Alianza por un mundo rural galego vivo |
20 e 21 de abril, Pontevedra e Poio. Estas xornadas, organizadas por ADEGA, CIG, a FRUGA e a ORGACCMM, son un paso máis no establecemento de marcos unitarios en defensa do noso medio rural. Baixo o lema “Por un medio rural galego vivo”, os concellos de Poio e Pontevedra acolleron unhas xornadas que marcarán un antes e un despois nas alianzas sociais en defensa do noso medio rural, no que ven sendo xa unha colaboración habitual das catro organizacións, como aconteceu coa oposición conxunta e a elaboración de propostas alternativas á Lei de Montes ou á Lei de Caza. Documento da_ALIANZA_por un RURAL_GALEGO_VIVO
Unhas xornadas para o debate e a construción de alternativas: A converxencia e a colaboración destas catro organizacións fai posíbel un achegamento ao noso rural desde distintas perspectivas e distintos campos de acción. Asi as xornadas servirán para achegarnos á reforma da PAC, as políticas de emprego do rural, as políticas ambientais ou a xestión dos montes comunais. Ademais de afondar e centrar as xornadas na situación da Galiza e o noso rural, tamén haberá tempo a coñecer outro tipo de experiencias: Portugal e a xestión dos baldíos, e outras experiencias desenvolvidas no estado español compartirán mesa cos proxectos galegos para abrir novos vieiros e perspectivas no desenvolvimento do noso agro. PROGRAMA VENRES 20 de ABRIL Salón de actos concello de Pontevedra 18:30 h Apertura da Xornada de Traballo - Representantes da organización
- Miguel Anxo Fernández Lores (alcalde do concello de Pontevedra)
19:00 h Mesa de traballo para a constitución da alianza rural 21:00 h Cea de confraternización
PROGRAMA SÁBADO 21 de ABRIL Local social da comunidade de Montes Rega dos Agros de Combarro (Poio) 9:30 h Apertura das Xornadas, coa participación de: - Claudio Quintillán (presidente da Comunidade de Montes Rega dos Agros de Combarro)
- Luciano Sobral Fernández (alcalde do concello de Poio)
10:00 h- Conferencia inaugural "Políticas de desenvolvemento rural" a cargo de Mar Pérez Fra, profesora da USC. 11:00 h Pausa - café 11:30 h Mesa redonda "Un medio rural multifuncional e sustentable", no que participarán: -A reforma da Politica Agraria Común no horizonte 2014-2020, a cargo de Manuel Da Cal Vasques (Coordinador de FRUGA)
-A xeración de emprego no medio rural a cargo Anxo Pérez Carballo (secretario confederal de Medio Ambiente da CIG)
-A politica ambiental necesaria a cargo de Xabier Bruña García (vogal de Medio Rural de ADEGA)
-Os montes veciñais en mán común: xestión comunitaria dos recursos a cargo de Xosé Carlos Morgade Martínez (vogal da xunta reitora da ORGACCMM)
13:00 h Debate 14:00 h Xantar 16:00 h Mesa redonda "Diversas experiencias de desenvolvemento rural": -Os baldios e o desenvolvemento das areas comunitarias a cargo de Armando Carballo (Federaçao Nacional de Baldios - Portugal).
-Xestión dos montes veciñais asturianos a cargo de Álvaro Gómez Collado (avogado Futereland Consultores SLP).
-A custodia agraria como ferramenta de desenvolvemento rural a cargo de Núria Llabrés (GOB Menorca).
-Madeira, transformación e cooperativismo a cargo de Ramón Martín Salvador (experto en Cooperativismo. Duruelo de la Sierra – Soria ).
-Reconversión dun aproveitamento gandeiro tradicional, nun aproveitamento multifuncional e ecolóxico en Vila de Cruces a cargo de Pilar Vispo (labrega de Camanzo (Vila de Cruces – Pontevedra)).
18:00h- Debate 19:00h- Clausura das Xornadas e presentación pública da Alianza "Por un medio rural galego vivo", a cargo de: -Virginia Rodríguez Álvarez, presidenta de ADEGA
-Xesús Seixo Fernández, secretario xeral da CIG
-Xurxo Álvarez Pérez, presidente da FRUGA
-Xosé Alfredo Pereira, presidente da ORGACCMM
Inscrición gratuita no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, forma de contacto e se van asistir ao xantar. Prégase que as persoas que queiran asistir ao xantar do sábado (prezo de 20€) ingresen o importe no número de conta da ORGACCMM 2080 5072 64 3040006296. Data límite da reserva para o xantar: 18 de abril. ORGANIZAN:
-ADEGA (Asociación Para a Defensa Ecolóxica de Galicia)
-CIG (Converxencia Intersindical Galega)
-FRUGA (Federación Rural Galega).
-ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades de Montes)
APOIAN:
-Concello de Poio
-Concello de Pontevedra |