Lugo, a 19 de xaneiro de 2011. O vindeiro domingo 23 de xaneiro, ADEGA Lugo lévanos a unha das terras máis prolíficas de Galiza en poetas e escritores, homes e mulleres de palabra: A Chaira. O roteiro, inserido dentro do programa de rutas pola lingua de ADEGA deste curso 2010-2011, contará coa presenza e colaboración de Marica Campo, quen nos guiará pola ruta da auga de Guitiriz. Podes descargar o mapa do roteiro nesta LIGAZÓN.
|
Ler máis...
|
Compostela, 14 de xaneiro de 2010. O Proxecto Ríos, iniciativa promovida por ADEGA, vén de apresentar o Informe 2010 sobre o estado de saúde dos ríos galegos. Neste informe recóllese o estado dos nosos ríos, froito das análises efectuadas nas campañas de primavera e outono, polos 299 grupos de voluntarios/as do país. Preséntanse os resultados das citadas inspeccións, así como a metodoloxía empregada na realización do informe, así como as actividades máis importantes realizadas durante o ano 2010. O Informe Anual permite indicar o estado de saúde das diferentes bacías a partir dos indicadores empregados polos participantes. Baixa un RESUMO (2.48 Mb) do informe ou o INFORME COMPLETO 4.54Mb con todos os datos.
|
Ler máis...
|
Xaneiro de 2011. Se 2009 foi o ano da "deconstrución" dos tépedos avanzos ambientais da etapa anterior, no 2010 asistimos á consolidación dunha auténtica involución ambiental. O obxectivo: o territorio no seu conxunto; a excusa: a crise económica; o instrumento: as políticas públicas; e as consecuencias: a perda por veces irreversíbel do noso patrimonio natural. Urbanismo á carta, máis muíños a dedo, máis minicentrais, máis incineración, máis asfalto e cemento... e hábitats e especies menos protexidas, menos atrancos ao ladrillo, menos mobilidade sustentábel... En definitiva, as vellas políticas agresivas sustentadas en planificacións sectoriais retrógradas (Planos de Residuos, Eólico, Acuícola, MOVE etc.), actualizadas con instrumentos baleiros de contido como as DOT e o POL, e aferrolladas con modificacións lexislativas á carta (Lei do Solo, Lei de Ordeamento Territorial, Lei Eólica...)
|
Ler máis...
|
22 de decembro de 2010. A pasada reunión do Observatorio Galego da Biodiversidade, a primeira co PP de volta na Xunta, deixou ben claro que a conservación do noso patrimonio natural non é unha prioridade da adninistración Feijóo. Convocada a golpe de queixa ao Valedor por incumprimento dos prazos legais, a xuntanza tiña como punto estrela a proposta para a declaración do Monte Pindo como Parque Natural. Esta iniciativa, apresentada por ADEGA, avalada por investigadores das tres universidades e apoiada por amplos sectores sociais e económicos da Costa da Morte, "non está na axenda" e terá que agardar “a outra lexislatura” segundo declarou hoxe García-Borregón, Dir. Xeral de Conservación. Ampliación da Rede Natura, planos de xestión e conservación de espazos e especies… ningún avanzo dende hai ano e medio. A conservación da nosa biodiversidade esta en punto morto.
|
Ler máis...
|
|
Xaneiro de 2010. A ONU ten declarado 2011 como Ano Internacional das Florestas. Baixo o lema "Bosques para a xente", preténdese salientar o papel da cidadanía e dos habitantes do rural na conservación e aproveitamento sustentábel das nosas florestas. Como aponta a ONU, precísase un enfoque integral do monte que atenda aos seus múltiples valores e funcións. Os bosques ocupan un 31% da superficie emerxida e son fundamentais para a conservación da biodiversidade, xa que acubillan ao 80% das especies terrestres. Asemade, son fonte de alimento, vivenda, auga limpa, mediciñas e teñen un papel central na loita contra o cambio climático. Na Galiza os bosques supoñen un 70% da superficie do país. No entanto, só un 2% é monte público, estando o restante xestionado polas Comunidades de Montes (30%) e un 68% en mans privadas . Arestora, a conservación das nosas florestas está máis ameazada que nunca: desprotección do chan rústico; desmontaxe das comunidades de montes; privatización através das SOFOR; cultivos enerxéticos; despoboamento...
|
Ler máis...
|
13 de xaneiro de 2011. A Xunta vén de aprobar o Plano de Xestión dos Residuos Sólidos Urbanos 2010-2020 confirmando a aposta do goberno Feijóo pola incineración. Fronte á realidade das cifras que amosan o rotundo fracaso de SOGAMA, o novo plano aposta novamente pola incineración (que chucha o 60% do investimento en infraestruturas e o 48% do orzamento total) cunha nova incineradora no Sur sine loci, e a ampliación da de Cerceda. Asemade, os obxetivos de redución son ridículos (a crise económica ten feito máis nestes 2 anos pola redución que a Xunta); e para a compostaxe, a Xunta pretende acadar en 2020 a metade da taxa de compostaxe que hoxe teñen as plantas de Nostián e Lousame. Velaí o "grande esforzo" de Feijóo e Hernández: cartos para queimar o lixo - a cambio de prebendas eólicas- agrandando o monstro de SOGAMA, en troques de previr e compostar.
|
Ler máis...
|
29 de Nadal de 2010. Dende hai 10 anos, ADEGA entrega os premios OSÍXENO e DIOXINA para subliñar as millores e piores actuacións ambientais do ano.
Premio OSÍXENO á millor actuación/actitude ambiental do 2010:
-Categoría individual: a Anxo Moure, atrapador de contos, fundador e impulsor de Bicis pola Paz, Contos Solidarios, Papaventos...
-Categoría colectivo: aos concellos e comarcas galegas pola Compostaxe: Compostela, Ferrolterra, Mancomunidade do Barbanza, Guitiriz, O Morrazo, O Carballiño... até un total de 33.
Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva ou insustentábel:
-Categoría individual: a Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente e editor de "La Voz de Galicia".
-Categoría colectivo: á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galiza.
Premio OSÍXENO DE HONRA a Xaquín Marín polo seu compromiso coa ecoloxía e a cultura do país.
|
Ler máis...
|
Dentro da programación de actividades, o próximo día 22 de decembro a partires das 17:30 celebraremos o solsticio de inverno.
-Subida ao Cotón dos Fogos para localizar o punto exacto onde se deita o sol na noite máis longa do ano.
-Prendida de fachos, recital poético, música e foguetes para festexar que a luz vence ás tebras.
-Merenda-cea para celebrarmos o ano que comeza. Traede xantares para compartillar. A sidra está asegurada!
|
Ler máis...
|
|