Plantar, queimar, plantar: a Xunta abre a porta aos cultivos enerxéticos con invasoras nos montes |
23 de abril de 2012. A FEG, da que fai parte ADEGA, advirte dunha nova ameaza para os montes galegos: os cultivos enerxe?ticos. A Xunta está a preparar ás caladas unha Orde que permitirá a plantación de até 100 ha continuas, mesmo de especies alóctonas (xéneros Eucaliptus, Leucaena, Paulownia, Liquidambar ou Liriodendron) as tres primeiras invasoras ou con potencial invasor, para queimar nas plantas de biomasa. Nos u?ltimos meses, a Xunta esta? a acelerar a ma?quina lexislativa coa modificacio?n, estratexicamente estudada, de multitude de leis relacionadas cos montes. Arestora están na fase final da aprobacio?n os proxectos de plantas de biomasa forestal primaria, en trámite a nova Lei de Montes, e a Xunta ten tamén intención de modificar a lexislación de Montes en Man Comu?n, ao que hai que engadir esta orde para regular os cultivos enerxe?ticos. Incendios forestais, incineración de residuos e agora cultivos enerxéticos... Que teima ten a Xunta con queimalo todo!
Comunicado da FEG A Federacio?n Ecoloxista Galega considera que a nova regulacio?n que esta? a desen?ar a Xunta de Galiza con respecto aos cultivos enerxe?ticos e? unha gran ameaza para os montes galegos. Os cultivos enerxe?ticos son aqueles cultivos forestais intensivos que ten?en como destino final a su?a queima para obter enerxi?a. O borrador da Orde que prepara a Xunta permite realizar plantacio?ns intensivas de alta densidade con extensio?ns de até 100 hecta?reas de especies alo?ctonas e invasoras como a leucaena, a paulownia, o liquidambar, o liriodendron ou o eucalipto.
Os cultivos enerxe?ticos precisan de grandes cantidades de abonos, auga e pesticidas, contando tame?n con densidades moi elevadas. Esta clase de cultivos resulta moi agresiva co medio debido aos ciclos de corta reducidos de 3 ou 4 anos, degradando o solo e eliminando a su?a fertilidade. Por outra banda, os cultivos enerxe?ticos constitu?en un paso ma?is na perda de biodiversidade dos montes e na desaparicio?n das masas forestais auto?ctonas. A Federacio?n Ecoloxista Galega denuncia que a orde non se atopa en exposicio?n pu?blica, ai?nda que foi presentada na mesa da madeira e moitos colectivos esta?n a preparar alegacio?ns. Ademais, anuncia a su?a oposicio?n a? intencio?n da Xunta de cultivar a?rbores e arbustos, algu?ns alo?ctonos e invasores, para queimar. A Xunta, que non e? quen de controlar os lumes forestais ano tras ano, promove agora a queima do que se cultive.
|