Adega
INICIO Últimas novas O concello de Padrón quere autorizar a cementeira de Pazos malia á paralización decretada pola Xunta
O concello de Padrón quere autorizar a cementeira de Pazos malia á paralización decretada pola Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia O concello de Padrón quere autorizar a cementeira de Pazos malia á paralización decretada pola Xunta a FaceBookEnvia O concello de Padrón quere autorizar a cementeira de Pazos malia á paralización decretada pola Xunta a Twitter
Pazos30 de novembro de 2010. O concello de Padrón, desouvindo o requerimento de Augas de Galiza que lle insta a non dar licenza para a planta de formigón no polígono de Pazos, pretende dar licenza e consolidar as irregularidades administrativas cometidas na tramitación desta instalación. Augas de Galiza acordara abrir expediente sancionador a Xestur, concesionaria do polñígono, por recheos na zona de policía do río Sar. Alén disto, estas obras que afectan ao espazo protexido do LIC Ulla-Deza tampouco contaron co preceitivo informe de Conservación da Natureza nen con avaliación ambiental. A empresa, "Hormigones Taboadela", subministra formigón para as obras do ave e solicitou licenza para unha actividade "temporal", exactamente 23 meses, para eludir a obrigatoriedade da avaliación que fixa o Decreto 133/2008 (que substituiu ao RAMINP), necesaria se a fatoría vai ter unha actividade superior aos dous anos (24 meses). Alegacións_CEMENTEIRA_PAZOS (139 Kb)
Alén disto, o concello de Padrón non contemplaba a autorización para o uso como fábrica de formigón da parcela nº 78 no case baleiro polígono de Pazos. A sorprendente celeridade coa que estase a tramitar esta obra por parte do concello, a sospeitosa duración da actividade (23 meses), xusto 1 menos que e o preciso (24 meses) para pasar o trámite ambiental, e o expediente de Augas de Galiza, que deberían servir para que o concello de Padrón fixera caso á Xunta e denegara a licenza. Todo fai pensar, pois que estamos perante a tramitación irregular dunha actividade contaminante con vocación de permanencia en Pazos. Isto último deducímolo tamén do propio proxecto visado e presentado pola promotora, "Hormigones Taboadela, S. L,": "El objeto del presente proyecto es el diseño de cimentaciones en instalación temporal (para un año y once meses) de una planta de dosifixcación de áridos y cementos quedando prevista de conjunto de amasado para uso futuro".

ADEGA solicita á Xunta e ao concello de Padrón que respecten a lexislación de protección ambiental e a salvagarda da saúde pública, en troques de aproveitar fendas legais para "pontear" o procedemento e favorecer unha determinada actividade.
Finalmente, ADEGA expresa a súa solidariedade e apoio ás reivindicación dos veciños e veciñas de Pazos. Nen o AVE nen ningunha infraestrutura pode estar por riba do dereito á saúde a ao medio ambiente da cidadanía!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA