Adega
INICIO Novas Álvaro García Ortiz, fiscal de medio ambiente: "A forza da Fiscalía está na sociedade"
Álvaro García Ortiz, fiscal de medio ambiente: "A forza da Fiscalía está na sociedade" PDF Imprimir Correo-e
Envia Álvaro García Ortiz, fiscal de medio ambiente: "A forza da Fiscalía está na sociedade" a FaceBookEnvia Álvaro García Ortiz, fiscal de medio ambiente: "A forza da Fiscalía está na sociedade" a Twitter

Preme para ampliarLugo, 15 de abril de 2010. Este día 14 de abril celebrouse na Escola Politécnica de Lugo a primeira sesión das xornadas sobe “Sociedade e Ambiente na Galiza” que organizan ADEGA e USC en comemoración ao Día da Terra, cunha mesa redonda adicada ao dereito ambiental como ferramenta na defensa da natureza. A esta mesa asistiu como ponente o Fiscal Xeral de Medio Ambiente de Galiza, Álvaro García Ortiz, a profesora de dereito ambiental, Alba Nogueira López, e o avogado de ADEGA, Apolinar Gómez Roca. Todos eles coincidiron en que "a administración non está exercendo axeitadamente a súa función como gardiana do dereito ambiental".

minka1Alba Nogueira, pola súa banda, fixo fincapé na necesidade de que exista unha demanda social latente para que xurdan novas ferramentas legais ou normativas que amparen ao territorio e ao medio ambiente das intrusións empresariais ou, mesmo, de actuacións administrativas públicas que prexudican ao ambiente. Destacou o atraso de Galiza con respecto a aplicación de normativas comunitarias e, nomeadamente, das normas de avaliación de impacto ambiental, e definiu a normativa ambiental como demasiado xenérica e que non contempla pautas para a súa concreción na realidade. Sen embargo, a profesora de dereito ambiental cre que o maior hándicap do dereito ambiental en Galiza é a súa deficiencia de aplicación, ben polo precariedade de medios por parte da Administración pública para avaliar adecuadamente os Estudos de Impacto Ambiental ou ben pola vontade desta en cumprir coas normas ambientais. Tamén subliñou que, en xeral, a lexislación ambiental aplícase con maior contundencia cando se trata dun infractor pequeno que cando ser refire a un gran contaminador.

De seguido interviu o avogado de ADEGA, Apolinar Gómez, para relatar cal foi o procedemento xudicial que se desenvolveu con respecto a última das contendas xudiciais gañadas polo colectivo ecoloxista relativa á planta de acuicultura que estaba previsto instalar nun Lugar de Interese comunitario e zona Rede Natura, en Rinlo (Ribadeo). O letrado chamou á colectividade social a reclamar que a Administración cumpra coa súa obriga como axente que ampara e protexe o medio natural e, de non ser así, que se demande a creación dun órgano xurídico independente dos Estados que traballe baixo o paraugas da Unión Europea en perseguir os delitos medioambientais. Así mesmo, apunto á necesidade de que o dereito ambiental galego se forneza dun corpo pericial especializado, do que agora carece, que favoreza a aplicación máis xusta da lei.

minka3Pechou a rolda da mesa o Fiscal de Medio Ambiente de Galiza, Álvaro García Ortiz. O Fiscal centrouse en explicar cal é o seu papel dentro do aparello xurídico de Galiza e cales son as dificultades actuais coas que se atopa para que a súa función sexa eficaz. Por unha banda, lembrou que, debido as consecuencias humanas e sociais que se poden derivar dunha acusación penal, a actuación da fiscalía adoita ser moi restritiva e cautelosa á hora de iniciar procedementos, e só o fai cando supostamente ten probas contundentes. García Ortiz, coincidiu cos anteriores poñentes en que a Administración non está exercendo adecuadamente a súa función como gardián do dereito ambiental e que, mesmo a sociedade, agás excepcións, non demanda a aplicación penal da lexislación ambiental: “a sociedade está acostumada a que as malas condutas ambientais non sexan sancionadas penalmente”. Tamén o Fiscal de medio ambiente alentou á sociedade a organizarse e denunciar ante a Xustiza as irregularidades que se cometan contra a contorna e a facer denuncias concretas que doten á Fiscalía da información necesaria para poder actuar. Anima a poboación galega a facer uso do seu dereito de participación nos planeamentos públicos, na elaboración de alegacións ou na demanda de información ambiental para que, entre outras cousas, se complete o traballo da Fiscalía e se vaia creando no país a necesidade de contar con especialistas xurídicos en materia ambiental .

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA