Celebra con nós o solsticio de inverno na Eira da Xoana |
Dentro da programación de actividades, o próximo día 22 de decembro a partires das 17:30 celebraremos o solsticio de inverno.
PROGRAMACIÓN. Mércores 22 de decembro, Ramil (Agolada)
-Subida ao Cotón dos Fogos para localizar o punto exacto onde se deita o sol na noite máis longa do ano.
-Prendida de fachos, recital poético, música e foguetes para festexar que a luz vence ás tebras.
-Merenda-cea para celebrarmos o ano que comeza. Traede xantares para compartillar. A sidra está asegurada!
Quen estea interesada/o, chame aos teléfones: Máis información no blog d'A Eira da Xoana, o equipamento de ADEGA no Alto Ulla. |