Adega
INICIO

Radio CERNA

radiocerna

Revista CERNA

Boton Cerna69

Outras publicacións

bannercadernos

Acceso restrinxido



A Xunta autorizou a COSMOS a converterse nunha incineradora encuberta “ponteando” a lei e burlando as sentenzas do TSXG PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta autorizou a COSMOS a converterse nunha incineradora encuberta “ponteando” a lei e burlando as sentenzas do TSXG a FaceBookEnvia A Xunta autorizou a COSMOS a converterse nunha incineradora encuberta “ponteando” a lei e burlando as sentenzas do TSXG a Twitter

cosmosasasina5 de setembro de 2012. A documentación que COSMOS apresentou para anovar a AAI (Autorización Ambiental Integrada) da súa cementeira do Oural, está deparando preocupantes sorpresas: Sorprende que a Xunta autorizara á empresa a queimar primeiro lamas de depuradora (maio de 2010), despois restos de coches, residuos urbanos e industriais (xullo de 2011) e finalmente rodas (maio de 2012), convertendo a COSMOS nunha SOGAMA bis. Sorprende tamén que a Sec. Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considerara “modificacións non substanciais” que unha cementeira pase a queimar materiais que son fonte de dioxinas, furanos, PCBs, HAPs e metais pesados, coa fin de eludir a Lei 16/2002 (IPPC). E sorpresa é tamén que unha administración sexa cómplice do incumprimento dunha sentenza do TSXG que declarou ilegal a queima de pneumáticos por COSMOS no centro do Oural, ao considerala actividade molesta, insalubre, nociva e perigosa. O que xa non sorprende tanto é ver á Xunta novamente do lado dos contaminadores antepoñendo o beneficio privado á saúde ambiental e cidadá.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Trasvase Meirama-Cecebre: Troco de cromos entre a Xunta e o concello da Coruña con "pelotazo" hidroeléctrico PDF Imprimir Correo-e
Envia Trasvase Meirama-Cecebre: Troco de cromos entre a Xunta e o concello da Coruña con "pelotazo" hidroeléctrico a FaceBookEnvia Trasvase Meirama-Cecebre: Troco de cromos entre a Xunta e o concello da Coruña con "pelotazo" hidroeléctrico a Twitter
Foto: AEMS-Ríos con Vida30 de agosto de 2012. Un recentepdfconvenio asinado entre Augas de Galiza e o Concello da Coruña para a xestión e explotación do encoro de Cecebre, destapa o incumprimento continuado durante 40 anos das obrigas ambientais do concello e a connivencia da Xunta coas empresas hidroeléctricas. Mediante este convenio, o concello da Coruña financiará as obras de ampliación da captación de Cecebre e a cambio Augas cederalle a xestión do encoro. A Xunta acometerá tamén a construción dun "dispositivo de remonte" para cumprir coas condicións fixadas ao concello... en 1973! Isto significa que o concello da Coruña incumpríu a concesión de xeito continuado durante 40 anos ao manter "curtocircuitado" o Mero, perxudicando o seu estado ecolóxico. Alén disto, a auga que chegará de Meirama non só levará da man unha minicentral senon dúas: En Cecebre, hai unha concesión de 1998 a "Minicentrales Hidroeléctricas de Galicia S.L.", empresa sen actividade até que en 2009 coincidindo co enchido da balsa de Meirama, "resucita" e apresenta o proxecto de explotación. Esta empresa, como revelou un xornal local, está participada maioritariamente pola familia da actual concelleira de Cultura de A Coruña, e ten o seu domicilio social na mesma ubicación que as ducias de empresas que montou Castro Valdivia, imputado na trama das minicentrais. 
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Centos de cartuchos con chumbo contaminan o Ulla e ameazan a seguridade e a saúde PDF Imprimir Correo-e
Envia Centos de cartuchos con chumbo contaminan o Ulla e ameazan a seguridade e a saúde a FaceBookEnvia Centos de cartuchos con chumbo contaminan o Ulla e ameazan a seguridade e a saúde a Twitter

Mapaimpactos27 de agosto de 2012. Os perdigóns provintes dun campo de tiro en Herbón caen por milleiros ao río Ulla, contaminando con metais pesados este espazo da Rede Natura do que se abastece a cidadanía da contorna de Padrón e do Barbanza. Dase a circunstancia de que os proxectís impactan tamén nunha zona recreativa do río usada por bañistas e practicantes de deportes acuáticos que corren o risco de ser alcanzados polos perdigóns. Sorprendentemente, o uso de munición con chumbo nos humidais e espazos protexidos galegos non é ilegal: Unicamente os perdigóns de chumbo (non as postas nen as balas) están prohibidos, só en determinados espazos e para o exercicio da caza (non se di nada do tiro). Con estes buracos na lexislación, toneladas de chumbo son vertidas cada ano nos nosos espazos protexidos. Só para o xabarín, a tempada pasada realizáronse 14.720 batidas...

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Unha balsa mineira conectada á Rede Natura para abastecer á Coruña ou unha minicentral camuflada? PDF Imprimir Correo-e
Envia Unha balsa mineira conectada á Rede Natura para abastecer á Coruña ou unha minicentral camuflada? a FaceBookEnvia Unha balsa mineira conectada á Rede Natura para abastecer á Coruña ou unha minicentral camuflada? a Twitter

balsameirama20 de agosto de 2012. A Xunta ten a exposición pública o proxecto "Abastecimiento del área metropolitana de A Coruña a partir del lago artificial de la central de Meirama" (sic) (PDF 119MB) co que pretende "reforzar a capacidade de subministro" ante a demanda de auga da Coruña. Para iso, a Xunta quere "pinchar" a balsa mineira de Meirama e conectala co río Barcés, que desemboca no encoro de Cecebre mediante un túnel de 1,4 km. Isto é, conectar unha balsa mineira cun LIC da Rede Natura através dun río usado como sumidoiro. Máis aló da peregrina xustificación do proxecto (aforro e a eficiencia deberan ser prioritarias fronte a novas captacións) resulta curioso que a Xunta considere unha balsa mineira de augas ácidas pobres en osíxeno como unha infraestrutura de subministro. E máis aínda que para conectala ao río que pasa ao seu carón fagan un túnel de 1,4Km. A cuestión claréxase ao comprobarmos que o proxecto trae tamén da man unha minicentral: mais non era que o Plano Hidrolóxico desbotaba novos aproveitamentos hidroeléctricos nos nosos ríos? NOTICIA CENSURADA EN LVG

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Lumes máis rápidos, máis altos e máis fortes coa nova Lei de Montes do PP PDF Imprimir Correo-e
Envia Lumes máis rápidos, máis altos e máis fortes coa nova Lei de Montes do PP a FaceBookEnvia Lumes máis rápidos, máis altos e máis fortes coa nova Lei de Montes do PP a Twitter
EFFIS-valdeorras13 de agosto de 2012. A recente Lei de Montes de Galiza aprobada en solitario polo PP sen consenso e contra o criterio do Consello Económico e Social, pon as bases para que os incendios sexan máis frecuentes, extensos, intensos e perigosos en Galiza. Ao modificar pola porta de atrás a lei de prevención contra os lumes de 2007, facilitar a extensión das pirófitas, introducir a especulación no monte e reducir ao mínimo o papel da administración, a Feijóo xa só lle queda o populismo das medidas penais e... confiar na meteoroloxía e na providencia. O desleixo e o pasotismo olímpico da Xunta co noso medio rural provocarán lumes de récord: máis rápidos, altos e fortes. Porque os montes tamén arden cando as institucións os abandonan, a Alianza por un Mundo Rural Galego Vivo convoca unha CONCENTRACIÓN este mércores 15 de agosto ás 12h no Barco de Valdeorras diante da casa Grande de Viloria.  censuraxuntatn
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Axudas para contaminar: A cementeira de COSMOS volverá a emitir dioxinas cunha subvención da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia Axudas para contaminar: A cementeira de COSMOS volverá a emitir dioxinas cunha subvención da Xunta a FaceBookEnvia Axudas para contaminar: A cementeira de COSMOS volverá a emitir dioxinas cunha subvención da Xunta a Twitter

oural29 de agosto de 2012. A cementeira COSMOS no Oural (Sarria) pretende voltar a queimar pneumáticos logo de que hai 6 anos, unha sentenza do TSXG tras denuncias da veciñanza e ADEGA, prohibira esta práctica por molesta, insalubre, nociva e perigosa. A derrogación do RAMINP e a súa substitución polo Decreto 133/2008 de Incidencia Ambiental suprimíu a distancia cautelar de 2000m das instalacións contaminantes aos núcleos habitados, principal argumento do TSXG para impedir a COSMOS queimar rodas e outros plásticos. Quedou ao abeiro da Xunta decidir se esta actividade debe someterse ao trámitre de incidencia ambiental e, no seu caso, emitir autorización. Malia a que non figura publicada ningunha resolución neste sentido (COSMOS aínda ten pendente a renovación da Avaliación Ambiental Integrada), a empresa anunciou a súa intención (non sabemos se xa o fai) de voltar a queimar pneumáticos, fonte de dioxinas, furanos, PCBs e HAPs, substancias altamente canceríxenas. Curiosamente, a excusa de COSMOS é millorar a "eficiencia enerxética", xusto para o que a Xunta acaba de concederlle unha subvención de 18.000€

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA, Verdegaia e a SGHN cuestionan a calidade das augas que enchen a antiga mina das Pontes PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA, Verdegaia e a SGHN cuestionan a calidade das augas que enchen a antiga mina das Pontes a FaceBookEnvia ADEGA, Verdegaia e a SGHN cuestionan a calidade das augas que enchen a antiga mina das Pontes a Twitter

pHregobalsa23 de agosto de 2012. A inauguración do mal chamado “lago de As Pontes”, en realidade unha balsa mineira, amosa numerosas incertidumes e máis que posíbeis riscos para a saúde e o ambiente. Para ADEGA, Verdegaia e SGHN a recente autorización do baño nestas augas resulta sorprendente, por canto Augas de Galiza continúa sen propocionar datos sobre a súa calidade. Esta información, imprescindíbel para avaliar o estado da balsa e, consecuentemente, os posíbeis riscos ambientais e cidadás, foille solicitada até catro veces ao longo deste último ano á Consellería de Medio Ambiente e segue sen aparecer na súa web. Cais son as razóns desta ocultación deliberada?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA expresa o seu pesar polo pasamento de Avelino Pousa Antelo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA expresa o seu pesar polo pasamento de Avelino Pousa Antelo a FaceBookEnvia ADEGA expresa o seu pesar polo pasamento de Avelino Pousa Antelo a Twitter
Na mañanciña do 20 de agosto finou Avelino Pousa Antelo. Co seu pasamento vaise o derradeiro representante dunha xeración de galeguistas que malia ao golpe de estado fascista, a guerra, o exilio e a represión souberon e dar a Galiza cultura, emprego, benestar e innovación. D. Avelino destacou no eido agronómico e foi promotor do cooperativismo agrogandeiro, levando sempre o seu compromiso coa nosa cultura e lingua ben presente até o último momento. Memorábel o seu discurso na gran manifestación de Queremos Galego do outono de 2009 contra os ataques da Xunta á nosa lingua, cando aos seus 95 anos, cunha dignidade abraiante e dende a súa serena rebeldía dixo: "Se fai falta que nos xuntemos aquí periodicamente para cantarlle as corenta a eses galegos arrecastados, non cabe duda que o faremos". Neste día dende ADEGA queremos expresar á familia de D. Avelino e por extensión ao pobo galego o noso profundo pesar. AVELINO POUSA ANTELO, PATRIOTA GALEGO BO E XENEROSO! Artigo de Adela Figueroa: "Avelino, Lucho do Peto. Um innovador no campo da agricultura".
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Desbroces con maquinaria pesada en numerosos espazos protexidos do litoral PDF Imprimir Correo-e
Envia Desbroces con maquinaria pesada en numerosos espazos protexidos do litoral a FaceBookEnvia Desbroces con maquinaria pesada en numerosos espazos protexidos do litoral a Twitter

DesbrocesValdovinho9 de agosto de 2012. Coa chegada do verán a administración quere poñer o litoral "bonito" para os bañistas. E para iso, Xunta e Costas do Estado non dubidan en pasar a desbrozadora polos espazos costeiros máis valiosos e protexidos arramplando con hábitats prioritarios e especies en perigo de extinción. Todo para que a costa quede como a campiña inglesa. Dende o Parque Nacional das Ilas Atlánticas, pasando polo LIC de Corrubedo, Costa da Morte, Costa Ártabra... practicamente non queda litoral protexido sen rozar. Curiosamente, estas practicas contradín as recomendacións do Plano Director da Rede Natura, contribúen a degradar a nosa biodiversidade máis fráxil e mesmo favorecen a introdución de especies exóticas e invasoras. Para mostra a lagoa da Frouxeira: 5 figuras de protección ambiental non impediron que a Xunta pasara as máquinas sobre hábitats prioritarios e especies en perigo de extinción. A Xunta xustifica estas prácticas (perpetradas sen informe técnico algún) por razón de "seguridade e salubridade" e di descoñecer a existencia dos hábitats e especies afectadas, malia a figuraren nos seus catálogos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 19 de 64

nonanosacosta

STOP glifosato nas estradas

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

Enquisas

A modificación da lei de Costas vai...
 

Coa axuda de:

Deputación da Coruña
Deputación de Lugo


ADEGA