25 de xaneiro de 2011. Conservación da Natureza (Medio Rural) através do servizo de caza e pesca pretende eliminar un dos escasos treitos de pesca libre sen morte de Galiza. Trátase dun treito de río de 6km no Alto Miño, nos concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, dentro da Reserva da Biosfera "Terras de Miño" e pertencente ao LIC Parga-Ladra-Támoga (Rede Natura 2000). Este feito, supón un paso atrás no fomento da pesca sustentábel por parte da administración galega, que teima en satisfacer os intereses dos sectores máis cavernícolas do lobby da escopeta e do anzol. ADEGA apoia as reivindicacións de AEMS-Ríos con Vida a prol de iniciativas que fomenten a pesca sustentábel. Esta modalidade diminúe o impacto do furtivismo e as redes ilegais de comercialización, contribúe ao mantemento das poboacións autóctonas de peixes e milora o grao de responsabilidade ambiental dos pescadores.
|