Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
22 de maio, Día Mundial da Biodiversidade: a biodiversidade galega, máis ameazada que nunca PDF Imprimir Correo-e
Envia 22 de maio, Día Mundial da Biodiversidade: a biodiversidade galega, máis ameazada que nunca a FaceBookEnvia 22 de maio, Día Mundial da Biodiversidade: a biodiversidade galega, máis ameazada que nunca a Twitter
wbd11ONU designou o 22 de maio como Día Mundial da Biodiversidade, para comemorar a sinatura en 1992 da Convención Internacional para a Diversidade Biolóxica en Nairobi (Kenia). Este ano, o lema é "Biodiversidade Forestal, o tesouro vivinte da Terra", para subliñar o papel dos bosques na conservación da biodiversidade e no noso benestar. En Galiza, a conservación da biodiversidade, e particularmente a forestal, non é unha prioridade da administración ambiental, coas competencias repartidas en consellarías produtivistas. Coa Rede Natura máis cativa do estado, carente mesmo dos instrumentos de xestión obrigatorios por lei, e fronte a esta inacción e ás políticas agresivas da Xunta co noso patrimonio natural (eólicos, eucaliptos, piscifatorías...) os colectivos ecoloxistas seguimos comprometidos coa conservación da biodiversidade e promovendo iniciativas para protexela.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
CERNA 69: A ameaza da megaminaría contaminante PDF Imprimir Correo-e
Envia CERNA 69: A ameaza da megaminaría contaminante a FaceBookEnvia CERNA 69: A ameaza da megaminaría contaminante a Twitter

Boton Cerna69Primavera de 2013. A edición de primavera de CERNA adica grande parte dos seu contido á megaminaría contaminante na Galiza. A minaría en Galiza semella ter iniciado unha nova etapa na que resucita o interese polos recursos metálicos e preciosos. A busca dos chamados “minerais estratéxicos” non só está a supoñer unha avalancha de solicitudes por parte de multinacionais estranxeiras por todo o territorio galego, senón tamén o agromo dunha oposición social que rexeita esta nova forma de especulación e contaminación da nosa terra. Nesta CERNA 69, colectivos como ADEGA e a SGHN reflicten no caso de Corcoesto as consecuencias desta nova minaría para a saúde ambiental e humana. Neste número abórdanse tamén cuestións como a ILP a prol da reutilización e reciclaxe de residuos en Galiza, a contaminación electromagnética, a mobilidade en Pontevedra, os morcegos forestais como especies en perigo, e a importancia das pequenas charcas no medio natural. Destacamos o novo programa de voluntariado de ADEGA “Charcas con Vida”, que trata de resaltar e poñer en valor os humidais pequenos, imprescindíbeis para a biodiversidade galega. Descarrega a pdfCERNA 69 (5,38 MB)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Xornadas "O monte como oportunidade sustentable fronte á crise" PDF Imprimir Correo-e
Envia Xornadas "O monte como oportunidade sustentable fronte á crise" a FaceBookEnvia Xornadas "O monte como oportunidade sustentable fronte á crise" a Twitter

xmonte11

Dentro do conxunto de actividades organizadas por ADEGA na Campaña “Ponte no Medio, Móvete pólo Territorio” a prol dunha ordenación territorial sustentable, o vindeiro 4 de xuño desenvolverase na sala de conferencias do Edificio Multiusos de Melide unha xornada dedicada a analizar o papel do monte galego como oportunidade sostible fronte a crise. A actividade está programada conxuntamente coa ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común) e conta co patrocinio de Vicepresidencia da Deputación da Coruña. Baixa o Programa (469 Kb) da actividade.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
17 de maio: Paremos os ataques contra o galego! PDF Imprimir Correo-e
Envia 17 de maio: Paremos os ataques contra o galego! a FaceBookEnvia 17 de maio: Paremos os ataques contra o galego! a Twitter

17 de maio, Día das Letras. MANIFESTO: PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO! As galegas e os galegos festexamos no Día das Letras o feito de termos un idioma propio, milenario e fértil. Celebramos a lingua que nos une; a fala que herdamos e queremos deixar en herdo; a escrita que nos pensa, nos canta e nos soña. Mais neste Día das Letras do ano 2011 non só podemos festexar e celebrar. Tamén nos vemos na necesidade de chamar a atención sobre os ataques que está a recibir nestes momentos o noso idioma. Estas inxustas agresións poñen en perigo o futuro da nosa lingua e da nosa cultura, ademais de debilitaren gravemente a convivencia e a cohesión social do país.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A cidadanía aposta pola compostaxe mentres a Xunta persiste na incineración PDF Imprimir Correo-e
Envia A cidadanía aposta pola compostaxe mentres a Xunta persiste na incineración a FaceBookEnvia A cidadanía aposta pola compostaxe mentres a Xunta persiste na incineración a Twitter

compostaxebueuEste mércores 11 de maio instalouse unha nova área de compostaxe comunitaria no parque d'As Lagoas, no concello de Bueu, para tratar os residuos orgánicos dos veciños e veciñas do bairro e os restos de poda e sega dos parques. Con esta iniciativa a Mancomunidade do Morrazo e ADEGA pretendemos reducir a cantidade de residuos xerados, xestionalos no mesmo lugar onde se producen evitando o transporte e sensibilizar a poboación na reciclaxe de residuos así como implicala na resolución da problemática do lixo. Todo o contrario que a Xunta, que segue apostando pola incineración e vai reproducir o erro de SOGAMA cunha nova planta, ao parecer no concello de Dozón.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ERVA e ADEGA rexeitan as batidas do xabarín en época de cría e na Rede Natura PDF Imprimir Correo-e
Envia ERVA e ADEGA rexeitan as batidas do xabarín en época de cría e na Rede Natura a FaceBookEnvia ERVA e ADEGA rexeitan as batidas do xabarín en época de cría e na Rede Natura a Twitter

batida

3 de maio de 2011. Os grupos ecoloxistas ERVA e ADEGA queremos denunciar ante a opinión pública a regresión en materia de política de xestión e conservación da fauna que supón, en primeiro lugar, a negativa da Xunta a compensar os danos do porco bravo e, en segundo lugar, o impulso da celebración de batidas para controlar a poboación desta especie en época de cría e mesmo dentro de zonas protexidas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 35 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA