadas terán lugar en Valsaín, no Centro Nacional de Educación Ambiental, CENEAM, os días 24, 25 e 26 de marzo. Neste xa cuarto encontro de "Hogares Verdes"- Fogares Verdes, xuntarémonos todas as entidades e persoas que en diferentes territorios do estado estamos a desenvolver este programa. Somos xa máis de quince grupos os que traballamos polo uso eficiente dos recursos naturais e pola acción reflexiva ante algún dos reptos da sociedade actual: o cambio climático, os residuos ou o consumismo.
|
Ler máis...
|
23 de marzo de 2010. A Xunta persiste nos erros e infla de novo a burbulla inmobiliaria a base de chan ru?stico, ma?is desproteccio?n e discrecionalidade. O texto incrementa as oportunidades para a especulación, desta volta nos núcleos rurais e o chan rústico, dá maior cobertura ás ilegalidades urbanísticas, bendicindo escandalosas aberracións como as urbanizacións de Barreiros, reduce ao mínimo o control autonómico, delegando nos concellos, asalta os montes en man común e convirte a Rede Natura en chan barato ao servizo dos intereses privados. Con esta modificación, a Xunta repite os erros que nos levaron á actual crise e prepara un dos maiores atentados á integridade ambiental e territorial dos últimos decenios.
|
Ler máis...
|
O Día Forestal Mundial ou DÍA DA ÁRBORE celébrase cada 21 de marzo coa intención de impulsar a protección e coidado dos nosos bosques. Nesta data, é xa tradicional realizar plantacións, como a que ADEGA-Alto Ulla organiza en Ramil (Agolada) ou ADEGA-Trasancos no Piñeiral de Cabanas. Porén, e aínda que a todos/as gostarianos contribuir plantando unha árbore, moitas veces non podemos por cuestión de tempo ou de espazo. Por iso, dende ADEGA propoñémosche 10 ideas para poñeres en prática e que redundan en beneficios para os bosques sen ter que sair ao monte a plantar un carballo ou un castiñero (que tamén).
|
Ler máis...
|
|
Ferrol, 25 de marzo de 2010. REGANOSA, malia a ser recentemente multada con 9.000€, segue a incumprir a autorización de vertedura, coa complicidade da Xunta. Esta empresa privada, participada nun 10% pola administración galega, leva vertidas á ría de Ferrol 115 millóns de m3 de augas residuais dende a súa entrada en funcionamiento en novembro de 2007. No entanto, e malia as multas, a Xunta de Galiza segue a permitir que Reganosa incumpra as condicións do permiso de vertedura: a empresa segue sen achegar os datos das medicións en continuo do cloro e da temperatura da agua, única forma de valorar o cumprimento dos condicionantes da autorización e de garantir a non afección ao ecosistema da ría. http://www.xornal.com/artigo/2010/04/12/galicia/ferrol/adega-denuncia-reganosa-verte-augas-residuais-ria-ferrola/2010032523444701563.html Multa REGANOSA (104 KB)
|
Ler máis...
|
Lugo, a 22 de marzo de 2010. O radón é un gas radioactivo de orixe natural que emana do uranio presente nas rochas graníticas e que segundo a OMS, é responsábel de entre o 3% e o 14% das mortes por cancro de pulmón. É por isto, polo que se quer dispor dun mapa de radón cunha medida cada 10x10 km que complete o mapa xa existente e que cubre fundamentalmente as zonas xeográficas cun alto nível de radiación. O estudo permitirá detectar cais son as zonas de alto risco de gas radón en Galiza, xa que somos unha das áreas do Estado máis afectadas por estas radiacións. ADEGA reclama á Xunta que se teña en conta o RADÓN nas Normas de Habitabilidade, tal como como acontecía nas derrogadas Normas do Hábitat precedentes. Preme para máis información e participar na campaña.
|
Ler máis...
|
Este luns 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga. Este ano o lema é "AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAUDÁBEL", en referenza á calidade dos recursos hídricos e a súa relación co benestar da poboación e os ecosistemas. Neste senso, en Galiza temos un grave déficit en canto ás medidas de prevención e tratamento da contaminación das augas. Moitas cidades, vilas e industrias verten aos ríos augas con escasa ou nula depuración, e o número de cursos fluviais contaminados aumenta cada ano (ver o Informe RÍOS GALEGOS 2009 (5.46 MB).
|
Ler máis...
|
Con este novo roteiro de ADEGA-Lugo percorreremos outra etapa do CAMIÑO PRIMITIVO que, aínda que marca o inicio da cultura xacobea universal e transcorre por lugares de grande interese histórico e ambiental, é obxecto de importantes alteracións humanas que merecen ser coñecidas e denunciadas. O roteiro ten un percorrido de 12 km e unha dificultade media-baixa. Animádevos a paticipar!
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 Seguinte > Final >>
|
Páxina 60 de 64 |