Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Protesta contra Iberdrola pola súa intención de destruir os canóns do Sil PDF Imprimir Correo-e
Envia Protesta contra Iberdrola pola súa intención de destruir os canóns do Sil a FaceBookEnvia Protesta contra Iberdrola pola súa intención de destruir os canóns do Sil a Twitter

Copia este texto ou redacta un ao teu gosto e envíao aos seguintes enderezos electrónicos:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Nesta LIGAZÓN atoparás os perfís da compañía nas distintas redes sociais. Failles saber a túa opinión!



Sres. de Iberdrola:

Como galego/a sensibilizado/a co coidado do medio ambiente, quero expresarlles o meu rexeitamento á política de destrucción e depredación dos recursos naturais que está levando a cabo a súa empresa en Galiza. Concretamente, os proxectos de centrais hidroeléctricas soterradas no río Sil, Santo Estevo II (en execución) e Santa Cristina (en exposición pública) van deteriorar irreversíbelmente os valores naturais deste espazo protexido, parte da Rede Natura 2000, e fogar de especies en perigo de extinción.

Quero denunciar tamén a súa hipocresía ao gastar millóns de euros en indecentes campañas publicitarias e iniciativas enganosas como "Huella Verde", "Energía Sostenible", "Lo hemos hecho bien...", mentres son directamente responsábeis da deterioración dos nosos espazos naturais protexidos.

Saiban que debido a esta actitude hipócrita e á súa avaricia, comprométome a difundir e denunciar públicamente a súa política depredadora e insolidaria, a non ser cliente/darme de baixa da súa empresa e a deixar de consumir os seus produtos.

Atentamente,

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
ADEGA esixe ao Ministerio e á Xunta que rematen co franquismo ambiental nos nosos ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA esixe ao Ministerio e á Xunta que rematen co franquismo ambiental nos nosos ríos a FaceBookEnvia ADEGA esixe ao Ministerio e á Xunta que rematen co franquismo ambiental nos nosos ríos a Twitter
amizadesperigosas11 de agosto de 2011. Os novos proxectos de aproveitamentos hidroeléctricos no Miño (Belesar III e Os Peares III, de U. Fenosa) e no Sil (Santa Cristina, de Iberdrola) son consecuencia dun franquismo ambiental ao que ningún goberno atreveuse a facer a "transición". As concesións que o ditador realizou a finais dos 50 por un periodo de 99 anos deron a estas empresas dereito de pernada sobre os nosos ríos e cos seus proxectos incumpriron sistemáticamente durante décadas e xa en plena democracia, normas como as leis de Pesca Fluvial ou de Augas. En calquera outro país estas aberracións estarían corrixidas dende hai anos, as instalacións derrubadas, as empresas responsábeis multadas e os seus directivos imputados. En Galiza, váiselles premiar con novas instalacións, incluido o delirante proxecto de lago suspendido e central de bombeo en caverna nos canóns do Sil, en plena Rede Natura. ADEGA esixe da Xunta e do Ministerio o rexeitamento destes proxectos e a apertura dun expediente para a recuperación destas concesións polo incumprimento sistemático de U. Fenosa e Iberdrola da normativa de pesca, de augas e ambiental.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Millóns de € para o desenvolvemento rural vanse gastar en rotondas, beirarrúas e cámpings PDF Imprimir Correo-e
Envia Millóns de € para o desenvolvemento rural vanse gastar en rotondas, beirarrúas e cámpings a FaceBookEnvia Millóns de € para o desenvolvemento rural vanse gastar en rotondas, beirarrúas e cámpings a Twitter

censuraxuntatn

4 de agosto de 2011. A aplicación en Galiza da Lei 4/2007 de desenvolvemento sostible do medio rural está a ser, como pouco, bastante irregular. Un dos piares desta lei é a participación pública directa através dos Consellos de Zona, que deciden o destino de millóns de € de fondos europeos. Ás administracións isto da participación pública prodúcelles alerxia: para gastar os cartos teñen que contar obrigadamente, ademáis dos concellos, coas organizacións do rural (agro, gandería, forestal...) e tamén cos colectivos ambientalistas. Esta obrigada transparencia é unha garantía contra o clientelismo no que algunhas administracións síntense moi cómodas. A Xunta pretende agora adxudicar a toda présa, através do AGADER, millóns de euros nos Planos de Zona sen o concurso das asociacións ambientalistas e para actuacións tan peregrinas como rotondas, paseos marítimos, beirarrúas e mesmo xeriátricos. Xa o dixo o conselleiro Juárez: a desaparición do rural é inevitable, portanto, para que investir en iniciativas produtivas e sustentábeis?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Plano Director da Rede Natura: tarde e mal PDF Imprimir Correo-e
Envia Plano Director da Rede Natura: tarde e mal a FaceBookEnvia Plano Director da Rede Natura: tarde e mal a Twitter

ofertas

1Zonificacion_RN de agosto de 2011. ADEGA vén de apresentar alegacións ao Plano Director da RN 2000 (149 Kb) proposto pola Xunta. Á marxe de que o plano chega con 6 anos de retraso e "por imperativo legal" baixo a ameaza de sancións de Europa, o seu contido confirma a estratexia de liquidación da actual Xunta cos espazos protexidos. De entrada, resulta chamativa que a zonificación difira substancialmente da do documento de 2008: desaparecen as zonas de reserva integral e xúntanse as de uso restrinxido con outras con menor valor, de xeito que na poposta actual a protección rebáixase un chanzo para o 53,54% do territorio con respecto ao plano de 2008. No tocante aos usos, permítense case todos, incluidos os construtivos, nada menos que no 73,7% da Rede Natura. E nas zonas de maior valor ambiental permítense piscifatorías, incineradoras, caza, rallys, recualificar solo rústico... a discreción do Sr. conselleiro.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
En defensa do río Umia, da saúde, da legalidade e contra a corrupción PDF Imprimir Correo-e
Envia En defensa do río Umia, da saúde, da legalidade e contra a corrupción a FaceBookEnvia En defensa do río Umia, da saúde, da legalidade e contra a corrupción a Twitter
Demolicion29 de xullo de 2011. COMUNICADO DAS ORGANIZACIÓNS EN DEFENSA DO UMIA: Un verán máis a proliferación das cianobacterias do xénero Microcystis no encoro d'A Baxe e a contaminación da auga pola microcistina volve a constituír unha grave ameaza para a saúde do río e dos ecosistemas fluviais e, a resultas desta, unha absoluta e inaceptábel ameaza para a saúde pública da veciñanza de Caldas e demais poboacións da contorna (Vilagarcía, Portas, Ribadumia, etc.) que se abastecen de auga dende o río Umia.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ENDESA pretende ditar a súa lei no Eume saltándose a normativa ambiental galega, estatal e europea PDF Imprimir Correo-e
Envia ENDESA pretende ditar a súa lei no Eume saltándose a normativa ambiental galega, estatal e europea a FaceBookEnvia ENDESA pretende ditar a súa lei no Eume saltándose a normativa ambiental galega, estatal e europea a Twitter
26 de xullo de 2011. Co seu delirante proxecto de largar polo Eume abaixo os residuos tóxicos acumulados durante 50 anos no encoro d'A Capela, ENDESA GENERACIÓN S.A. quere deixar ben claro á Xunta quen manda no Eume. Tanto ten que dende aquel lonxano 1953, cando a empresa acadara a concesión franquista que lle daba durante 99 anos dereito de pernada sobre o río, a lexislación ambiental daquela case inexistente tivera avanzado moito. Porque malia ás leis de conservación galegas e estatais, á Lei de Augas e ás directivas europeas que como a de Hábitats protexen o patrimonio público ambiental, o proxecto de "modernización de los desagües de fondo de la presa del Eume" lamina todas estas normas para impor a única lei que ENDESA semella respectar: a súa propia.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 31 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA