Adega
INICIO

Radio CERNA

radiocerna

Revista CERNA

Boton Cerna69

Outras publicacións

bannercadernos

Acceso restrinxido



A Rede Natura, o novo polígono industrial de Feijóo PDF Imprimir Correo-e
Envia A Rede Natura, o novo polígono industrial de Feijóo a FaceBookEnvia A Rede Natura, o novo polígono industrial de Feijóo a Twitter

Tamega7 de agosto de 2012. O documento definitivo do Plano Director da Rede Natura 2000 confirma as intencións da Xunta de "recurtar" tamén o patrimonio natural galego. Un documento que chega con 7 anos de retraso e que pretende, tralo verniz dunha falsa protección ambiental, "abrir o melón" da especulación nas 390.000 hectáreas da RN2000, a máis cativa en porcentaxe do estado. A Xunta abusa da discrecionalidade e das excepcións para permitir, por exemplo, construir piscifatorías, incineradoras, autoestradas, concentracións parcelarias e aumentar a edificabilidade nun 50% nas zonas de protección (26,4% do total). Para o resto da RN, practicamente hai barra libre: Plantacións de eucaliptos, queimas de montes, caza, rallys, introdución de especies exóticas ou transxénicas poden ser declaradas pola Xunta "compatíbeis" cos obxectivos de conservación destes espazos. Nen sequera os parques eólicos e encoros están excluidos: permítese unha ampliación de facto vía "modernización" e mesmo a minaría a ceo aberto, en teoría prohibida, pode seguir abrindo buracos en Rede Natura xa que fican excluídas da prohibición non só ás explotacións xa outorgadas senón tamén ás solicitadas. Na foto, un "depósito temporal" de vidro en pleno LIC Río Támega: un hábitat protexido reconvertido en polígono industrial.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta a piques de conquerir o seu obxectivo de exterminar o lobo no Barbanza PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta  a piques de conquerir o seu obxectivo de exterminar o lobo no Barbanza a FaceBookEnvia A Xunta  a piques de conquerir o seu obxectivo de exterminar o lobo no Barbanza a Twitter

3 de agosto de 2012. Coa excusa dos danos primeiro e dos híbridos despois, a Xunta levou a cabo no Barbanza unha auténtica campaña de exterminio do lobo perfectamente planificada e orquestada, que tivo como resultado a eliminación case completa desta especie. Coa axuda inestimábel de cazadores e gandeiros sen escrúpulos e a complicidade dalgúns funcionarios que por veces actúan máis como "secretarios" ao estilo das monterías franquistas que como valedores da nosa fauna, estimamos que entre 2011 e 2012 foron abatidos entre 25 e 30 lobos, a gran maioría exemplares puros. Porén, a Xunta só recoñeceu no Barbanza 4 mortes en 2011 e ningunha en 2012, logo de 3 batidas "oficiais" (e ducias de agardos "extraoficiais") segundo informou o Valedor ao que acudíu ADEGA en amparo polo escurantismo da Xunta. O balanzo: Lobatos de 3 e 4 meses masacrados, lobos decapitados e tráfico de trofeos, lazos ilegais, corrupción, desleixo e incompetencia institucional... Mentres, ducias de poldros morrerán de fame este ano nos montes do Barbanza ou liquidados polos concellos se os gandeiros non os sanean e identifican co microchip

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Asina a ILP contra a incineración e pola aplicación efectiva dos 3R PDF Imprimir Correo-e
Envia Asina a ILP contra a incineración e pola aplicación efectiva dos 3R a FaceBookEnvia Asina a ILP contra a incineración e pola aplicación efectiva dos 3R a Twitter
Dende mediados de xullo está en marcha a recollida de sinaturas dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) para a APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA. Promovida por unha manchea de organizacións ecoloxistas e sociais galegas, entre as que está ADEGA, o obxectivo é dar forza xurídica á reciclaxe, desbotar a incineración que pretende o PP e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade dunha xestión correcta e sustentábel dos seus residuos. Para o seu debate no Parlamento, debemos recoller un mínimo de 15.000 sinaturas en 4 meses. Se eres eleitor/a en Galiza, podes asinar esta iniciativa e/ou colaborar na difusión e recollida dos pregos da campaña. Para isto, podes poñerte en contacto connosco através dos enderezos que atoparás máis abaixo. Indicarémosche a delegación de ADEGA ou colectivo máis próximo ao teu domicilio para facilitarche a sinatura.
Fai ouvir a túa voz para rematar coa incineración! Preme para informarte sobre como colaborar.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A nova lei de montes desprotexe os montes e as persoas contra os lumes forestais e a especulación PDF Imprimir Correo-e
Envia A nova lei de montes desprotexe os montes e as persoas contra os lumes forestais e a especulación a FaceBookEnvia A nova lei de montes desprotexe os montes e as persoas contra os lumes forestais e a especulación a Twitter

monte queimado24 de xullo de 2012. Onte saíu publicada no DOG a nova Lei de montes de Galiza, que entrará en vigor no mes de agosto. ADEGA manifesta o seu pesar pola aprobación desta normativa que vai supoñer un importante retroceso para o desenvolvemento rural do noso país desde unha perspectiva integral, sostíbel e multifuncional.Para ADEGA esta normativa está feita por e para a industria forestal e enerxética, e non para os cidadáns, ademais de ser fortemente regresiva: rebaixa as distancias de seguridade contra os lumes forestais e incentiva de novo o monocultivo de plantas pirófitas, como o eucalipto e o piñeiro.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA considera inmoral que a Xunta alente á acuicultura industrial a especular coa Rede Natura PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA considera inmoral que a Xunta alente á acuicultura industrial a especular coa Rede Natura a FaceBookEnvia ADEGA considera inmoral que a Xunta alente á acuicultura industrial a especular coa Rede Natura a Twitter

pescaxunta2

Compostela, 20 de xullo de 2012. Ante o anuncio do conselleiro de Medio Ambiente de que as empresas de acuicultura van poder instalarse en áreas protexidas como Rede Natura dacordo co Plano Director da Rede Natura, ADEGA advírtelle á Xunta que está a promover, non só actuacións contrarias á lexislación ambiental, senón atentados contra recursos fundamentais para a calidade de vida da poboación e a sustentabilidade futura do litoral galego. É unha inmoralidade alentar ás empresas de acuicultura a especular cos espazos protexidos, degradar uns bens naturais que son de todos e todas para beneficio de moi poucos, e agraviar aos propietarios dos terreos protexidos que ata o momento se lles impediu desenvolver neles calquera outra actividade que non fose a tradicional. A nova non cae por sorpresa para ADEGA, pola desregulación territorial que o país leva sufrindo desde a chegada do goberno de Alberte Núñez Feixóo e pola pouca sensibilidade ambiental e social que os responsables deste Executivo xa teñen demostrado noutras etapas de goberno. Desde ADEGA, manifestamos a nosa intención de seguir traballando para que os plans da Xunta de entregar os espazos protexidos ao capital privado e especulador non cheguen a bo fin.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A plataforma "Muralla Viva" denuncia o uso do glifosato pola Xunta para "limpar" a muralla de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia A plataforma "Muralla Viva" denuncia o uso do glifosato pola Xunta para "limpar" a muralla de Lugo a FaceBookEnvia A plataforma "Muralla Viva" denuncia o uso do glifosato pola Xunta para "limpar" a muralla de Lugo a Twitter

glifosatomurallaLugo, 2 de agosto de 2012. A recentemente constituída Plataforma Muralla Viva, integrada por A Cova da Terra, ADEGA, Asociación Cultural In Bocca al Luppo, AENDA Lugo, Amigos da Terra, A Revolta Natural, AVAFES, PAEXGA, Sociedade Galega de Ornitoloxía, Verdegaia, SAUDARTE e GREFA Majadahonda, quere mostrar a súa oposición ao uso de herbicidas nos labores de limpeza da Muralla de Lugo, e concretamente ao emprego do ROUNDUP PLUS de Monsanto (principio activo glifosato). Esta plataforma, tras ter noticia da inminente aplicación deste tóxico sobre o Monumento Patrimonio da Humanidade, púxose en contacto coa empresa concesionaria RESCONSA quen remitiu ao Departamento de Produción Vexetal da USC. Muralla Viva confirmou, logo dunha reunión con este Departamento, a intención da Xunta de usar este tóxico para a limpeza da Muralla nos meses de xullo e/ou agosto.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Comeza a campaña de recollida de sinaturas da ILP a prol dos 3 Rs e en contra da incineración PDF Imprimir Correo-e
Envia Comeza a campaña de recollida de sinaturas  da ILP a prol dos 3 Rs  e en contra da incineración a FaceBookEnvia Comeza a campaña de recollida de sinaturas  da ILP a prol dos 3 Rs  e en contra da incineración a Twitter
mesa ILPCompostela, 25 de xullo de 2012. Hoxe comezou a campaña de recollida de sinaturas para que se debata no parlamento a iniciativa lexislativa popular (ILP) para a APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA". O obxectivo é darlle forza xurídica e sensibilizar a poboación da necesidade dunha xestión correcta e sostíbel dos residuos e en contra da incineración que actualmente é a xestión maioritaria dos residuos no país, provocando unha forte contaminación e desbaldimento de recursos. A comisión promotora da ILP, da cal forma parte ADEGA, convídavos a apoiar esta causa que é a de todos e todas.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Crónica da xornada de voluntariado en Porto do Son PDF Imprimir Correo-e
Envia Crónica da xornada de voluntariado en Porto do Son a FaceBookEnvia Crónica da xornada de voluntariado en Porto do Son a Twitter

30. Foto de grupo redO pasado 19 de xullo trinta voluntarias e voluntarios chegados de diferentes lugares de Galiza déronse cita unha vez máis no concello de Porto do Son para participar na eliminación de plantas exóticas invasoras. A Fundación Biodiversidad seleccionou esta proposta de ADEGA dentro do seu programa “Playas, voluntariado y custodia del territorio”, co lema “Conservando as nosas dunas”. A Actuación en Porto do Son foi a segunda e última deste programa. A primeira que se realizou foi unha actividade similar na Praia da Corna (Pobra do Caramiñal). Podes ver as fotos da xornada en Porto do Son.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Foro do Camiño critica a pasividade da Xunta na recuperación e protección da vía histórica PDF Imprimir Correo-e
Envia O Foro do Camiño critica a pasividade da Xunta na recuperación e protección da vía histórica a FaceBookEnvia O Foro do Camiño critica a pasividade da Xunta na recuperación e protección da vía histórica a Twitter

foto xuntanza foroLugo, a 19 de xullo de 2012. Con motivo de se cumpriren dous anos da súa constitución, o Foro do Camiño Primitivo, do que fai parte ADEGA, celebrou unha asemblea xeral para analizar a evolución do estado de conservación e protección desta milenaria calzada medieval. Malia a que hai dous anos o Foro xa alertaba á Xunta de Galiza da necesidade urxente de proceder á delimitación oficial deste primeiro camiño de peregrinación a Compostela, os membros do Foro veñen de constatar que desde aquela a Xunta aínda non deu ningún paso cara a esa dirección, permitindo que o Camiño Primitivo siga a sufrir un elevado grao de ameaza ambiental e de agresión ao seu patrimonio cultural. Así mesmo, esixe como principios irrenunciábeis na delimitación da vía a autenticidade histórica, a recuperación da súa traza antiga e a protección de ámbito BIC (Ben de Interese Cultural).

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 20 de 64

nonanosacosta

STOP glifosato nas estradas

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

Enquisas

A modificación da lei de Costas vai...
 

Coa axuda de:

Deputación da Coruña
Deputación de Lugo


ADEGA