Participa nos concursos de fotografía e relatos curtos polo territorio! |
Maio de 2011. Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, ADEGA convoca un concurso de fotografías e outro de relatos curtos coa intención de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego através da imaxe e da palabra. Ambos concursos están patrocinados pola Área de Cultura e Deporte de Vicepresidencia Primeira da Dep. de Lugo e contan coa colaboración das organizacións: AELG, AGAL, A MESA, ASPG, CIG, Nova Escola Galega, STEG, CCOO e UXT de Galiza. Baixa as bases do concurso FOTOGRAFÍA (165 Kb) e do de RELATOS CURTOS (189 Kb). Tedes até o 1 de xuño para enviar os orixinais.
Estes concursos pretenden facer participativa á cidadanía galega na reivindicación dunha ordenación territorial sustentábel na que se freen as ansias especulativas dos poderes privados sobre o territorio en conivencia coa administración pública, e na que se propoñan alternativas máis coherentes coa defensa ambiental, coa cohesión social e coa posta en valor do noso patrimonio cultural. “FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO” As fotografías deberan ter como obxecto mostrar os efectos de actividades humanas que supoñen unha agresión ao noso país xa sexa contra o patrimonio, a cultura, a paisaxe ou a identidade territorial. Tamén se poden enviar fotografías que amosen exemplos de posta en valor do territorio. Cada participante poderá presentar como máximo un total de 4 fotografías cos seus datos persoais e a localización xeográfica das imaxes, que poderán ser enviadas a ADEGA através do e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Establécense dúas categorías de participación: a xuvenil, ata os 16 anos, e a de adultos/as, para maiores de 16 anos. O prazo para presentar as fotografías remata o día 1 de xuño do 2011. “O LUGAR ONDE VIVO” Os relatos curtos poderán ser historias fantásticas, feitos reais ou experiencias propias sempre e cando o eixe do relato xire arredor das visións que a poboación galega ten sobre o lugar no que vive; como é, como foi, como quixeramos que fose, a importancia da súa conservación, as agresións sufridas polo mesmo, etc. Cada participantes poderá presentar un máximo de 2 relatos inéditos en lingua galega, que terá que enviar por correo postal ao enderezo de ADEGA Lugo (Ronda das Fontiñas180 entrechán, 27002 Lugo). Para esta convocatoria tamén se establecen as categorías xuvenil e a adulto/a e o prazo límite de presentación das obras remata o día 1 de Xuño de 2011. Coa axuda de: |