Adega
INICIO Últimas novas A Xunta tramita a legalización dos depósitos do Ferrazo en troques de cumprir co TSXG e desmontalos
A Xunta tramita a legalización dos depósitos do Ferrazo en troques de cumprir co TSXG e desmontalos PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta tramita a legalización dos depósitos do Ferrazo en troques de cumprir co TSXG e desmontalos a FaceBookEnvia A Xunta tramita a legalización dos depósitos do Ferrazo en troques de cumprir co TSXG e desmontalos a Twitter
depositos1115 de xullo de 2011. ADEGA vén de subscribir as alegacións da PDRA (Plat. pola Defensa da Ría de Arousa) que esixen da Xunta unha declaración ambiental negativa para os depósitos do Ferrazo. Con máis de 10 anos funcionando ilegalmente sen avaliación ambiental algunha, FINSA-FORESA pretenden cumprir agora este trámite malia ás sentenzas do TSXG (2006) e do Supremo (2009) que ratifican a ilegalidade do proxecto e obrigan ao seu desmantelamento. Resulta surrealista que tanto a empresa como a Xunta pretentan tramitar unha avaliación ambiental de costas ás resolucións xudiciais como se no Ferrazo non existira ningún depósito. ADEGA esixe da Xunta que se deixe de vergoñentas compoñendas, declare negativa a avaliación ambiental e acate as resolucións xudiciais, paralisando a actividade da instalación e ordenando o inmediato baleirado dos depósitos. Coas nosas rías, non se xoga! Alegacións_DEPÓSITOS_FERRAZO

A loita da PDRA en defensa da ría de Arousa e da a seguridade e saúde dos seus habitantes fíxoa merecente en 2009 do Premio Osíxenoconcedido por ADEGA á millor actuación ambiental do ano. O seu compromiso foi ademáis refrendado por senllas sentenzas xudiciais do TSXG (2006) e do Tribunal Supremo (2009) que certificaban a ilegalidade cometida pola Xunta ao autorizar os depósitos de hidrocarburos no Ferrazo, en Vilagarcía de Arousa . Nas súas resolucións os tribunais non deixaban lugar a dúbidas: os permisos concedidos pola Xunta de Fraga foron ilegais xa que "saltáronse" o trámite de Avaliación de Impacto Ambiental. Portanto, as actuacións derivadas deles (recheo, construción e actividade dos depósitos) son nulas de pleno dereito. A Xunta debería acatar ditas sentenzas e ordear ás empresas propietarias das instalacións o inmediato baleirado e o desmantelamento dos depósitos, retrotraendo o procedemento administrativo ao intre anterior á súa construción.

Lonxe de acatar a sentenza, a Xunta pretende agora, en connivencia coas empresas, substanciar o "trámite ambiental" como se no Ferrazo non acontecera nada durante máis de 10 anos, coma se ría de Arousa non tiveran navegado ducias de petroleiros, algúns con problemas (ver o apartado "tráfico marítimo" das alegacións) e coma se a poboación de Vilagarcía e de ría non estivera sometida a un risco continuo para a súa saúde.

Se a Xunta aproba agora a avaliación ambiental apresentada pola empresa, chea de omisións e escandalosas falsidades, estará incumprindo as sentenzas xudiciais, baleirando de contido a lexislación de impacto ambiental e criando un escandaloso agravio comparativo para coas empresas que cumpren cos trámites legais establecidos para iniciar un proxecto ou actividade. Por obra e graza do conselleiro de turno e da política do "ti vai facendo", as empresas amigas pasaranse polo arco do trunfo a lexislación e as resolucións xudiciais. E se alguén protesta, abondará con "substanciar os trámites a posteriori" e todo resolto. Como pode ser posíbel tal desvergoña nun estado de dereito?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA