Adega
INICIO

Radio CERNA

radiocerna

Revista CERNA

Boton Cerna69

Outras publicacións

bannercadernos

Acceso restrinxido



A cidadanía aposta pola compostaxe mentres a Xunta persiste na incineración PDF Imprimir Correo-e
Envia A cidadanía aposta pola compostaxe mentres a Xunta persiste na incineración a FaceBookEnvia A cidadanía aposta pola compostaxe mentres a Xunta persiste na incineración a Twitter

compostaxebueuEste mércores 11 de maio instalouse unha nova área de compostaxe comunitaria no parque d'As Lagoas, no concello de Bueu, para tratar os residuos orgánicos dos veciños e veciñas do bairro e os restos de poda e sega dos parques. Con esta iniciativa a Mancomunidade do Morrazo e ADEGA pretendemos reducir a cantidade de residuos xerados, xestionalos no mesmo lugar onde se producen evitando o transporte e sensibilizar a poboación na reciclaxe de residuos así como implicala na resolución da problemática do lixo. Todo o contrario que a Xunta, que segue apostando pola incineración e vai reproducir o erro de SOGAMA cunha nova planta, ao parecer no concello de Dozón.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Participa nos concursos de fotografía e relatos curtos polo territorio! PDF Imprimir Correo-e
Envia Participa nos concursos de fotografía e relatos curtos polo territorio! a FaceBookEnvia Participa nos concursos de fotografía e relatos curtos polo territorio! a Twitter
concursosTMaio de 2011. Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, ADEGA convoca un concurso de fotografías e outro de relatos curtos coa intención de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego através da imaxe e da palabra. Ambos concursos están patrocinados pola Área de Cultura e Deporte de Vicepresidencia Primeira da Dep. de Lugo e contan coa colaboración das organizacións: AELG, AGAL, A MESA, ASPG, CIG, Nova Escola Galega, STEG, CCOO e UXT de Galiza. Baixa as bases do concurso FOTOGRAFÍA (165 Kb) e do de RELATOS CURTOS (189 Kb). Tedes até o 1 de xuño para enviar os orixinais.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ERVA e ADEGA rexeitan as batidas do xabarín en época de cría e na Rede Natura PDF Imprimir Correo-e
Envia ERVA e ADEGA rexeitan as batidas do xabarín en época de cría e na Rede Natura a FaceBookEnvia ERVA e ADEGA rexeitan as batidas do xabarín en época de cría e na Rede Natura a Twitter

batida

3 de maio de 2011. Os grupos ecoloxistas ERVA e ADEGA queremos denunciar ante a opinión pública a regresión en materia de política de xestión e conservación da fauna que supón, en primeiro lugar, a negativa da Xunta a compensar os danos do porco bravo e, en segundo lugar, o impulso da celebración de batidas para controlar a poboación desta especie en época de cría e mesmo dentro de zonas protexidas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
As claves para construír o territorio son: coñecelo en profundidade, valoralo e protexelo PDF Imprimir Correo-e
Envia As claves para construír o territorio son: coñecelo en profundidade, valoralo e protexelo a FaceBookEnvia As claves para construír o territorio son: coñecelo en profundidade, valoralo e protexelo a Twitter

CT_publicoLugo, 30 de abril de 2011. Clausúranse con éxito as Xornadas “Cultura e Territorio” de ADEGA, celebradas hoxe en Lugo e que están enmarcadas na campaña da organización ecoloxista en defensa do territorio “Ponte no medio. Móvete polo territorio”. No encontro participaron referentes de diferentes eidos culturais e sociais que sinalaron formas e proxectos de creación ou planificación territorial sustentábeis e alternativas ás fórmulas dominantes. O politólogo Carlos Taibo pronunciou unha conferencia sobre a "Teoría do Decrecemento" na que tamén se entende o Territorio e a Cultura como elementos indisolúbeis.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Xornadas "CULTURA E TERRITORIO" en Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia Xornadas "CULTURA E TERRITORIO" en Lugo a FaceBookEnvia Xornadas "CULTURA E TERRITORIO" en Lugo a Twitter
Xornadas-CTDentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, cuxo lanzamento tivo lugar o pasado 16 de abril en Santiago de Compostela,  ADEGA organiza a xornada “CULTURA E TERRITORIO”, contando co patrocinio da Área de Cultura e Deporte de  Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Será o sábado 30 de abril no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, sita na Rúa San Marcos, desde as 10 até as 20 horas. A Xornada “Cultura e Territorio” pretende trasladar á sociedade galega unha dobre mensaxe: debemos frear a desfeita territorial e procurar unha alternativa sustentable de ordenación, que conciba  o territorio como un valor patrimonial e cultural que debemos protexer. Baixa o Programa das Xormadas (0,4 Mb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A APLU paralisa a actividade de ERIMSA en Begonte por estar na Rede Natura PDF Imprimir Correo-e
Envia A APLU paralisa a actividade de ERIMSA en Begonte por estar na Rede Natura a FaceBookEnvia A APLU paralisa a actividade de ERIMSA en Begonte por estar na Rede Natura a Twitter
Erimsa_Begonte1Lugo, 5 de maio de 2011. A consecuencia dunha denuncia presentada por ADEGA en xuño de 2009, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística vén de emitir un Informe APLU dándonos a razón e recoñecendo que a actividade extractiva de ERIMSA en Begonte é ilegal por executarse sobre solo de especial protección de espazos naturais e no LIC Ladra-Parga-Támoga. Tamén recoñece o fallo que a empresa carece de autorización urbanística da Xunta e de licenza municipal para esta actividade. Por estes motivos, a APLU dispuxo a suspensión da actividade ordenando á empresa que, no prazo de tres meses, presente a oportuna solicitude de autorización ante a Xunta, por se a actividade puidera ser legalizable. ADEGA desbota esta posibilidade.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Plano Director de Acuicultura: as industrias apuntan e a Xunta dispara PDF Imprimir Correo-e
Envia Plano Director de Acuicultura: as industrias apuntan e a Xunta dispara a FaceBookEnvia Plano Director de Acuicultura: as industrias apuntan e a Xunta dispara a Twitter
2 de maio de 2011. O documento de inicio do Plano Director de Acuicultura é o instrumento legal que vai permitir á patronal do peixe plano asaltar a Rede Natura, comezando por Touriñán. Toda a costa é susceptíbel de albergar piscifatorías: non hai zonas de exclusión. A planificación resposta únicamente ás necesidades da industria e non as características e valores do medio receptor, o que queda demostrado ao comprobar que só os criterios técnicos (altura, distancia á costa, etc.) son os únicos excluintes, quedando a “adecuación económica, social e o potencial sostible” para un “segundo paso” como "recomendacións". Tendo en conta ademais que “o réxime de acceso á propiedade dos terreos corresponderá á iniciativa privada e que as actuacións levaranse a cabo por expropiación forzosa só no caso que sexa necesario” fica claro o sentido deste PDA: a industria propón e a administración dispón. Baixa as Achegas inicio PDA (147 Kb)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA inicia 6 novidosos programas de Compostaxe Comunitaria PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA inicia 6 novidosos programas de Compostaxe Comunitaria a FaceBookEnvia ADEGA inicia 6 novidosos programas de Compostaxe Comunitaria a Twitter
CC-tnCompostela, 27 de abril de 2011. Un paso adiante na xestión ecolóxica dos refugallos. Nas vindeiras semanas ADEGA vai encetar 6 proxectos de compostaxe comunitaria. Trátase de áreas de compostaxe instaladas en zonas públicas para asumir os residuos orgánicos procedentes das cociñas dos veciños e veciñas do barrio ou lugar e tamén os residuos vexetais dos parques. Instalaranse nos concellos de Santiago de Compostela, Fene, San Sadurniño, Cambre, Poio e Bueu. Estes programas supoñen unha aposta decidida pola redución, a compostaxe e a corresponsabilización da cidadanía na xestión dos refugallos, fronte á incineración e o despilfarro de recursos de SOGAMA que a actual Xunta teima en defender.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Chernobil, Fukushima... Nucleares peche xa! PDF Imprimir Correo-e
Envia Chernobil, Fukushima... Nucleares peche xa! a FaceBookEnvia Chernobil, Fukushima... Nucleares peche xa! a Twitter

25 de abril, 25 cabodano de Chernobil. Comunicado da Plataforma Antinuclear Estatal: A enerxía nuclear é incompatibel cun modelo enerxético ambientalmente sustentábel. Non é economicamente eficiente e non é socialmente xusta. Nen segura, nen limpa, nen barata. A energía nuclear xa demostrou ser un fracaso económico, tecnolóxico, ambiental e social, causando graves problemas á saude pública e ao medio: accidentes nucleares (tan graves como os de Chernobil e Fukushima), xeración de refugallos radiactivos imposíbeis de eliminar e especial contribución á proliferación das armas atómicas. O movemento antinuclear estatal solidarízase co pobo xaponés perante a traxedia que está a viver e esixe un calendario de peche urxente das centrais nucleares comezando por Garoña, amais da retirada do actual proceso de selección do emplazamento do ATC (Almacén Temporal Centralizado) coa apertura dun verdadeiro proceso democrático de participación pública.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 Seguinte > Final >>

Páxina 42 de 64

nonanosacosta

STOP glifosato nas estradas

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

Enquisas

A modificación da lei de Costas vai...
 

Coa axuda de:

Deputación da Coruña
Deputación de Lugo


ADEGA