![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Trasvase Meirama-Cecebre: Troco de cromos entre a Xunta e o concello da Coruña con "pelotazo" hidroeléctrico |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() ![]() ![]() O previsto trasvase da auga dende a balsa mineira de Meirama ao encoro de Cecebre, camuflado como "millora" do abastecemento de auga á Coruña, ven con dúas minicentrais debaixo do brazo. Unha, a que aparece no proxecto para o río Barcés, que turbinaría a auga da balsa mediante un túnel de 1,4 km, sen adxudicatario coñecido (a menos que a Xunta rescate a concesión que no seu día outorgou a "Hidroeléctrica del Arnoya", propiedade da familia de Francisco Vázquez e Fontenla). A outra estaba prevista nunha concesión de 1998 á empresa "Minicentrales Hidroeléctricas de Galicia S.L." para turbinar o Mero ao pé do encoro de Cecebre e que até o de agora non se executou. Ao parecer, este proxecto mantívose inactivo até que, coincidindo coa idea de Fenosa de "rexenerar" o oco mineiro de Meirama enchéndoo de auga, a concesionaria presentou o proxecto de execución. A este respeito, tendo en conta que dende que se aprobou a concesión administrativa a "Minicentrales Hidroeléctricas de Galicia S.L." (1998) até que se apresenta o proxecto da obra (2009) pasaron 11 anos, esta concesión xa debera ter caducado. O prazo que a administración dá á concesionaria para executar o proxecto non adoita ser superior a 4 anos. Pasado este sen ter feito a obra, a concesión pode -e debe- ser declarada caduca. Como é que fronte e este máis que probábel incumprimento das cláusulas da concesión a Xunta tramita agora o proxecto? Mais non é esta a única irregularidade detectada no asunto do trasvase Meirama-Cecebre. Como o volume do encoro de Cecebre veriase incrementado coas achegas da balsa mineira, habería que facer obras na captación de auga que a Coruña ten neste encoro para aumentar a capacidade de subministro. Para iso, Augas de Galicia vén de Para ADEGA, este polémico proxecto está destapando un cúmulo de irregularidades manifestas, intereses escuros e turbios manexos por parte das administracións públicas que, independentemente dos obxectivos declarados, teñen como claras beneficiarias a empresas hidroeléctricas adxudicatarias das concesións do fraguismo. |