Adega
INICIO Últimas novas Este 22 de abril, Día da Terra, MÓVETE POLO TERRITORIO!
Este 22 de abril, Día da Terra, MÓVETE POLO TERRITORIO! PDF Imprimir Correo-e
Envia Este 22 de abril, Día da Terra, MÓVETE POLO TERRITORIO! a FaceBookEnvia Este 22 de abril, Día da Terra, MÓVETE POLO TERRITORIO! a Twitter
eu_movomeCada 22 de abril dende 1970 celébrase o Día da Terra para lembrar a nosa responsabilidade social no coidado e protección do planeta. Este día ADEGA proponvos participar nunha acción en rede para reclamar a protección do noso territorio: paisaxes, bosques, rías, patrimonio cultural, biodiversidade... Fronte á cobiza sen límite dos especuladores e o desleixo das administracións que están a provocar a degradación acelerada do territorio, a cidadanía debe recuperar o protagonismo na defensa da nosa terra. Cada día somos máis os/as que non queremos ficar impasíbeis fronte ás desfeitas. Este 22 de abril, descarrega a túa FAIXA (100 Kb) e faite unha foto fronte a unha paisaxe especial, unha desfeita que queiras denunciar ou calquera outro lugar co que te sintas comprometido/a ou identificado/a. No Día da Terra, PONTE NO MEDIO, MÓVETE POLO TERRITORIO!

Moitos/as de vós aproveitaredes estas feiras para revisitar aqueles lugares cos que vos sentides identificados/as. Talvez comprobedes que xa non eran como lembrades, e ese bosque, río ou praia está a acusar os efectos de actividades agresivas ou intervencións pouco afortunadas. Hai centos de casos polo país adiante e cada un supón a perda dun patrimonio único (ambiental, cultural...) por veces imposíbel de recuperar. Ti podes facer ouvir a túa voz e a túa denuncia e xuntala coa de outras moitas persoas nun berro común polo territorio.

Como participar?

1. Descarrega e imprime a túa FAIXA (100 KB) (versión JPEG)
2. Achégate a un lugar co que te sintas especialmente comprometido/a (paisaxe, praia, río, monte...) ou desfeita que queiras denunciar e compartillar con todos/as.
3. Faite unha foto coa faixa (inclúe amigos/as cans, ou o que che pete).
4. De volta a casa, envías a foto por mail  a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Na web de ADEGA e na nosa conta de Picasa habilitaremos unha galería pública na que poderedes ver todas as fotos que mandedes. Non hai prazo límite para enviar as fotos: a Campaña en Defensa do Territorio, na que se enmarca esta actividade, ten vocación de continuidade e desenvolverase ao longo dos vindeiros meses. Coas fotos, compoñeremos un "patchwork", para ter unha imaxe coral da situación e problemáticas particulares do noso territorio.

Fagamos ouvir as nosas voces en defensa da Terra: MÓVETE POLO TERRITORIO!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA