Adega
INICIO Novas Xornadas "CULTURA E TERRITORIO" en Lugo
Xornadas "CULTURA E TERRITORIO" en Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia Xornadas "CULTURA E TERRITORIO" en Lugo a FaceBookEnvia Xornadas "CULTURA E TERRITORIO" en Lugo a Twitter
Xornadas-CTDentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, cuxo lanzamento tivo lugar o pasado 16 de abril en Santiago de Compostela,  ADEGA organiza a xornada “CULTURA E TERRITORIO”, contando co patrocinio da Área de Cultura e Deporte de  Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Será o sábado 30 de abril no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, sita na Rúa San Marcos, desde as 10 até as 20 horas. A Xornada “Cultura e Territorio” pretende trasladar á sociedade galega unha dobre mensaxe: debemos frear a desfeita territorial e procurar unha alternativa sustentable de ordenación, que conciba  o territorio como un valor patrimonial e cultural que debemos protexer. Baixa o Programa das Xormadas (0,4 Mb)

O acto contará con tres mesas de debate nas que se analizarán a relación da tradición oral, da cultura galega e da arquitectura co territorio galego. Na primeira das mesas-coloquio, dedicada á tradición oral, intervirán voceiros do proxecto educativo Ponte nas Ondas, do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca e o escritor e investigador da mitoloxía popular, Antonio Reigosa. A relación entre a cultura galega e o territorio será tratada polo experto en filoloxía medieval Ricardo Polín, o coordenador do Proxecto Terra, Xoan Manuel Rosales, e a autora de “Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio”, María López. Por último, na mesa sobre arquitectura e territorio participarán especialistas recoñecidos neste eido como os catedráticos en arquitectura Manuel Gallego Jorreto e Pascuala Campos Michelena, e dous dos coordinadores  do proxecto “A Cidade dos Barrios” da Coruña promovida polo Colexio de Arquitectos de Galicia.

A mestra de música tradicional, Branca Villares, e os arquitectos Carlota Eirós e Alberte González encargaranse de  moderar as respectivas mesas de debate.

Ás 12.30 horas, o politólogo galego e profesor titular de Ciencias Políticas e Administración da Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo, dará unha  conferencia sobre a ”Teoría do decrecemento”.

Para máis información, tfno: 982240299.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA