Adega
INICIO Novas Roteiro polas Ribeiras do Miño e do Mera, na honra de Carvalho Calero
Roteiro polas Ribeiras do Miño e do Mera, na honra de Carvalho Calero PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro polas Ribeiras do Miño e do Mera, na honra de Carvalho Calero a FaceBookEnvia Roteiro polas Ribeiras do Miño e do Mera, na honra de Carvalho Calero a Twitter
Rio_meraLugo, a 13 de decembro de 2010.- O próximo Roteiro pola Lingua de ADEGA-Lugo terá lugar o domingo, 19 de decembro, na cidade de Lugo e estará dedicado ao profesor Ricardo Carvalho Calero, destacado intelectual galego, tanto no campo da creación literaria como no ensino, que fundou os principio da Institución Libre de Ensino, que implicaba unha educación participativa e en contacto coa Natureza. Podes descargar o plano do roteiro na seguinte Ligazón.

Rio_mera_2Lembraremos a estancia do poeta Carvalho Calero  en Lugo dende 1950 a 1965, onde desenvolveu un relevante papel no Colexio Fingoi. Dende esta institución, que moitos nomean como marabillosa utopía, formou a moitos estudantes na identidade da  cultura do país nos tempos escuros da Longa Noite de Pedra, baixo a ditadura franquista. Fora este réxime quen levara a este intelectual ao cárcere e o inhabilitara para o exercicio da actividade pública. O labor docente de Carvalho Calero fixo posible levar á práctica en Lugo os principios da Institución Libre de Ensino, que implicaban unha educación participativa e en contacto coa Natureza.

Acompañaranos tamén neste roteiro os recoñecidos poetas lucenses Isidro Novo e Adela Figueroa que nos recitarán  algúns dos poemas de Carvalho Calero e tamén da súa propia obra.

Sairemos  andando dende o punto habitual de encontro (Escola de Maxisterio) e iniciaremos propiamente o roteiro na Ponte Romana. Avanzando pola marxe dereita do río Miño tomaremos a Ruta dos Muíños, augas arriba dun un dos seus afluentes, o Río Mera. Neste treito teremos ocasión de ver varios muíños  en distintos estados de conservación. Completaremos o roteiro desviándonos no lugar Orbazai por unha variante da ruta de Penarrubia. Volveremos de novo ao punto de saída pola beira dereita do río Miño.

O roteiro é de 14 km aprox.  e pode considerarse de dificultade media.

Sairemos de diante da Escola de Maxisterio  ás 9 h. Prégase puntualidade.

Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299

Recoméndase levar roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s.

PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO:

23 Xaneiro: Pola terra do Señor das palabras                                 A Chaira
20 Febreiro: Camín d’as Eiras                                                        Taramundi
20 Marzo: “Toda humilde beleza me namora…”                             Mondoñedo
17 Abril: Modelo Burela                                                                 Burela
29 Maio: “Feros corvos do Xallas…”                                             Costa da Morte
26 Xuño: “Vendo-os assim tão pertinho…”                                    Valença-Monçao
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA