Adega
INICIO Novas de EA Segunda quenda do Campamento de Voluntariado Ambiental do río Tea
Segunda quenda do Campamento de Voluntariado Ambiental do río Tea PDF Imprimir Correo-e
Envia Segunda quenda do Campamento de Voluntariado Ambiental do río Tea a FaceBookEnvia Segunda quenda do Campamento de Voluntariado Ambiental do río Tea a Twitter
gardarrios_xan.jpg23, 24 e 25 de abril. Neste ano 2010, en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e dentro do programa de Voluntariado en Ríos, continuaremos celebrando durante catro fins de semana de 2010 un campamento de voluntariado no río Tea. Nel realizaranse accións encamiñada a eliminar flora exótica e invasora. Para a realización das actividades o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, material de inspección, guías de campo, etc) así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivo. Durante os catro turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no albergue Alentea, en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea). Para os desprazamentos empregarase un autobús, posto pola coordenación do proxecto.

Esta fin de semana (23, 24 e 25 de abril) realizaremos a segunda quenda do IV Campo de Voluntariado Ambiental. O Campamento é gratuíto e hai un número limitado de prazas en cada turno. Se estás interesada/o en participar, xunta a preinscrición e envíaa a coordinación do Proxecto Ríos: Inscrición IV campo río Tea.doc

Proxecto Ríos

Travesa de Basquiños, 9 Baixo, 15704 Santiago de Compostela

Teléfono fixo/Fax: 981 570099 / Teléfono móbil: 650 261 283

A PROGRAMACIÓN da segunda quenda do campamento será:

VENRES
23

mañá

tarde




18:00 h
Recepción (albergue)
19:00 h
Presentación do PR

19:30 h
Presentación e Formación do Programa do Tea
21:00
Cea
22:00
Tempo de lecer

SÁBADO

24

mañá
tarde
09:00
Almorzo
16:30-20:00
Traballos de campo
10:00-13:30
Traballos de campo
20:30
Regreso ao albergue
14:00
Xantar
21:00
Cea
15:00-16:30
Descanso
22:00
Roteiro nocturno

DOMINGO

25

mañá
tarde
10:00
Almorzo
16:30-18:00
Itinerario guiado
10:30-13:30
Posta en común e avaliación
18:30
Volta
14:00
Xantar


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA