![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Profesores, investigadores e ecoloxistas solicitan a criazón do Parque Natural do Monte Pindo |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() Baixa a
![]() ![]() A concentración de numerosos valores naturais nun escaso terriorio e máis a súa idoenidade económica lévanos a propor a figura de Parque Natural para protexer a esta zona de actuacións inaxeitadas ou alteracións que podan perturbar os seus actuais valores naturais.
A figura de Parque Natural contempla destacadas inversións turísticas e ambientais e mesmo sociais non só no territorio do futuro Parque senón tamén na área de amortecemento que contemple as zonas poboadas que rodean ao monte. Estas importantes inversións así como a facilidade da promoción turística dun parque natural tan destacado suporá, no caso de facerse, un auténtico revulsivo económico na zona. Só hai que recordar que o Parque Natural de Corrubedo é hoxe un dos lugares máis visitados de Galiza e ademais unha das principais fontes de riqueza para os habitantes desa área.
O documento será presentado no Observatorio Galego da Biodiversidade que é o organismo consultivo axeitado para levar adiante esta iniciativa. Este organismo dependente da Dirección Xeral da Natureza da Consellería de Medio Rural, leva sen reunirse dende hai 2 anos, cando o Partido Popular chegou ao governo, sendo a última reunión presidida polo anterior Director Xeral de Conservación da Natureza da Xunta do bipartito, D. Benito Reza.
Por estes motivos os representantes ecoloxistas neste organismo (pertencentes a ADEGA e á Sociedade Galega de Historia Natural) queremos expresar o noso rotundo descontento pola desidia e parálise á que está sometido debido á carencia total e absoluta da Xunta de Galiza de políticas de Conservación da Natureza.
A creación deste Parque Natural é beneficioso ao mesmo tempo tempo para o medioambiente e para os habitantes do Norte do Concello de Carnota. Desta maneira o Observatorio Galego da Biodiversidade debe ser reunido o antes posible para estudar a solicitude aquí presentada.
-Juan Ramón Vidal Romaní, catedrático de Xeoloxía. Instituto Universitario de Xeoloxía, Universidade da Coruña (UAC)
-Elvira Sahuquillo Beltrán. Departamento de Bioloxia Animal, Vexetal e Ecoloxía. Universidade da Coruña (UAC)
-Marcelino Fuentes López. Departamento de Bioloxia Animal, Vexetal e Ecoloxía. Universidade da Coruña (UAC)
-Manuel Soto Castiñeira. Departamento de Física-Química. Universidade da Coruña (UAC). Director da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña.
-Javier Cremades Ugarte. Departamento de Bioloxia Animal, Vexetal e Ecoloxía. Universidade da Coruña (UAC) -Xosé Lois Rodríguez Suárez. Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo. Vicerreitor de Infraestructuras e Xestión Ambiental. Universidade da Coruña (UAC). -Enrique Martínez Ansemil. Departamento de Bioloxia Animal, Vexetal e Ecoloxía. Universidade da Coruña (UAC). -Ángeles Cid Blanco. Departamento de Bioloxía Molecular e Celular. Universidade da Coruña (UAC). -Ana María González Tizón. Departamento de Bioloxía Molecular e Celular. Universidade da Coruña (UAC). -Ana Insua Pombo. Departamento de Bioloxía Molecular e Celular. Universidade da Coruña (UAC). -Andrés Martínez Lage. Departamento de Bioloxía Molecular e Celular. Universidade da Coruña (UAC). -Julián Yáñez Sánchez. Departamento de Bioloxía Molecular e Celular. Universidade da Coruña (UAC). -Maria José González Fuentes. Departamento de Bioloxía Molecular e Celular. Universidade da Coruña (UAC). |