Adega
INICIO Últimas novas O CLIMA NON ESTÁ Á VENDA: andaina polo clima de Meirama a Sogama
O CLIMA NON ESTÁ Á VENDA: andaina polo clima de Meirama a Sogama PDF Imprimir Correo-e
Envia O CLIMA NON ESTÁ Á VENDA: andaina polo clima de Meirama a Sogama a FaceBookEnvia O CLIMA NON ESTÁ Á VENDA: andaina polo clima de Meirama a Sogama a Twitter

Para comemorar o Día da Terra (22 de abril), este vindeiro sábado 24 de abril, a partires das 17h, diversas organizacións ecoloxistas galegas convocamos unha ANDAINA POLO CLIMA baixo o lema "O CLIMA NON ESTÁ Á VENDA". Será en Cerceda, e o percorrido irá dende a central térmica de Meirama (Gas Natural-Unión Fenosa) até as portas da incineradora de SOGAMA (Xunta de Galiza-G.N.-U. Fenosa). Comemora o Día da Terra participando nesta andaina en defensa do noso ambiente! Vídeo do acto (grazas Bocixa)

Ao longo do percorrido, faranse 4 paradas para escenificar unha problemática relacionada coa mudanza climática e as solucións que propoñemos os grupos ecoloxistas:

-Parada 1. Alimentación: para subliñar o insustentábel do actual modelo industrial de produción e transporte de alimentos e as alternativas que para nós pasan por desenvolver e garantir a soberanía alimentar dos pobos, a agroecoloxía, a agricultura de proximidade e a produción biolóxica de alimentos.

-Parada 2. Transporte: moitas emisións de GEIs veñen do transporte por estrada e maítimo baseado no consumo de combustíbeis fóseis. Propugnamos un cambio de modelo baseado no transporte público, na intermodalidade, no ferrocaril de proximidade e nos sistemas non contaminantes.

-Parada 3. Térmicas de carbón: este tipo de electricidade é a máis perxudicial para o clima e a súa produción é en gran parte responsábel do cambio climático. As nosas alternativas pasan por diminuir o consumo enerxético, aumentar a eficiencia e promover as renovábeis como alternativas ás enerías suxas (incluida a nuclear).

-Parada 4. Residuos: a incineración de RSUs e un sistema tan ineficiente e contaminante como unha central térmica convencional. O actual modelo SOGAMA é insustentábel por contaminante, antiecolóxico, caro, insolidario e inxusto. Apostamos por unha forte redución na produción de residuos, pola reciclaxe e a compostaxe da materia orgánica en plantas descentralizadas e con tecnoloxías brandas.

Finalmente, darase lectura ao un MANIFESTO a cargo da escritora Teresa Moure.

Haberá transporte en autobús de balde dende Santiago a Cerceda e volta que sairá dende a igrexa do Pilar (a carón da Alameda) ás 15:45.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA