Adega
INICIO Novas ADEGA solicita coñecer a natureza dos químicos empregados para fumigar a praga do carballo

Vídeos ADEGA-Ourense:

A seca do Sil por Iberdrola

vidsecasil.jpg

ADEGA solicita coñecer a natureza dos químicos empregados para fumigar a praga do carballo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA solicita coñecer a natureza dos químicos empregados para fumigar a praga do carballo a FaceBookEnvia ADEGA solicita coñecer a natureza dos químicos empregados para fumigar a praga do carballo a Twitter

22 de abril de 2010. ADEGA vén de solicitar información sobre os productos químicos (pesticidas) que a Consellería do Medio Rural vai empregar para fumigar 5.000 hectáreas de carballos afectados pola "pulguiña dos carballos" (Altica quercetorum). Fronte ás declaracións dos responsábeis da Consellería do Medio Rural asegurando a "total inocuidade" destes pesticidas para as persoas e o ambiente, ADEGA lembra que un biocida nunca é inocuo e podería supoñer un risco para outras poboacións de insectos beneficiosos, como as abellas. A inicial negativa de Medio Rural a informar sobre a substancia usada para esta fumigación masiva e os seus posíbeis impactos levanta a sospeita sobre a toxicidade do composto utilizado, particularmente sobre a maltreita poboación de abellas en recesión nos últimos anos e moi sensíbel a químicos sistémicos como o fipronil e o imidacloprid e outros agrotóxicos. Solicitude ALTICA QUERCETORUM (117 Kb)

A fumigación non selectiva do Altica quercetorum mediante camións fumigadores é unha prática de risco que podería ocasionar danos na agricultura, contaminar os solos, eliminar as abellas e outros insectos polinizadores (estamos na época da polinización de numerosos cultivos) e mesmo podería supor problemas de saúde para as persoas se estas actividades non se realizan de xeito responsábel e coidadoso. Alén disto, outros escasos insectos das carballeiras, como os tamén coleópteros Lucanus cervus (vacaloura), Melolonta melolonta (sanxoán) e algúns raros carábidos e cerambícidos, poderian verse afectados polas substancias químicas inhibidoras da síntese da queratina, habitualmente usadas nestes casos.

ADEGA rexeita a utilización masiva e sistemática de productos químicos para combater as pragas pola súa inefectividade demostrada e perniciosos efectos colaterais sobre outros organismos (incluidas as persoas) e o ambiente. O control das pragas debería basearse na prevención, con actuacións localizadas e facendo uso de tratamentos baseados no control biolóxico, que xeralmente son específicos da praga a tratar e non afectan ao resto das especies do ecosistema.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA