10 de febreiro de 2010. Os episodios de grave contaminación que sofren Madrid e Barcelona non son descoñecidos en Galiza. A finais de 2010, ADEGA facía público datos compilados polo experto en contaminación Ramón Varela, que apontaban a que todas as cidades sobrepasaron os límites legais de NOx (xerados polo tráfico e a combustión de derivados do petróleo) no ar que respiramos. Lonxe de tomar nota, a Xunta e algúns concellos optaron por desmentir (eran cifras oficiais), ignorar ou manipular datos. Á ridícula rede de control galega (só 9 estacións, por 72 de Euskadi, 68 de Catalunya ou 23 de Madrid) hai que engadir a manipulación interesada: reubicación dos medidores a zonas máis "ventiladas" ou a censura da información que a Xunta distribúe na web. Casualidade? Porén, o máis grave é que as administracións seguen sen tomar medidas para diminuir o tráfico e promover unha mobilidade máis sustentábel. Ben ao contrario: máis vías de alta capacidade, máis subvencións á merca de veículos... Semella que en Galiza, só a meteoroloxía está a facer algo por respirarmos un aire millor!
|
Ler máis...
|
8 de febreiro de 2010. De seguido reproducimos íntegro o contido da entrevista á Presidenta de ADEGA publicada por Galicia Confidencial, e na que a nosa compañeira Virxinia Rodríguez fai repaso das propostas e opinións de ADEGA encol dos temas ambientais máis recentes: a nova SOGAMA e o Plano de Resíduos do PP; as consecuencias da crise; o decreto do carbón e a repercusión nas térmicas galegas; a relación coa plataforma "Galiza Non Se Vende"; os premios Osíxeno e Dioxina e a proposta de Parque Natural para o monte Pindo...
|
Ler máis...
|
Este 2 de febreiro celébrase o Día Mundial dos Humidais. A data conmemora a sinatura hai 40 anos, na cidade iraniana de Ramsar, do Convenio de Humidais de Importancia Internacional, no que se marcaron os obxectivos para a conservación e a xestión destes importantes ecosistemas. En Galiza esta celebración ven marcada por dúas fitas: malia sermos un dos países que maior número de humidais conservan do SW Europeo, o desinterese da Xunta pola conservación destes espazos queda patente ao estar só 5 humidais, dos máis de 1.100 inventariados no país, incluídos na lista de humidais de importancia internacional. Porén, semella que son os colectivos ecoloxistas, no marco de proxectos estatais, os que estamos tomando iniciativas para conservar e mirar polos nosos humidais.
|
Ler máis...
|
26 de xaneiro, DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL. Os máis de 35 anos de actividade de ADEGA van parellos aos da historia da Educación Ambiental (EA). Dende o ano 2000 esta liña de actuación tense consolidado e arestora é unha das áreas prioritarias para ADEGA, con numerosos programas en diversos eidos e unha equipa de traballo adicada a deseñalos e realizalos. Porén, e como sinala a SGEA, hoxe a Educación Ambiental en Galiza está a vivir un alarmante retroceso: Brutal recorte de actividades e recursos; peche e infrautilización de equipamentos públicos; perda de peso da EA no sistema educativo; despedimentos na administración pública e desaparición de empresas; desbaldimento de recursos e falta de coordenación entre administracións... Por iso, no Día Mundial da Educación Ambiental ADEGA propón afortalar, fronte á inacción da Xunta, o papel dos colectivos sociais na difusión da EA.
|
Ler máis...
|
|
Compostela, 9 de febreiro de 2011. O Plano de Residuos de Feijóo amosa novamente a súa verdadeira faciana. Perante a incapacidade de SOGAMA para tratar o lixo que chega a Cerceda e a imposibilidade de ter en marcha a segunda incineradora nesta lexislatura, a solución do PP é sinxela: facer máis vertedoiros e agrandar os existentes. Nesta liña vai a recente ampliación do vertedoiro da Areosa, en Cerceda, e a manchea de proxectos de vertedoiros camuflados como "restauración de canteiras", quer o da parroquia de Camanzo, en Vila de Cruces, con capacidade para 95.000 T/ano. Dase a circunstancia de que esta canteira foi declarada ilegal polo TSXG e o proxecto de recheo con lixo carece de Avaliación de Impacto Ambiental. Esta é a cara "B" de SOGAMA, que Hernández e Feijóo teiman en defender: megawatios para os amigos a cambio de incineradoras, agasallos ás canteiras ilegais para o lucrativo negocio de "restaurar" con lixo, mentres segue a mederar o monstruoso vertedoiro de Cerceda. Alegacións_CANTEIRA_CAMANZO (41 Kb)
|
Ler máis...
|
3 de febreiro de 2011. O pasado 1 de decembro de 2010 a Sociedade Galega de Educación Ambiental deu a coñecer o manifesto “NON Á DESAPARICIÓN DA EDUCACIÓN AMBIENTAL EN GALICIA”. Este documento, que fai repaso da preocupante situación da Educación Ambiental na nosa comunidade e recolle as propostas e peticións do sector, foi remitido a colectivos, empresas e particulares ao tempo que era pendurado na páxina da SGEA. Durante os dous meses en que o sistema de recollida de adhesións estivo en funcionamento, máis de 1000 persoas e entidades amosaron o seu apoio e subscribiron o manifesto; consideramos que a campaña de difusión e recollida de adhesións foi un éxito.
|
Ler máis...
|
2 de febreiro, DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS. A Fundación Biodiversidad e o CEHUM veñen de seleccionar unha actuación proposta polo Proxecto Ríos-ADEGA no marco da iniciativa “MÓLLATE POLOS HUMIDAIS”. Estas actuacións realizaranse con motivo da celebración no 2011 do 40 cabodano da Convención Ramsar e do Ano Europeo do Voluntariado; desenvolvendo no estado cinco actuacións simultáneas o día 2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais, unha delas en Galiza. Proxecto Ríos-ADEGA ten previsto desenvolver nesas datas diversas actuacións encamiñadas a mellorar o estado ecolóxico de dous humidais protexidos; nomeadamente nas lagoas de San Pedro de Muro e Xuño, no concello de Porto do Son (A Coruña). Baixa a MEMORIA das actuacións (257 Kb).
|
Ler máis...
|
25 de xaneiro de 2011. Conservación da Natureza (Medio Rural) através do servizo de caza e pesca pretende eliminar un dos escasos treitos de pesca libre sen morte de Galiza. Trátase dun treito de río de 6km no Alto Miño, nos concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, dentro da Reserva da Biosfera "Terras de Miño" e pertencente ao LIC Parga-Ladra-Támoga (Rede Natura 2000). Este feito, supón un paso atrás no fomento da pesca sustentábel por parte da administración galega, que teima en satisfacer os intereses dos sectores máis cavernícolas do lobby da escopeta e do anzol. ADEGA apoia as reivindicacións de AEMS-Ríos con Vida a prol de iniciativas que fomenten a pesca sustentábel. Esta modalidade diminúe o impacto do furtivismo e as redes ilegais de comercialización, contribúe ao mantemento das poboacións autóctonas de peixes e milora o grao de responsabilidade ambiental dos pescadores. |
|