Adega
INICIO

Radio CERNA

radiocerna

Revista CERNA

Boton Cerna69

Outras publicacións

bannercadernos

Acceso restrinxido



Trafego de refugallos MARPOL en instalacións clandestinas coa conivencia da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia Trafego de refugallos MARPOL en instalacións clandestinas coa conivencia da Xunta a FaceBookEnvia Trafego de refugallos MARPOL en instalacións clandestinas coa conivencia da Xunta a Twitter

bidonsmarpol13 de outubro de 2012. ADEGA vén de subscribir unha denuncia diante da Fiscalía Ambiental do TSXG pola presunta situación ilegal de varias instalacións de tratamento de aceites usados, incluidos residuos MARPOL, pertencentes á empresa Ingaroil SL no polígono das Somozas. Ao parecer dende 2002 están en funcionamento 3 depósitos para o almacenamento de aceites, e unha balsa de vertido, sen as preceitivas autorizacións de Industria. Asemade, estarianse emitindo directamente á atmosfera gases tóxicos procedentes de evaporadores non declarados. Dáse a circunstancia que Ingaroil SL "herdou" unha AAI (Autorización Ambiental Integrada) de Portvigo SL sen que a Xunta verificara tanto validez da AAI da empresa cedente como a súa aplicabilidade á nova. Outro exemplo da política do "ti vai facendo" con efectos non só no ambiente e na saúde, senón tamén no erario público pola merma de tributos e taxas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Dragado ría de Foz: Portos de Galiza quere usar a Rede Natura como vertedoiro de áridos PDF Imprimir Correo-e
Envia Dragado ría de Foz: Portos de Galiza quere usar a Rede Natura como vertedoiro de áridos a FaceBookEnvia Dragado ría de Foz: Portos de Galiza quere usar a Rede Natura como vertedoiro de áridos a Twitter

vertedurafoz10 de outubro de 2012. O anuncio do enésimo dragado da ría de Foz (LIC, ZEPA, ZEPN e humidal inventariado) por parte de Portos, alén dun inútil desbaldimento de cartos públicos, podería provocar outros danos colaterais: está previsto verter os milleiros de toneladas de sedimento extraidas da canle do porto... dentro do esteiro protexido! A construción nos anos 80 do espigón de punta Anguieira provocou tanto a colmatación do esteiro do Masma como a erosión da praia de Altar, en Barreiros. Portos e Costas investiron millóns de € tanto en dragados como en aportes de area e obras de consolidadión litoral... sen éxito. Agora pretenden botar os entullos sobre un espazo con catro figuras de protección. É que nunca aprenderán a ter en conta á natureza e ás súas dinámicas? Canto máis nos vai custar xogar aos "casteliños" co medio ambiente?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
No Día Mundial das Aves, a Xunta cómplice do exterminio da aguia real na Ribeira Sacra PDF Imprimir Correo-e
Envia No Día Mundial das Aves, a Xunta cómplice do exterminio da aguia real na Ribeira Sacra a FaceBookEnvia No Día Mundial das Aves, a Xunta cómplice do exterminio da aguia real na Ribeira Sacra a Twitter

Helicóptero despegando en pleno Canón do Sil7 de outubro, Día Mundial das Aves. O pasado ano ADEGA denunciaba a construción dun "heliporto turístico" no cámping "Canón do Sil" dentro do LIC Canón do Sil e da contorna de protección do mosteiro de Sta. Cristina. Esta área acubilla algunhas das últimas parellas reprodutoras de aguia real (Aquila chrysaetos) do país, especie en perigo de extinción. Os "voos turísticos" dos helicópteros polos canóns do Sil en plena área de cría da aguia real, poderían incidir de xeito crítico sobre esta especie, polo que solicitamos á Xunta que iniciara unha investigación. Agora vimos de saber polo Valedor do Pobo as "xestións" desenvolvidas pola Xunta como resultado da nosa denuncia: Iniciar un expediente sancionador... e deixalo caducar; negarse a facilitar información tanto a ADEGA como ao Valedor e impedir a persoación da nosa entidade no expediente sancionador contra Aeronaves del Noroeste SL. Para o Valedor, a actuación da Xunta "resulta claramente perxudicial par o ben xurídico protexido [a aguia real] pola norma sancionadora que quedou sen efectividade". É así como a Xunta coida do noso patrimonio natural? Descarrega a pdfResposta Valedor HELIPORTO SIL (1.56MB)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA pide á Fiscalía e ao xulgado do "Pokemon" que investigue as concesións hidroeléctricas de Fdez. Liñares a Iberdrola e Fenosa PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA pide á Fiscalía e ao xulgado do "Pokemon" que investigue as concesións hidroeléctricas de Fdez. Liñares a Iberdrola e Fenosa a FaceBookEnvia ADEGA pide á Fiscalía e ao xulgado do "Pokemon" que investigue as concesións hidroeléctricas de Fdez. Liñares a Iberdrola e Fenosa a Twitter
4 de outubro de 2012. Os faraónicos proxectos de Iberdrola e GN-Fenosa no Sil e Miño, que afectan (Santo Estevo II, San Pedro II) ou van afectar (Sta. Cristina, Belesar III, O Peares III, Edrada-Sto. Estevo) a espazos naturais protexidos, paisaxes únicas e mesmo especies en perigo de extinción, foron autorizados e defendidos polo ex-presidente da CH Miño-Sil, Fdez. Liñares, mesmo contra o acordo do Senado de non autorizar novos aproveitamentos nestes ríos e a opinión da daquela ministra de Medio Ambiente Rosa Aguilar, quen recoñecera a sobreexplotación da bacía. Os elevadísimos impactos destas instalacións sobre o patrimonio ambiental e cultural da Ribeira Sacra, como puidemos ver coas obras de Santo Estevo II, fan aínda máis incomprensíbel o apoio da CH Miño-Sil que ademais presentou un Plano Hidrolóxico a medida de Endesa e Fenosa. Dende ADEGA instamos á Fiscalía e ao xulgado que entende o "caso Pokemon" a que investigue a tramitación destas concesións. Esiximos tamén as actuais responsábeis da Confederación que paralisen a tramitación destes proxectos e á Xunta que manifeste diante do ministerio a súa oposición a unhas obras que son un vergoñento resto do "franquismo ambiental" nos nosos ríos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
V Limpeza simultánea dos ríos galegos: Pon as botas e móllate con nós! PDF Imprimir Correo-e
Envia V Limpeza simultánea dos ríos galegos: Pon as botas e móllate con nós! a FaceBookEnvia V Limpeza simultánea dos ríos galegos: Pon as botas e móllate con nós! a Twitter
limpeza.jpgDomingo 30 de setembro. Voltamos a mollarnos polos ríos, a poñermos as botas para deixar aos nosos cursos fluviais libres do lixo que segue a aparecer nas canles e ribeiras. Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade (e ás administracións) da necesidade de que os nosos ríos estén ben conservados. Este ano será xa a V Limpeza Simultánea en Ríos que organiza o Proxecto Ríos e ADEGA en toda Galiza, e celebrarase este domingo 30 de setembro. Para participares, consulta a listaxe de ríos e colectivos participantes e contacta co cordenador/a de zona de limpeza máis próxima ao teu domicilio. Tamén podes descarregar o Protocolo de limpeza de ríos 2012.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Escopeta Nacional II: Licenzas de caza ilegais e barra libre de chumbo para os amigos PDF Imprimir Correo-e
Envia A Escopeta Nacional II: Licenzas de caza ilegais e barra libre de chumbo para os amigos a FaceBookEnvia A Escopeta Nacional II: Licenzas de caza ilegais e barra libre de chumbo para os amigos a Twitter
fuckyou8 de outubro de 2012. ADEGA quere denunciar os gravísimos feitos acontecidos no Servizo de Conservacion da Natureza da Coruña pola masiva concesión de licenzas de caza ilegais, actualmente investigadas pola Fiscalía. Estas licenzas déronse presuntamente ao marxe da lei xa que ao parecer os "beneficiarios" nen realizaron o preceitivo exame do cazador nen pagaron as correspondentes taxas oficiais, aínda que descoñecemos se tiveron que pagar algunha taxa "extraoficial". Alén das consecuencias que sobre a xestión da fauna salvaxe teñen estes feitos, resulta moi preocupante que con estas licenzas ilegais na man, determinados individuos poidan acudir á Garda Civil e facerse cun permiso de armas! ADEGA esixe o cese inmediato do xefe do Servizo de Conservación na Coruña Carlos Muñoz Martínez e do Director Xeral de Conservación García-Borregón: Ou non coñecían estes graves feitos acontecidos durante anos baixo o seu nariz, ou sabían destas prácticas corruptas e as promoveron ou toleraron.
 
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O PP dinamita a Lei de Costas para beneficiar a especuladores e contaminadores PDF Imprimir Correo-e
Envia O PP dinamita a Lei de Costas para beneficiar a especuladores e contaminadores a FaceBookEnvia O PP dinamita a Lei de Costas para beneficiar a especuladores e contaminadores a Twitter
nonanosacosta5 de outubro de 2012. O consello de Ministros vén de dar o visto bo á polémica modificación da Lei de Costas que anunciara Cañete hai algúns meses. A Lei de Costas, aprobada en 1988, garantíu até o de agora a protección ambiental e o uso público do litoral fronte á especulación e os intereses dos grandes grupos inmobiliarios e industriais. Unha lei que en moitos casos, foi a última liña de defensa da cidadanía para salvagardar este patrimonio público fronte ás desfeitas, malia a que non poucas veces foron as propias administracións as principais promotoras do seu incumprimento. Agora o PP vén de desartellar por completo esta lei ao antepoñer os intereses privados aos públicos e condenar ao "ladrillo" a milleiros de quilómetros de costa, comezando polas rías galegas. Dende ADEGA, integrante da plataforma estatal "Non á nosa Costa" mantemos que defender as nosas rías, praias, dunas, cantís, coídos e xunqueiras, é protexer un ben común e garantir un futuro sustentábel para as comunidades que viven do litoral.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Máis de 500 voluntarias e voluntarios participaron na V Limpeza Simultánea de Ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia Máis de 500 voluntarias e voluntarios participaron na V Limpeza Simultánea de Ríos a FaceBookEnvia Máis de 500 voluntarias e voluntarios participaron na V Limpeza Simultánea de Ríos a Twitter

limpeza20121 de outubro de 2012. O sol brillou nunha fin de semana que moitos e moitas que pasamos mollándonos polos ríos na V Limpeza simultánea de ríos. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores, limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos. Pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: Coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estén ben conservados. Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os  plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos...) Apareceron tamén rodas de automóbiles, paragolpes, cristais e asentos, e os electrodomésticos tampouco faltaron, con tambores de lavadoras e televisións. Apareceu tamén algún tellado de uralita, roupa, calzado... Algúns dos grupos adicaron tamén parte da xornada a eliminar flora exótica invasora que medraba nas beiras do río. Mira as fotos da xornada.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Biocidas e motoserras: A formación ambiental da Xunta en 2012 PDF Imprimir Correo-e
Envia Biocidas e motoserras: A formación ambiental da Xunta en 2012 a FaceBookEnvia Biocidas e motoserras: A formación ambiental da Xunta en 2012 a Twitter
xuntahazardCompostela, 25 de setembro de 2012. Mentres a Educación Ambiental agoniza, en paralelo ás políticas que a Xunta está a executar na educación e no ambiente, o DOG reflicte unha fotografía do preocupante estado da formación ambiental neste país. Malia ás numerosas recomendacións (OIT, ONU-PNUMA) que apontan aos millóns de postos de traballo que se poderían criar vencellados ao medio ambiente e á "economía verde", a Xunta non só reduxo a cero o investimento en educación ambiental, senón que os cursos de formación non regrada convocados en 2012 indican o curioso concepto que a administración ten da "formación ambiental": 26 cursos de "aplicador/manipulador de biocidas"; 2 cursos de prevención e loita contra os lumes; 1 de "ruido ambiental" e 1 de "manexo básico da motoserra". pdfListaxe completa cursos Xunta 2012
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 17 de 64

nonanosacosta

STOP glifosato nas estradas

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

Enquisas

A modificación da lei de Costas vai...
 

Coa axuda de:

Deputación da Coruña
Deputación de Lugo


ADEGA